Hoxe volvimos a apadriñar novos lectores, esta vez, entre os rapaces do CEIP "San Pedro de Visma". Igual que fai tres semanas recibíamos os rapaces do CEIP "Prácticas", hoxe foron os noso alumnado quen visitou este colexio e nas súas instalaciones repetiron case que todas as actividades: Candela volveu a facer de María Vitoria Moreno, contándolles a súa vida. Zeltia, Eva e Carlos representaron un anaco de "Mar Adiante". Volveron a facer vagalumes, visitamos a súa horta e galiñeiro e tivemos tempo para contar contos.
30/05/18
25/05/18
GRADUACIÓN PROMOCIÓN 'RAFAEL DIESTE' 2018
Hoxe á tardiña despedimos outra nova promoción de alumnado do IES Plurilingüe 'Rafael Dieste'. Era a promoción 2012-2018. O acto tivo lugar no Auditorio 'Andrés Gaos' do veciño Conservatorio Superior de Música. E como cada ano, discursos, videos, actuacións e lembranzas repasaron o paso deste grupo de alumnado polo noso centro.
17/05/18
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018. MARÍA VICTORIA MORENO
Ilustración: cidadedacultura.gal
Foto: Compostela 24h.
A figura a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas é MARÍA VICTORIA MORENO. Unha profesora extremeña de Lingua e Literatura española que aprendeu galego para poder comunicarse co alumnado e pais do seu primeiro destino docente en Lugo. É a cuarta muller a quen se lle adica este día conmemorativo. Nos enlaces que seguen, tedes información sobre esta muller:
- Galicia Confidencial:
María Victoria Moreno, a estremeña que loitou en galego e coa docencia contra o franquismo
09/05/18
APADRIÑANDO 2018: ALUMNADO CEIP DE "PRÁCTICAS"
Hoxe empezamos ás sesións de Apadriñamento de Novos Lectores co alumnado do colexio de primaria adscrito "Prácticas". Así estaba a nosa Biblioteca esta mañá preparada para recibir ao alumnado de 6º de Educación Infantil, 20 rapaces en total.
Primeiramente, visitaron a nosa horta. Vicky, a profesora de bioloxía, deulles un iogur para que o enchesen de terra e lle meteran semente de tomate.
Despois fomos á biblio. Candela fixo de María Vitoria Moreno, contándolles a súa vida. Zeltia, Eva e Carlos representaron un anaco de "Mar Adiante": "O Vagalume" e "O Luceiro".
Logo os pequenos fixeron uns vagalumes de cortiza, con ollos e pintura de neón para brillar na oscuridade.
A continuación, por parellas, leron contos e, por último, veron vermes de seda.
Videos:
07/05/18
IX SEMANA CULTURAL 2018: PREMIADOS NO CONCURSO GASTROMUSICAL
Dos 115 participantes no Concurso Gastromusical da IX Semana Cultural, xa temos os gañadores:
1º premio:
Icía Cambre (2º Bac B) con 27 aciertos
2º premio: Alba Añón Groba (3ºC) con 26 aciertos
Os finalistas foron::
Agustín
Sciarreta (2º BAC B)
Jonathan Suárez (2º BAC B)
Jonathan Suárez (2º BAC B)
Ana Caballero (2º BAC B)
Pablo Parada (3º C)
Pablo Parada (3º C)
Se queredes probar a contestar, deixámosvos a plantilla de respostas, con algunha axuda:
1. Melón
2. …............
3. …............
4. …............
5. ….............
6. …............
7. Gominola
8. …............
9. …............
10. Bacon
11. …..........
12. …..........
13. …..........
14. …..........
15. …..........
16. …..........
17. …..........
18. …..........
19. …..........
20. …..........
21 …...........
22. …..........
23. …..........
24. …..........
25. Verduras
26. …..........
27. ….........