03/06/23

VII TORNEO INTERCENTROS XADREZ 2023 NO "RAFAEL DIESTE"




Este venres 2 de xuño tivo lugar a final do VII Torneo Intercentros de Xadrez no noso IES Plurilingüe "Rafael Dieste" en A Coruña. Enfrentáronse alumnado finalista dos centros IES "Salvador de Madariaga", IES "Urbano Lugrís", IES "Fernando Wirtz", IES Plurilingüe "Rafael Dieste" e IES Plurilingüe "Pedra da Águia".
Antes de xogar a final, toda a rapazada participou en partidas simultáneas co Mestre internacional de Xadrez Jacobo Caselas. As partidas foron moi disputadas e todas as persoas deron o mellor do seu xogo nos taboleiros.
Ainda que polo de agora a asistencia non é aberta ao público en xeral, a xornada contou cunha nutrida presencia do alumnado dos centros participantes.
Na categoria da ESO o gañador nesta edición 2023 foi Manuel Tomé Pérez, en na categoría de Bacharelato/FP a gañadora foi Ana Nieto Pérez, ambos do IES "Fernando Wirtz". Parabéns a todos os xogadores que quedan emprazados para próximas edicións.






18/05/23

ACTIVIDADE "AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"


 Alberto Pombo, profesor do Depratamento de Galego do noso instituto, está facerndo unha actividade co alumnado de 4º. É unha actividade de dinamización lingüística que consiste nunha campaña nos negocios locais para promocionar o uso do galego. A campaña chámase "AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO" e consiste en que o alumnado irá a diferentes negocios a pedirlles participar na campaña colocando un pequeno cartel no local. Deixámosvos a presentación da actividade:

AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO 
...e a moito orgullo! 

Porque a historia das nosas letras non se pode entender sen esta cidade aberta ao océano. Aquí naceron as Irmandades da Fala, a Cova Céltica, a Escola Rexional de Declamación ou a Real Academia Galega. Aquí celebráronse os primeiros Xogos Florais e coroamos como poeta a Curros Enríquez, no que hoxe coñecemos como Teatro Rosalía de Castro, que tamén foi veciña da nosa cidade. Como veciños foron Murguía, Pondal, Lugrís, Dieste, Avilés de Taramancos, Novoneyra…
E como veciños son hoxe Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Yolanda Castaño ou Xurxo Souto. E porque outro veciño noso, Pucho Boedo, internacionalizou para o mundo a poesía galega en forma de cancións! 

Os nosos barrios naceron tamén coa voz doutros galegos que aquí viñeron e hoxe, aquí, a nosa lingua renóvase florida con máis sotaques chegados da emigración latina, asiática, europea ou africana. 

 Por iso nós agora, o alumnado do IES Rafael Dieste, iniciamos esta ambiciosa campaña de dinamización con acción directa nos barrios, dos que tamén somos veciños e veciñas orgullosas! A nosa intención é crear un repositorio de 300 locais (cafetarías, lavandarías, talleres mecánicos, perruquerías…) que demostren que nesta cidade non somos hostís á lingua galega. Por iso, subiremos unha foto do teu negocio ao instagram @bibliotecadieste xunto co cancelo #aquítaménsefala, para dar publicidade. Sería algo así… 

“A cafetaría *** da Ronda de Outeiro nº 334, súmase ao proxecto #aquítaménsefala” e acompañaremos a publicación dunha foto do teu negocio. 

QUE VEÑAN MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA! GRAZAS






ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER