Acaban de conceder outro premio literario no día de hoxe, o Premio Cervantes 2012 a José Manuel Caballero Bonald. Aquí o enlace para acceder a toda a información sobre o premiado e o premio no xornal EL PAÍS.
29/11/12
28/11/12
SEMANA DE HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO
Xa temos as datas para conmemorar o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Será a semana do 17 ao 21 de decembro, a última do trimestre. O acto será na biblioteca todos os días desa semana de 10.30 a 12.10, e así o repetiremos dez veces para que poidades participar todos os grupos de ESO e Bacharelato. Veredes unha breve presentación que estamos preparando, pero tamén participaredes lendo algúns dos seus poemas, e nós gravarémolo todo en vídeo.


Os titores serán os que nos axuden a ensaiar para que todo saia perfecto.
Mentres chega a homenaxe, xa podedes pedir en préstamo un libro deste autor para ir lendo os seus magníficos poemas. Seguro que vos gustan.
E, por último, botádelle un ollo a este vídeo no que uns alumnos da área de galego do Instituto Español Cañada Blanch en Londres difunden un poema de Celso Emilio, é moi interesante, desde arquivos agradecémoslles o traballo.
27/11/12
PREMIO NACIONAL DAS LETRAS: FRANCISCO RODRÍGUEZ ADRADOS
Acaba de ser fallado estes días o Premio Nacional de las Letras Españolas 2012. Este ano foi galardonado o catedrático de Filoloxía Grega, lingüista e tradutor, D. Francisco Rodríguez Adrados pola súa obra científica recoñecida mundialmente, tanto no campo da Lingüística en xeral, e indoeuropea en particular, como no campo do ensaio literario. Podedes ler toda a información neste enlace: FRANCISCO RODRÍGUEZ ADRADOS
Pero en Arquivos queremos destacar que o profesor Rodríguez Adrados é ao mesmo tempo unha das voces máis autorizadas en Europa como defensor das Humanidades clásicas. Os anos nos que foi Presidente da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC) encabezou todas as reivindicacións ante as autoridades en favor dos estudos do Grego e do Latín no Bacharelato, así como da Cultura Clásica na ESO. Nunca escatimou tempo nin enerxía en loitar pola presenza que estas materias se merecen no ensino secundario e no bacharelato, levando a cabo importantes campañas na prensa e ante os políticos e intelectuais máis destacados do país.
Mágoa que cando damos un paso cara adiante, acto seguido demos dous cara atrás: a nova lei de Educación que se quere aprobar é de novo un paso atrás para os estudos clásicos. De novo, profesor Adrados, teremos que redactar escritos, recoller sinaturas, en fin, de novo debemos loitar contra corrente, pero xa estamos afeitos.
¡Noraboa polo premio! Estou segura que o cambiaría pola continuidade, por exemplo, da Cultura Clásica na ESO na nova lei.
¡Noraboa polo premio! Estou segura que o cambiaría pola continuidade, por exemplo, da Cultura Clásica na ESO na nova lei.
25/11/12
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero. En arquivos preguntámonos cómo é posible que un home se crea con dereito a exercer a violencia contra súa muller polo feito de selo; cómo é posible que un ser humano se crea con dereito a someter a outro á forza. Se é verdade que somos seres racionais, NON SE ENTENDE.
Sirva esta curta sobre a violencia de xénero para que todos meditemos e consigamos poñer freo a tanta loucura.
A película, Te doy mis ojos, é xa imprescindible á hora de tratar o tema. Neste enlace podedes atopar a ficha e un comentario sobre ela.
Neste outro enlace hai material didáctico sobre a película por se a queredes traballar nas titorías.
23/11/12
HOMENAXE
Hoxe celebramos a xubilación da nosa compañeira Carmen. Só pasou dous anos con nós pero estaba totalmente integrada no centro. Despedímola cunha mestura de alegría e tristeza, algo xa frecuente neste tipo de despedidas. Pero queremos dicirlle que xa sabe onde quedamos, que nos gustaría que viñese de cando en vez a tomar un cafetiño e charlar un pouco e, de paso, que nos compadeza porque veñen tempos moi complicados.
