23/03/22

A ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ VISITA O "RAFAEL DIESTE"



 O Departamento de Galego organizou a visita que hoxe temos no instituto o da escritora Antía Yáñez. Esta escritora galega nacida en Burela. É enxeñeira de camiños, pero nunca exerceu como tal,​ traballa nunha academia,​ e imparte fora dela distintas actividades para rapaces, algunhas literarias​ e outras sobre igualdade e loita contra a violencia de xénero​ o que compaxina coa escritura e a participación en encontros literarios.

Algunhas das súas obras son de xénero infantil; na primera, O misterio de Portomarín, está ambientada no entorno do seu pobo natal, e nela teñen importancia tanto a comunidade caboverdiana, como o Torque de Burela.

No 2018 publicou a novela Senlleiras, xa dirixida a un público máis adulto, na que se narra a investigación duns crimes e a violencia de género en dúas historias separadas no tempo.​




Ningún comentario:

Publicar un comentario