27/04/19

X SEMANA CULTURAL: O CINE, A EXPO DA BIBLIOTECA


Xa a punto de inaugurar a X Semana Cultural-O CINE, o luns empezaremos a publicar entradas expoñendo os traballos preparados por asignaturas e as actividades que imos facendo cada día ao longo de toda a semana. Hoxe mostramos a exposición preparada na Biblioteca.

A biblioteca expón algúns dos seus fondos relacionados coa sétima arte. Desde o tratado sobre a transmisión do cinema na escola (La hipótesis del cine, de Alain Bergala), a entrevista-conversación que mantiveron Alfred Hitchcock e François Truffaut (El cine según Hitchcock de François Truffaut) ou a Historia del cine en Galicia (1896-1984). El papel de las mujeres en el cine, da estudiosa Pilar Aguilar Carrasco, fala da relación entre as mulleres e o cinema e recolle a súa presenza neste ámbito.
A edición española de The Story of Filme de Mark Cousins recolle a historia do cinema en 5 DVD cunha duración total de 900 minutos nos que se explica cunha grande realización a gramática fílmica básica. Tamén expoñemos a colección de grandes directores elaborada por Cahiers du Cinéma con algúns dos títulos dispoñibles en DVD.
Para poñernos ao día coas últimas novidades podemos consultar os últimos números da revista Caimán-Cuadernos de cine e algún dos títulos en DVD recentemente galardoados cos Premios Goya e Óscar.




Ningún comentario:

Publicar un comentario