Ata entón, un bico moi forte e este recordo para que non nos esqueza.
18/11/12
EN DEFENSA DUNHA BIBLIOTECA
Fai un ano Rosa Montero publicou este artigo en EL PAÍS no que destacaba como boa noticia nestes tempos tan revoltos as movilizacións dos veciños do Zaidín (distrito popular e modesto de Granada) en defensa da súa biblioteca. Finalmente os libros foron desaloxados á forza da biblioteca pero non sen a resistencia dos veciños que seguen a loitar polo que consideran que é un oprobio. Como di a escritora "mentres haxa xente así, haberá futuro".
15/11/12
É a Cultura Clásica unha mercadoría?
Para nós NON, para os gobernantes SI, ou polo menos iso parece, e a materia de GREGO nin che conto. A LOMCE (¡xa está ben de siglas!), a nova Lei Educativa, pretende suprimir a materia de Cultura Clásica na ESO e relegar o Grego a materia optativa, mesmo no bacharelato de humanidades. Cada vez comprendo menos este mundo!
Para defender a permanencia destas materias, xorde unha iniciativa que consiste en escribir o próximo xoves 15 de novembro un tweet en latin ou grego engadindo o hashtag #pipiatioclassica. Ou esta outra que consiste nunha lectura conxunta dos clásicos gregos e latinos o día 12 do 12 do 2012 ás 12 a.m. Desta última iniciativa volveremos a falar máis adiante. Agora compre pedirvos a todos os que creades que a Cultura Clásica non debe desaparecer da ESO, nin o Grego quedar como optativo no Bacharelato de Humanidades, que este xoves enviedes o tweet mencionado máis arriba. E para que non teñades a disculpa de "eu non sei poñer nada en latin nin en grego", aqui tedes algunhas ideas:
Errare humanum est
Γνῶθι σεαυτόν
Omnia vincit Amor
Σκιᾶς ὄναρ ἄνθρωπος
Ave, Caesar, morituri te salutant!
Ἄνθρωπός πολιτικὸν ζῷον
Verba volant, scripta manent
Μνδὲν ἄγαν
Sic tibi terra levis sit!
Μῆνιν ἄειδε, θεά, Πηληϊάδεω Ἀχιλλῆος
Xa podo adiantar que o meu tweet en latín será Quosque tandem, Catilina, abutere patientia nostra? Cambiarei o nome de Catilina por outro, claro está. E o tweet en grego será Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι
ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν (=se os mozos aprenden algo fermoso gárdano na alma), chego a pensar
que é iso o que non queren "que a xente nova aprenda cousas fermosas".
VIDEO PROMOCIONAL DE LA INICIATIVA DE AMUPROLAG Y SEEC MURCIA #yoconozcomiherencia
Para terminar un pouco de humor
14/11/12
10/11/12
É UN LIBRO!
Non é unha cousa rara... Non envía mensaxes, pero as ten... Non bloguea nin tuitea... Non necesita ter conexión inalámbrica... podes usalo en calquer lugar... É (simplemente) un libro... pero ten tanto dentro... so abre un...
Video "É UN LIBRO" (+subtitulos en castelán):
Versión inglesa desta entrada @ ClickOnEnglish.
09/11/12
LAURA GALLEGO: PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2012


Laura Gallego, acaba de ser premiada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2012 pola novela Donde los árboles cantan. Trátase dunha novela épica que se sitúa dentro do xénero fantástico, como a meirande parte da súa produción. Esta obra xa foi número un de ventas o ano pasado. Neste enlace podedes ler un capítulo.
Lembramos que esta autora comezou a súa carreira con obras como Finis Mundi ou La leyenda del rey errante, e conta coa saga Memorias de Idhún e unha trintena de títulos máis. Unha das creadoras con máis éxito no momento actual.
