Amosando publicacións coa etiqueta LuzPozo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LuzPozo. Amosar todas as publicacións

17/12/20

ACTIVIDADES DA HOMENAXE A LUZ POZO GARZA


Composición de fotografías de Luz Pozo feito por Olga Patiño


 Recopilamos nesta entrada as distintas actividades preparadas e desenvoltas na homenaxe a poeta Luz Pozo Garza. 

1) DESCRIPCIÓN DA HOMENAXE A LUZ POZO GARZA E LECTURA DRAMATIZADA DA VERSIÓN DE MEDEA EN "RADIOFIESTRA" [Composición e interpretación da música Andrea Rodríguez. Adrián, Kamille e Emma introdúcennos no mundo de Medea da man desta escritora galega]


2) A POETA OLGA PATIÑO RECITA DOUS POEMAS DE LUZ POZO DO SEU LIBRO "PROMETO A FLOR DE LOTO"

3) PROGRAMA DE 'RADIOFIESTRA': LUZ POZO SEGUNDO OLGA PATIÑO. [Segunda entrega da homenaxe que realizamos no IES Rafael Dieste a Luz Pozo, esta vez, da man da escritora Olga Patiño, quen comparte con nós as súas vivencias, lembranzas e a pegada que nela deixaron os momentos compartidos con Luz Pozo. Presentan o programa Emma e Kamille, asiduas xolaboradoras de Radiofiestra.]

4) PRESENTACIÓN LUZ POZO GARZA


5) PASAPALABRA SOBRE LUZ POZO GARZA

04/12/20

HOMENAXE PÓSTUMO A LUZ POZO GARZA EN "BIBLIODIESTE"


 Como xa anunciáramos o 19 de outubro no Día das Escritoras, e dentro das homenaxes que cada curso preparamos sobre un escritor galego, este curso adicámolo á poeta Luz Pozo Garza, recentemente falecida. Será entre o 16 e o 22 de decembro.
 Estamos elaborando unha presentación, na que este ano incorporaremos as lecturas do alumnado, xa que non podemos celebrar o acto no salón de actos. Esta presentación e o pasapalabra serán publicados aquí en Arquivos e no curso que a biblioteca ten na aula virtual. A presentación poñerase ao longo deses días (do 16 ao 22) nas aulas para que o alumnado coñeza a esta poeta galega, escoite aos compañeiros recitando os seus poemas e participe no concurso do pasapalabra.
Tamén contaremos coa presenza da poeta Olga Patiño Nogueira, que recitará poemas de Luz Pozo na nosa radio "RadioFiestra".




19/10/20

DÍA DAS ESCRITORAS 2020


 

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

Desde as bibliotecas escolares propoñen tamén que se visibilice a obra das escritoras galegas e nos dende Bibliodieste anunciamos que, como todos os cursos, no primeiro trimestre faremos unha homenaxe a un escritor galego. Unha vez mais será unha muller, a poetisa galega recientemente falecida LUZ POZO GARZA. Esta homenaxe póstuma será na última semana de decembro.



ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER