
- O tzatziki (en grego τζατζίκι) é unha salsa grega moi empleada nos meze ou aperitivos .
Ingredientes
1 pepino pequeno
300ml de iogur grego
1 dente de allo esmagado
1 culler de menta ou eneldo frescos picados
sal e pementa
Preparación
1-Pelar o pepino e relalo groso. Poñer nun escorredoiro e deixalo ata que escorra toda a auga posible. Pasar a un bol.
2-Engadir o iogur, o allo e a menta picada e sazonar coa pementa.
3-Mesturar todo ben e deixalo no frigorífico unhas 2 horas antes de servilo.
4-Remover de novo. Botar o sal.
Sírvase nun bol, frío ou á temperatura idónea do iogur, acompañado por pan de pita quente.

- O tapenade, é unha pasta de olivas negras.
Ingredientes
100 grs. de olivas negras
1 dente de allo (pequeno)
1 culleradiña de tomiño
1 culleradiña de romeu
1 culleradiña de alcaparras
1 anchoa
1 chorro de aceite de oliva
Preparación
Tritúrase ben todo xunto e co aceite de oliva dáselle a textura desexada.

- O Hummus é unha crema de garavanzos.
Ingredientes
400 grs. de garavanzos cocidos ( e un pouco de caldo)
3 culleradas de tahini (pasta de sésamo)
2 dentes de allo
o zume de medio limón
60 ml. de aceite de oliva
pemento picante
comiño en pó
pementa negra
sal
Preparación
Tritúrase todo xunto e sérvese cun chorro de aceite de oliva e pemento picante por riba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario