Dado o protocolo Covid deste curso e o empuxe que desde a biblioteca queremos dar á oralidade, podemos afirmar que éste foi un año moi frutífero para a nosa radio escolar. Aquí tedeis a ligazóns a todos os podcasts que creamos con diferentes traballos do alumnado. As deste curso aparecen consignados ca abreviatura do mes e o ano (Xan-2021). Hai podcast dende xaneiro ata maio de 2021, para o que teredes que pasar as distintas páxinas.
27/05/21
21/05/21
DESPEDINDO AO CERVANTES 2021, FRANCISCO BRINES
Foto: El País
Moitos poetas estamos a despedir, tamén a moitos premiados co Premio Cervantes. Primeiro foi o Cervantes 2019 JOAN MARGARIT, logo o Cervantes 2011 JUAN MANUEL CABALLERO BONALD, e agora o recientemente galardonado FRANCISCO BRINES BAÑÓ. Lástima dos poetas que se van indo... DEP.
FINAL III TORNEO INTERCENTROS XADREZ 2020-21
O pasado día 6 de maio rematou o noso III Torneo de Xadrez. Hoxe os nosos gañadores xogarán contra os do IES "Urbano Lugrís" e entregaranse os premios.
Hoxe tivemos unha visita moi especial: os campións e campioas do Torneo de Xadrez do IES Urbano Lugrís. Viñeron acompañados das profesoras África López e María Romero e dispostos a enfrontarse coa nosos campións:
- Daniel Rey, Miguel Fernández -1 e 2º da ESO-,
- Jordi Castro, gañador de Bacharelato e
- Kamille Prainha, premio raíña do taboleiro.
Previamente, os nosos gañadores recibieron os seus premios, como podedes ver nestas fotos que seguen.
No intercentros, despois de 3 roldas nas que cada persoa xogou dúas partidas, quedaron de
finalistas Xavi e Hugo do Lugrís e Daniel do Dieste. O gañador foi Daniel Rey, a que Mateo, o
director do noso instituto entregou a copa (foto superior da entrada).
Versión da entrada no Blog de Filosofía.
17/05/21
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS RECORDADA EN 'RADIOFIESTRA'
Aquí tedes as ligazóns aos podcast de "RadioFiestra" en homenaxe a Xela Arias, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2021.
Con estes podcast participamos no III Concurso de Podcast de "Radio na Biblio".
17-MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS
O Día das Letras Galegas 2021 está adicada a XELA ARIAS, escritora, poeta, traductora e profesora de Galego.
13/05/21
ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA PARA FIN DE CURSO (1º e 2ºESO)
A actividade que o club de lectura propón para terminar este curso é a de proxectar nas aulas de 1º e 2º de ESO catro audiocontos durante a titoría da semana do 24 ao 28
de maio. A duración de cada un deses contos é de catro minutos. Podería facerse un pequeno intercambio de pareceres entre un e outro conto
porque a temática é interesante. Os contos son de animación e aquí están cunha breve
sinopse:
1-HERMOSO VIDEO - Cuestión de actitude.
[Unha rapaza e un rapaz teñen diferente actitude ante a vida e se atopan. Ela ensinalle a cambiar a súa actitude e, ao final, él opta por pensar positivamente e todo sae ben.]
2-A Cor da Maldade (Cortometraxe Animado 3D) Español
[Unha nena repipi xera odio noutra, que tenta invocar ao diaño para acabar coa primeira. As cousas, aparentemente, saen ao revés e aparece un demo amable e ridículo.]
3-Amor Imposible - SCVE
[Uns personaxes lanzan unha moeda a unha fonte pedindo un desexo. Un mozo e unha moza piden os seus desexos á vez. O hacedor de desexos da fonte fai todo o posible para que se atopen.]
4-Corto de Animación sobre Bullying - Non Xogues Comigo
[Curto sobre o acoso escolar e a oportunidade de acabar con el desde dentro.]
12/05/21
NO CENTENARIO DA MORTE DE EMILIA PARDO BAZÁN
Hoxe fai 100 anos da morte de EMILIA PARDO BAZÁN, unha das máximas figuras literarias e culturais de finais do século XIX e principios de XX. Deixámosvos ligazóns sobre ela:
11/05/21
CONCURSO DE CONTOS DE EMILIA PARDO BAZÁN. ENTREGA DE PREMIOS
Samuel, 1º premioMartín, 2º premio
Hoxe tivo lugar na biblioteca a entrega de premios do concurso proposto polo Club de Lectura para os Trasnos de 4°ESO sobre os contos de Emilia Pardo Bazán. O primeiro premio foi para Samuel Rodríguez de 4° C, e o segundo para Martín Novo de 4° B
09/05/21
CABALLERO BONALD, NO RECORDO
José Manuel Caballero Bonald, escritor e poeta, Premio Cervantes 2011, faleceu no día de hoxe. Queremos nesta entrada recordalo.
03/05/21
MES DO LIBRO 2021: AS PORTADAS DOS NOSOS LIBROS
Este é o resultado da actividade proposta para o "Mes do Libro 2021", aquí mostramos todas as portadas de libros que recibimos. Grazas a tod@s @s que enviáchedes.