Amosando publicacións coa etiqueta mulleres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mulleres. Amosar todas as publicacións

24/11/24

Cara o 25N

Pensando xa na conmemoración do 25N, o noso expositor da biblioteca énchese de lecturas onde a muller é a protagonista. Desde Persépolis de Marjane Satrapi á Volta ao mundo en 72 días de Nellie Bly, ou a novela gráfica Sufragista, Quiéreme bien o La mujer rebelde, son algunhas das propostas de lectura, entre outras moitas, para este mes.

Sabías que... pola Resolución 54/134 de 17 de decembro de 1999, da Asemblea Xeral da ONU, o 25 de novembro foi designado Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller?

Ademais, estes días podedes ver na cortiza do corredor da biblioteca algúns dos carteis máis coñecidos nos últimos anos sobre o 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Son carteis que foron protagonistas das campañas pola igualdade desde diferentes comunidades Autónomas.





15/03/24

Actividades do 8-M, Día Internacional da Muller




Con motivo da celebración do Día Internacional da muller, inaugurouse no instituto un Punto Violeta. Trátase dun Punto de seguridade para a prevención da violencia de xénero , información e acompañamento. Un grupo de profesorado e alumnado está a formarnos na materia.



Ademais, realizouse unha exposición de mulleres referentes e un club de encontro de chapas reivindicativas.

24/02/24

Día internacional da nena e da muller en ciencia con Estíbaliz Espinosa






O domingo 11 de febreiro celebramos o Día internacional da nena e da muller en ciencia coa visita de Estíbaliz Espinosa. Escritora galega de poesía, ensaio, relato e tradución, visitounos para conmemorar a data connosco. Esta rara avis naceu en A Coruña en 1974. É unha científica pouco habitual por ser tan polifacética en non respectar as etiquetas usuais; ademais de estar licenciada en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica, é cantante e comunicadora de ciencia, astrónoma afeccionada.

Falounos do efecto Matilda. Este efecto implica que aínda que hai moitas mulleres importante na ciencia ao longo da historia e mesmo na actualidade,  a sociedade non lles deu o recoñecemento. Falounos tamén dos marabillosos  camiños que abre a posibilidade de mesturar ciencia e poesía.

Unha conferencia interesante e moi inspiradora.

09/03/22

ACTOS DO 8-M 2022: DÍA DA MULLER NO 'RAFAEL DIESTE'


 A actividade proposta este curso xirou en torno ao relato Las medias rojas de Emilia Pardo Bazán. No instituto mostramos o noso apoio á causa da muller con medias e calcetíns vermellos e fixemos unha exposición coas fotos dos participantes.

Ademais, a Biblioteca propón unha serie de libros informativos sobre o feminismo e os logros na loita pola igualdade. Podes atopalos todos na sección de novidades.







Presentación das fotos da actividade "LAS MEDIAS ROJAS":

08/03/21

8-M 2021 NO "RAFAEL DIESTE"




Un ano máis conmemoramos o 8 de marzo, Día Mundial das Mulleres no IES Plurilingüe "Rafael Dieste". 

Tivemos unha exposición de carteis no pasillo de entrada (fotos superiores). Fixemos un programa de RadioFiestra sobre o tema, feito polo alumnado ARCO e a súa profesora Silvia Naveira. Podedes escoitalo na ligazón inferior: 

E esta outra actividade de video:

11/02/21

11-F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. "ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS!"


 Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Coma sempre o Departamento de Ciencias do noso centro fai algunha actividade relacionada co traballo dunha muller no campo científico durante esta semana.


Ademáis, aquí queremos achegar o video dunha iniciativa da Unidade de Divulgación Científica y Cultural da UDC para celebrar este día.
Dirixido a escolares de educación secundaria onde diferentes investigadoras dan a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica. Incitan á pregunta, que deberiades gravar e enviala antes do 31 de marzo de 2021 mediante o código QR que aparece no audiovisual, xa que vos responderán e, ademais, entraredes no sorteo dunha visita ao seu lugar de traballo.
Video "ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS!":


25/11/20

19/10/20

DÍA DAS ESCRITORAS 2020


 

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

Desde as bibliotecas escolares propoñen tamén que se visibilice a obra das escritoras galegas e nos dende Bibliodieste anunciamos que, como todos os cursos, no primeiro trimestre faremos unha homenaxe a un escritor galego. Unha vez mais será unha muller, a poetisa galega recientemente falecida LUZ POZO GARZA. Esta homenaxe póstuma será na última semana de decembro.