06/11/12
CELSO EMILIO FERREIRO
No mes de decembro a biblioteca adicará as súas actividades á figura do escritor galego Celso Emilio Ferreiro con motivo do centenario do seu nacemento.
Por iso traemos aqui O meu primeiro Celso Emilio, un libro-disco editado por Xerais no que se recolle unha escolma de poemas do autor, en total 28 poemas. Oito deses poemas cobran nova vida musicados e cantados por María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra. Unha obra, pois, moi interesante que fai confluír poesía e música na mesma publicación.
A continuación, e para ir facendo boca, deixámosvos con este vídeo filmado durante a gravación e que recolle as impresións dos participantes.
"O meu primeiro Celso Emilio" from Seispés Producións Creativas on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ETIQUETAS
8-M
ApadriñaLector
Cosmos
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
Galicia
Gastronomía
Grego
HoraDeLer
HªEscritura
HªOlimpiadas
LIBROS
LibrosVivintes
MUSE
Nobel
O CINE
O MAR
OPINIÓN
Odisea
P.Cervantes
P.Dado
PATRIMONIOGALEGO
PLAMBE
Pasapalabra
PlanProxecta
RD25Anos
RadioNaBiblio
Radiofiestra
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
XOGOSTRADICIONAIS
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
alfin
amor
animación
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enl
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
física
galego
graduación
guías
historia
homenaxe
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
museos
música
nadal
narrativa
natureza
noticias
obituario
obradoiro
ortografía
patrimonio
paz
pioneiros
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
recursos
revista
roteiros
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
violencia de xénero
votacións
vídeos
xadrez
xeografía
xogos
xornadas
xornalismo
xubilación
Ágora
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
A modo de recordatorio, rematado o primeiro trimestre, no vindeiro empezaremos a traballar na décima Semana Cultural no 'Rafael Dies...
-
Hoxe recibimos no noso centro a escritora vasca Marisol Órtiz de Zárate, especializada en literatura xuvenil. Falou ao noso alumnado da ...
-
Con motivo da nosa próxima semana cultural adicada á escritura, queremos pararnos ante algo imprescindible para escribir na actualidade:...
-
Samain é a festividade de orixe celta máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión o cristianismo , n...
-
Como sabedes, onte a Cadena Ser fixo un programa en directo desde o noso centro , de hora e media de duración, no que varios alumnos se...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
A convivencia dentro dunha comunidade do tipo que sexa é un tema fundamental para os seus integrantes. Se non existe, porque cada un vai pol...
-
A través do blog de ANB coñecemos este vídeo que vos queremos pasar para que tamén vós coñezades mellor as bibliotecas municipais da Coruña...
-
Os departamentos de Música e Historia convocaron dentro das actividades da XI Semana Cultural deste ano un concurso de fotografía so...
-
Vimos de incluir un novo enlace que poderedes atopar no apartado de RECURSOS TIC (na columna da dereita na parte de abaixo da páxina pr...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Onte á tarde celebrouse o tradicional acto de Graduación da Promoción de Alumnado de 2ºBAC do curso 2014-2015. Son a vixésimo-quinta...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...
-
Hoxe temos algo que celebrar na nosa biblioteca. Hoxe fichamos o libro nº10.000 do catálogo. Trátase do libro "22...
-
No Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe 8-Marzo, queremos compartir o cómic de Emma Clit sobre a carga mental que soportan as ...
-
Samain é a festividade de orixe celta máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión o cristianismo , n...
-
Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Oure...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Non é unha cousa rara... Non envía mensaxes, pero as ten... Non bloguea nin tuitea... Non necesita ter conexión inalámbrica... podes usal...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
A Biblioteca en colaboración co Contrato programa Iguála-T invítavos a facer esta enquisa sobre a situación afectivo sexual no noso institut...
-
Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemática...