15/10/21
O GALEGO XESÚS FRAGA, PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA
Xesús Fraga recibíu onte á mañá o Premio Nacional de Narrativa concedido polo Ministerio de Cultura. O escritor (Londres, 50 anos) foi galardoado pola obra Virtudes (e misterios) (Galaxia), que conta a historia da súa familia marcada pola emigración. Naceu no barrio londiniense de South Kensington, cidade á que chegaron os seus pais emigrantes siguindo os pasos da súa aboa, pero axiña se trasladou coa súa familia á Coruña, e posteriormente a Betanzos, donde agora vive. Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Salamanca e traballa dende 1996 no xornal "La Voz de Galicia".
O xurado seleccionou esta obra “por mostrar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos difíciles, e adentrarnos nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América”.
+ info en "El País":
Xesús Fraga gaña o Premio Nacional de Narrativa cunha novela escrita en galego
07/10/21
NOBEL DE LITERATURA 2021: ABDULRAZAK GURNAH
Abdulrazak Gurnah gaña o Nobel de Literatura pola súa “conmovedora descripción dos efectos do colonialismo”
05/10/21
CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2021-22"
04/10/21
O MEU VERÁN FOI... (Expo fotográfica)
Irreal, impresionante, efímero, ajetreado, crazy, armonía, inmarcesible, relax, extraño…Estas son algunhas das palabras coas que os alumnos e alumnas cualifican ou relacionan o seu verán. Pedímoslles ademais imaxes, fotos feitas ao longo das vacacións e que foran representativas deses días. Con esta exposición que mestura verbas e imaxes inauguramos as actividades da Biblioteca.
Podedes ver más fotos: