30/05/18

APADRIÑANDO 2018: CEIP SAN PEDRO DE VISMA


Hoxe volvimos a apadriñar novos lectores, esta vez, entre os rapaces do CEIP "San Pedro de Visma". Igual que fai tres semanas recibíamos os rapaces do CEIP "Prácticas", hoxe foron os noso alumnado quen visitou este colexio e nas súas instalaciones repetiron case que todas as actividades: Candela volveu a facer de María Vitoria Moreno, contándolles a súa vida. Zeltia, Eva e Carlos representaron un anaco de "Mar Adiante". Volveron a facer vagalumes, visitamos a súa horta e galiñeiro e tivemos tempo para contar contos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario