Para celebrar este día Departamento de Matemáticas organizou unha exposición de lapbooks ou libros creativos. Alumnado de diversos grupos elaborou estas marabillas que aínda podemos admirar na cortina do instituto.
Por outra banda, a biblioteca pediu a participación do alumnado na campaña "Unha página, un caramelo por saborear".
Enchéronse taboleiros coas lecturas favoritas da xente do Rafael Dieste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario