21/05/21

FINAL III TORNEO INTERCENTROS XADREZ 2020-21


O pasado día 6 de maio rematou o noso III Torneo de Xadrez. Hoxe os nosos gañadores xogarán contra os do IES "Urbano Lugrís" e entregaranse os premios. 
Hoxe tivemos unha visita moi especial: os campións e campioas do Torneo de Xadrez do IES Urbano Lugrís. Viñeron acompañados das profesoras África López e María Romero e dispostos a enfrontarse coa nosos campións: 
- Daniel Rey, Miguel Fernández -1 e 2º da ESO-, 
- Jordi Castro, gañador de Bacharelato e 
- Kamille Prainha, premio raíña do taboleiro. 
Previamente, os nosos gañadores recibieron os seus premios, como podedes ver nestas fotos que seguen. 



No intercentros, despois de 3 roldas nas que cada persoa xogou dúas partidas, quedaron de finalistas Xavi e Hugo do Lugrís e Daniel do Dieste. O gañador foi Daniel Rey, a que Mateo, o director do noso instituto entregou a copa (foto superior da entrada).
Versión da entrada no Blog de Filosofía.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario