15/10/21

O GALEGO XESÚS FRAGA, PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA


 

Xesús Fraga recibíu onte á mañá o Premio Nacional de Narrativa concedido polo Ministerio de Cultura. O escritor (Londres, 50 anos) foi galardoado pola obra Virtudes (e misterios) (Galaxia), que conta a historia da súa familia marcada pola emigración. Naceu no barrio londiniense de South Kensingtoncidade á que chegaron os seus pais emigrantes siguindo os pasos da súa aboa, pero axiña se trasladou coa súa familia á Coruña, e posteriormente a Betanzos, donde agora vive. Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Salamanca e traballa dende 1996 no xornal "La Voz de Galicia". 

O xurado seleccionou esta obra “por mostrar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos difíciles, e adentrarnos nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América”.

+ info en "El País":

Xesús Fraga gaña o Premio Nacional de Narrativa cunha novela escrita en galego

Ningún comentario:

Publicar un comentario