08/03/20

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: "DECIDEN ELAS"


Deciden elas. É o lema da campaña que o alumnado utiliza este curso para conmemorar o Día Internacional da Muller, que foi institucionalizado pola ONU en 1975. A partires do libro Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López, se elaboraron carteis sobre galegas, célebres e non tan célebres, destacadas no seu momento en ámbitos e actividades diferentes:
- Ysabel Barreto, almirante pontevedresa do século XVI, 
Sofía Casanova, a escritora e xornalista, nacida en A Coruña no século XVIII, 
ata exemplos máis recentes como Ángeles Alvariño, oceanógrafa de Ferrol ou Antonia Ferrín, astrónoma ourensá, son mulleres que nos  axudan a repensar a nosa sociedade e nos aníman na tarefa da loita polos dereitos de todas as persoas.
Ademais, no instituto contamos  cunha exposición monográfica sobre Hildegarda de Bingen, música, teóloga, naturista, literaria na Alemania do século XII.
E para poñer a guinda, un grupo de alumnos e alumnas baixo a coordinación da orientadora Laura, encargouse de que quedara constancia de que o 8 de marzo é o Día da muller, non so na planta baixa do instituto, senón tamén nas plantas superiores.
Bo traballo e feliz 8 de marzo!!

Video presentación do traballo feito nesta LIGAZÓN


25/11/19

'BIBLIODIESTE' NO 25-N 2019: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES





Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Temos preparado este mural ás portas da nosa biblioteca e esta 'Escaleira da Violencia de Xénero' para intentar concienciar do problema dentro das actividades que o centro preparou.



25 de novembro de 2019, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Para sinalar e conmemorar esta data haberá unha concentración do alumnado no patio central ás 12:00 para a lectura dun comunicado de concienciación elaborado polo alumnado de 1º de Bacharelato. 

Fotos da concentración no recreo a continuación.





Entrada xemelga @ IESRafaelDiesteBlog
Versión en inglés @ ClickOnEnglish

08/03/19

8-M DÍA DA MULLER DENDE 'BIBLIODIESTE'


A nosa biblioteca ten materiais (libros e películas) que vos poden servir de axuda para a conmemoración do Día Internacional da Muller (8 de marzo). Témolos expostos estes días no espazo adicado a novidades e exposicións na biblioteca e están á vosa disposición para clases e/ou titorías.

11/02/19

SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


O Departamento de Ciencias e a Biblioteca do IES "Rafael Dieste" conmemora o 11 de febreiro coa "Semana da Muller e a Nena na Ciencia", que inclúe, como podedes ver no cartel anunciador charlas, proxección de películas, exposicións, xogos e observación do ceo entre o 11 e 15 de febreiro. Nesta ligazón tedes o resumo das actividades:

- RESUMO ACTIVIDADES 11-F.

O 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización de actividades que, visibilizando o labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a brecha de xénero en ciencia.

A terceira edición da Iniciativa celébrase do 1 ao 15 de febreiro de 2019. Este ano acolle máis de 2.200 actividades que chegarán a unhas 130.000 persoas, o 90% celébranse en centros educativos. Máis de 900 persoas da comunidade científica, na súa maioría mulleres investigadoras, impartirán unhas 1900 charlas e talleres que chegarán a máis de 100.000 estudantes en 800 centros educativos.

08/03/18

'PODERÍASMO PEDIR', UN CÓMIC PARA O 8-M: DÍA DA MULLER TRABALLADORA


No Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe 8-Marzo, queremos compartir o cómic de Emma Clit sobre a carga mental que soportan as mulleres ante o traballo do fogar. Témolo exposto no taboleiro que está antes da nosa biblioteca


e nesta entrada tedes a ligazón ao cómic.

- "PODERÍASMO PEDIR" por Emma Clit.




Versión en inglés do cómic 
@ ClickOnEnglish-"YOU SHOULD'VE ASKED".


ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER