30/01/17

DÍA DA PAZ 2017


O Día Escolar da Paz e a Non Violencia (School Day of Non-violence and Peace) celébrase todos os anos o 30 de xaneiro. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humáns, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convírtense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

O Día Escolar da Paz e a Non Violencia é unha xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal Vidal e que se celebra no aniversario da morte de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro).



Este curso para celebrar o día entrevistaremos ao noso alumnado mediador que son os que nos axudan a resolver os conflictos que xurden no instituto.

Outros días da Paz de cursos anteriores no noso centro e neste blog AQUÍ.

Incluímos tamén a exposición de libros e películas con temática sobre a PAZ que tivemos na nosa biblioteca:





25/01/17

A HOMENAXE DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ EN FOTOS


Seguimos recordando actividades feitas dende a biblioteca neste curso. Achegamos hoxe unha selección de fotos da homenaxe que a nosa biblioteca realizou o pasado decembro a Agustín Fernández Paz, como xa informamos dende aquí. Aquí podedes ver todos os que dalgunha maneira participaron lendo fragmentos da súa obra.


















23/01/17

"THE LEGEND OF SPLEEPY HOLLOW" @ BIBLIODIESTE


Recordamos con fotos a actividade que organizamos alá por finais de outubro para celebrar o Samaín. Aquí podedes ver á nosa lectora este curso Laura Oxenreiter que lles countou o lenda de Sleepy Hollow aos rapaces de 1º da ESO. Moitas grazas, Laura.

21/01/17

VAN 1000 ENTRADAS!


CON ESTA ENTRADA CUMPLIMOS, NADA MÁIS E NADA MENOS, QUE 1000 PUBLICACIÓNS DESDE QUE EMPEZOU "ARQUIVOS DO TRASNO" ALÁ POR DECEMBRO DO 2008.
1000 ENTRADAS RECOLLENDO:
- AS ACTIVIDADES DO CENTRO, 
- ACTUALIDADE DE LIBROS E AUTORES DA LITERATURA, MÚSICA, PELÍCULAS, 
- A CULTURA GALEGA, 
- COMPROMISOS E SOLIDARIEDADE, 
- ENQUISAS E OPINIÓNS, 
- HOMENAXES E PREMIOS, 
- EFEMÉRIDES, 
- HISTORIA E PATRIMONIO CULTURAL, 
- TRADUCCIÓNS, 
- XOGOS
E UN LARGO ETC...
POR AQUÍ SEGUIREMOS... A POR OUTROS 1000 MÁIS. 
GRAZAS A TODOS.

20/01/17

MÁIS AVENTURAS DE ASTÉRIX E OBÉLIX


Anúncianse novas aventuras dos heroes galos Astérix e Obélix. Será a súa aventura número 37! O cómic sairá nun ano salientable para estes personaxes: en abril Alberto Uderzo, un dos dous creadores orixinais cumplirá 90 anos e o pasado mes de novembro fixo 40 que morreu a outra metade René Goscinny. O cómic número 37 o escribe Jean-Yves Ferri como guionista e dibuxa Didier Conrad. Sairá o vindeiro 19 de outubro, pero se queredes ver un adianto, picade no enlace inferior para ver un artigo sobre o tema e poder descargar unha primeira páxina da nova aventura destes vellos amigos.
A súa anterior aventura é de 2015 e xa falamos dela AQUÍ en Arquivos. E recordarvos tamén que Astérix e Obélix quedaron no noso TOP 10 dos Cómics, só despois doutra parella Mortadelo e Filemón.

+ info:

Descubre a nova viaxe de Astérix e Obélix [El País]

13/01/17

2ª EXPOSICIÓN SOBRE EXIPTO @ BIBLIODIESTE

Elisa Martínez Vidal, Carla Rivadulla Suárez e Laura González Ures (1ºESO-D)

Reinciadas as clases, tamén volvemos a ter exposicións na biblioteca, unha segunda edición de traballos sobre Exipto, seguen a ser alumnado de 1ºESO feitos para asignatura de Sociais coa profesora Luisa Blanco.

Beatriz Fernández Garrido e Nuria Vázquez Ferreiroa (1ºESO-A)

Sergio Montes Blanco, Alfredo Arcos Herranz, Martín González Viéitez (1ºESO-A) e Luís Iglesias Algueró (1ºESO-D)

Eusebio Uribarri Aneiros, Carlos Iglesias Calvo, Izan Morás Cabanas e Daniel López Vaamonde (1ºESO-A)


Uxía Calvo (1ºESO-D)

11/01/17

CÓMIC: SUPERHEROÍNAS E OS CÓMICS EN FEMININO


Retomando a vida diaria, rematadas as vacacións e avanzada xa a primeira semana de clases, para dar a benvida ao novo ano, acercámonos ao mundo do cómic e a pegada que teñen na actualidade as mulleres neste mundo. Por unha parte, coa proliferación de superheroínas no cómic (A Moza Ardilla -The Squirrel Girl, como vedes na ilustración superior). E por outra banda, un grupo de mulleres sudamericanas que se adican a crear cómics. Deixámosvos dous enlaces para máis información:

+ info: