29/03/19

HORA DE LER (3º TRIMESTRE)

Comenzamos o terceiro trimestre do curso e dende a Biblioteca queremos recordar sobre a HORA DE LER nos grupos da ESO.
Retomamos o calendario que rematara na semana do 11 ao 15 de marzo que era unha semana que tivo a hora de ler na 6ª sesión do horario. Polo tanto, empezamos coa hora de ler neste trimestre na 1ª sesión do horario e iremos rotando ata a semana do 10 ao 14 de xuño, agás a semana do 29 de abril ao 3 de maio, que por ser a SEMANA CULTURAL, non faremos esta actividade.



1 a 5 de abril: 1ª hora
8 a 12 de abril: 2ª hora
23 a 26 de abril:  3ª hora
29 de abril a 3 de maio: Semana Cultural
6 a 10 de maio: 4ª hora
13 a 16 de maio: 5ª hora
20 a 24 de maio: 6ª hora
27 a 31 de maio: 1ª hora
3 a 10 de xuño: 2ª hora

10 a 14 de xuño: 3ª hora






Ningún comentario:

Publicar un comentario