Recollidas as calificacións, empeza o periodo de descanso estival. A todos, desconectade e pasádeo moi ben
26/06/15
24/06/15
TRABALLO POR PROXECTOS
Na última CCP volvimos a falar do traballo por proxectos. Alguns expuxemos a posibilidade de comezar a traballar por proxectos nas aulas de reforzo e de diversificación. Pois ben, sirva este enlace para incidir no tema, convencidos como estamos da necesidade de implantar un cambio na metodoloxía.
17/06/15
GUÍA E PRÉSTAMO DE VERÁN
Mañá comezaremos a repartir polas aulas a guía de lectura para o verán. Repartiremos unha guía en cor por aula e será o titor o encargado de promocionala entre o seu alumnado. Na biblioteca repartiremos tamén unha guía a todos os usuarios que leven estes días algun documento para o verán. O préstamo de verán abarca desde o 16 até o próximo 30 de xuño e poden levarse ata tres documentos por persoa que haberá que devolver á volta de vacacións no mes de setembro.
Educación documental
Como xa informamos na CCP e no Claustro, o equipo de biblioteca leva dous anos incorporando no apartado de "formación de usuarios" enlaces a traballos elaborados por alguns centros que estamos no PLAMBE. Pois ben, un destes traballos sobre "alfabetización informacional" (ALFIN) do CEIP Milladoiro foi actualizado recentemente e, como nos parece francamente interesante e de gran axuda cando poñamos a andar a educación documental como materia nova para 2º de ESO no curso 2016-2017, traémolo aquí para que lle botedes unha ollada. Pode servirnos como punto de partida para comezar a pensar nun programa propio. Temos todo un ano por diante.
05/06/15
ENQUISA BIBLIOTECA 2015
Todos os anos por estas datas o profesorado do equipo prepara a memoria anual da biblioteca. Para avaliar os seus recursos e actividades elaboramos esta enquisa con 8 preguntas (baixade a barra lateral para velas todas), que necesitamos que todo o profesorado conteste con absoluta sinceridade. Por medio dela queremos ver que cousas funcionaron ben e cales necesitan cambios que nos axuden a adaptar a biblioteca ás necesidades do centro.
04/06/15
PREPARANDO A SELECTIVIDADE
En plena época de preparativos para os exames de Selectividade, achegamos 9 pistas útiles para que as teñades en conta:
1- APROVEITA TODO O TRABALLO QUE FIXECHES DURANTE O CURSO.
2- SELECCIONA OS CONTIDOS DAS ASIGNATURAS.
3- ESCRIBE O QUE SABES DA MELLOR MANEIRA POSIBLE.
4- NON CAMBIES A TÚA RUTINA.
5- FAI O QUE QUEIRAS O DÍA ANTES DO EXAME, PERO A NOITE ANTES, DESCANSA.
6- ÍLLATE NO EXAME.
7- NON TE CASTIGUES POLOS ERROS.
8- NON DEIXES OCOS EN BRANCO.
9- CONTROLA O TEMPO.
Estas 9 pistas foron consideradas por Susana García, xefa de estudos do Centro Universitario de San Bernardo, especializada na preparación da Selectividade. A información completa e as pistas máis detalladas neste enlace ao artigo de Huffington Post.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
03/06/15
GAÑADORES DOS CONCURSOS DA VI SEMANA CULTURAL "HISTORIA DA ESCRITURA"
Publicamos a lista dos gañadores dos concursos celebrados con motivo da VI Semana Cultural sobre "A historia da escritura":
•
Sistemas de numeración (Matemáticas):
Sonia Melón (S1ºA)
María Ciucurean (S1ºA)
Claudia Cicurean (S1ºA)
Raquel Torres (S1ºA)
Ángel González (S1ºA)
Joaquín San Miguel S2ºC
•
Braille:
Adriana Calviño (S2ºA)
•
Relatos:
Mar Álvarez (S2ºA)
Santiago Nogueira (S2ºC)
Juan Jo´se Rodríguez (1ºBAC.A)
Sara Romero (2ºBAC.B)
•
Emoticonas:
Zeltia Mira (S1ºD)
Lucía Lorenzo (S1ºD)
•
Caligrafía cuneiforme:
Paula Varela (S1ºA)
Diego Rodríguez (S1ºB)
•
Caligrafía grega:
Gonzalo Reverte (S2ºB)
Miguel Alcalde (S3ºB)
Adrián Freire (S3ºD)
Sara Díez (1ºBAC.B)
Carla Dávila (2ºBAC.B)
•
Transcrición fonética francesa:
Zeltia Mira (S1ºD)
Lucía Lorenzo (S1ºD)
•
Caligrafía xaponesa:
Iria Pardo (S3ºC)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ETIQUETAS
8-M
ApadriñaLector
Cosmos
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
Galicia
Gastronomía
Grego
HoraDeLer
HªEscritura
HªOlimpiadas
LIBROS
LibrosVivintes
MUSE
Nobel
O CINE
O MAR
OPINIÓN
Odisea
P.Cervantes
P.Dado
PATRIMONIOGALEGO
PLAMBE
Pasapalabra
PlanProxecta
RD25Anos
RadioNaBiblio
Radiofiestra
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
XOGOSTRADICIONAIS
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
alfin
amor
animación
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enl
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
física
galego
graduación
guías
historia
homenaxe
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
museos
música
nadal
narrativa
natureza
noticias
obituario
obradoiro
ortografía
patrimonio
paz
pioneiros
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
recursos
revista
roteiros
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
violencia de xénero
votacións
vídeos
xadrez
xeografía
xogos
xornadas
xornalismo
xubilación
Ágora
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
O próximo sábado 27 de Marzo celébrase o Día Mundial do Teatro , un xénero literario que naceu en Atenas, entre os séculos V e IV a. C., a ...
-
Ao longo da semana cultural que estamos a organizar para finais de abril desde a biblioteca en colaboración cos departamentos didácticos, ...
-
Onte tivemos o claustro para tratar o PROXECTO LECTOR DO CENTRO . Para poder desenvolvelo con criterio, é necesario recoller uns datos prev...
-
Para que todos poidamos coñecer os países dos que estivemos a falar estes días, imos presentar cada día un. O primeiro foi VENEZUELA .
-
A compañía de teatro aragonesa Teatro del Temple e a andaluza La Zaranda participan esta fin de semana na homenaxe a Valle Inclán no Tea...
-
O 11 de febreiro de 1963 Sylvia Plath érguese ás seis da mañá e leva o almorzo aos seus fillos; logo péchase na cociña e abre o gas: decid...
-
Temos entre nós a un grupo de alumnos alemás que veñen pasar uns días de intercambio con algúns dos nosos alumnos. A biblioteca, en nome de ...
-
Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen , e co...
-
P. Pallarés, M. A. Fernán Vello, M. Mato, X. L. Valcárcel, M. Rivas, Salinas, L. Pereiro, L. Braxe, X. Seoane e Monterroso nos soportais de ...
-
Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Diversidade Cultural e nós sumámonos a esta iniciativa porque somos conscientes da importac...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
Onte tivemos o claustro para tratar o PROXECTO LECTOR DO CENTRO . Para poder desenvolvelo con criterio, é necesario recoller uns datos prev...
-
Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen , e co...
-
O escritor arxentino Ernesto Sábato , un dos grandes da literatura latinoamericana morreu onte na súa casa, perto de B. Aires, cando estab...
-
O próximo sábado 27 de Marzo celébrase o Día Mundial do Teatro , un xénero literario que naceu en Atenas, entre os séculos V e IV a. C., a ...
-
Aqui tedes a 1ª entrega do que fomos facendo estes días: SEMANA INTERCULTURAL on PhotoPeach
-
Xa está no blog a presentación en Windows Media Player das fotos da viaxe a Grecia que un grupo de alumnos e profesores deste Instituto rea...
-
Ao longo da semana cultural que estamos a organizar para finais de abril desde a biblioteca en colaboración cos departamentos didácticos, ...
-
Segundo un informe da Comisión Europea de Educación: "1 EUROPEO DE CADA 5 TEN DIFICULTADES PARA LER" Isto afecta negat...
-
O premio de creación literaria dos Premios da Crítica 2012 este ano foi para Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz, publicada por ...
-
Que tal andades de xeografía de Galicia? Credes que ben? Pois podédelo comprobar se premedes AQUI . ÁNIMO E A XOGAR! Ademais de pasar un bo...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Frieda Con motivo do mes dos libros os alumnos de 2º de Bach. reflexionaron sobre o tema da lectura. O texto que vos deixamos a continuació...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...
-
Os que queirades escoitar máis, tedes a continuación unha selección feita polo O Segrel do Penedo a quen agradecemos o seu traballo. A FRAS...






