04/12/20

HOMENAXE PÓSTUMO A LUZ POZO GARZA EN "BIBLIODIESTE"


 Como xa anunciáramos o 19 de outubro no Día das Escritoras, e dentro das homenaxes que cada curso preparamos sobre un escritor galego, este curso adicámolo á poeta Luz Pozo Garza, recentemente falecida. Será entre o 16 e o 22 de decembro.
 Estamos elaborando unha presentación, na que este ano incorporaremos as lecturas do alumnado, xa que non podemos celebrar o acto no salón de actos. Esta presentación e o pasapalabra serán publicados aquí en Arquivos e no curso que a biblioteca ten na aula virtual. A presentación poñerase ao longo deses días (do 16 ao 22) nas aulas para que o alumnado coñeza a esta poeta galega, escoite aos compañeiros recitando os seus poemas e participe no concurso do pasapalabra.
Tamén contaremos coa presenza da poeta Olga Patiño Nogueira, que recitará poemas de Luz Pozo na nosa radio "RadioFiestra".




Ningún comentario:

Publicar un comentario