30/06/11

DESPEDIDA E ATA SETEMBRO!

Desde arquivos queremos desexarvos a todos un FELIZ VERAN que sirva para cargar a enerxía que tan baixa anda nestes últimos días de curso. E para despedirnos pensei neste video que me acaba de chegar e que me emocionou por moitas cousas, pero sobre todo polo mal que o está a pasar un país que para min ten un sentido moi especial. Si, acertastes, estou falando de GRECIA. Anthony Quinn emociona bailando de novo un tema que tivo moita sona hai anos, el tiña 49 anos, e que neste video repite pero esta vez con 84 anos e acompañado por Mikis Theodorakis. Todo un exemplo de DIGNIDADE!
http://www.youtube.com/watch_popup?v=CKHlmb5xcq8

Se queredes comparar, aqui tedes o sirtaki orixinal da película Zorba o grego.



Mentres a nós, INDIGNADOS OU NON, creo que nos toca pensar qué mundo queremos deixarlles aos nosos fillos e en qué mans queremos deixárllelo.

28/06/11

AGASALLO INESPERADO

Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Ourense acaban de darnos unha alegría co seu SUNSHINE AWARD que luciremos moi orgullosas no noso blog. Graciñas polo voso agasallo. É unha honra formar parte dos doce blogs mellor considerados por vós e cumpriremos con moito gusto os requisitos esixidos facendo partícipes desta distinción a outros doce blogs, avisalos do noso agasallo e publicar a dirección do seu blog, aínda que todos os que nos dedicamos a isto sabemos que son moitos máis de doce os que o merecen.
Estes son os elixidos:

24/06/11

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE "Los Rosales"

Hoxe os membros do club de lectura o trasno na rede estivemos na Biblioteca Municipal de Los Rosales  para contarlles un conto  ("Grisela") a nenos de 3 a 8 anos dese barrio. Como a experiencia foi moi bonita queremos facervos partícipes con estas fotos que dan fe do ben que o pasamos. Tamén gravaron o contacontos en video, así que cando o teñamos subirémolo a arquivos.
Por que non vos anotades no club de lectura para o curso que vén?

18/06/11

BALANCE DO USO DA BIBLIOTECA

Este curso estreamos na biblioteca mobeis e ordenadores novos e puxemos en orde moitas cousas. Por iso, agora que acaba o curso debemos destacar aqueles comportamentos que hai que mellorar para que a biblioteca continúe así de limpa e ordenada e os aparatos e mobeis non se estraguen.
Mirade este vídeo feito polos alumnos de 2º de ESO do IES Ponteceso e seguro que para o curso que vén cumpriremos as normas.


NORMAS DA BIBLIOTECA DO IES PONTECESO from biblioaponte on Vimeo.

Premede aqui para ver as novidades adquiridas pola biblioteca neste último trimestre. Esperamos que vos gusten e pasedes pola biblioteca a disfrutar delas.

16/06/11

EN XUÑO TAMÉN UN POEMA

Como se pode ver, en arquivos amamos a poesía e por iso gústanos elixir poemas e compartilos con todos. Este é un deles. Con el terminamos por este curso coa selección de poemas, que retomaremos en setembro. Esperamos que vos guste.

Desde los afectos

Cómo hacerte saber que siempre hay tiempo?

Que uno tiene que buscarlo y dárselo...
Que nadie establece normas, salvo la vida...
Que la vida sin ciertas normas pierde formas...
Que la forma no se pierde con abrirnos...
Que abrirnos no es amar indiscriminadamente...
Que no está prohibido amar...
Que también se puede odiar...
Que la agresión porque sí, hiere mucho...
Que las heridas se cierran...
Que las puertas no deben cerrarse...
Que la mayor puerta es el afecto...
Que los afectos, nos definen...
Que definirse no es remar contra la corriente...
Que no cuanto más fuerte se hace el trazo, más se dibuja...
Que negar palabras, es abrir distancias...
Que encontrarse es muy hermoso...
Que el sexo forma parte de lo hermoso de la vida...
Que la vida parte del sexo...
Que el por qué de los niños, tiene su por qué...
Que querer saber de alguien, no es sólo curiosidad...
Que saber todo de todos, es curiosidad malsana...
Que nunca está de más agradecer...
Que autodeterminación no es hacer las cosas solo...
Que nadie quiere estar solo...
Que para no estar solo hay que dar...
Que para dar, debemos recibir antes...
Que para que nos den también hay que saber pedir...
Que saber pedir no es regalarse...
Que regalarse en definitiva no es quererse...
Que para que nos quieran debemos demostrar qué somos...
Que para que alguien sea, hay que ayudarlo...
Que ayudar es poder alentar y apoyar...
Que adular no es apoyar...
Que adular es tan pernicioso como dar vuelta la cara...
Que las cosas cara a cara son honestas...
Que nadie es honesto porque no robe...
Que cuando no hay placer en las cosas no se está viviendo...
Que para sentir la vida hay que olvidarse que existe la muerte...
Que se puede estar muerto en vida..
Que se siente con el cuerpo y la mente...
Que con los oídos se escucha...
Que cuesta ser sensible y no herirse...
Que herirse no es desangrarse...
Que para no ser heridos levantamos muros...
Que sería mejor construir puentes...
Que sobre ellos se van a la otra orilla y nadie vuelve...
Que volver no implica retroceder...
Que retroceder también puede ser avanzar...
Que no por mucho avanzar se amanece más cerca del sol...

Cómo hacerte saber que nadie establece normas, salvo la vida?

Mario Benedetti ( Uruguay, 1920 - 2009)

08/06/11

Aquí tedes un vídeo que fixeron os compañeiros do IES da Fonsagrada no que nos sentimos totalmente reflectidas todas as que formamos parte do equipo da biblioteca.

02/06/11

INDIGNADOS

Así é como nos sentimos todos os equipos de biblioteca de Galicia. Acabamos de coñecer estes días a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

É así como nos agradecen o esforzo que estamos a desenvolver por "modernizar" as bibliotecas dos centros educativos adaptándoas ás novas necesidades? En tempos coma estes, nos que os cambios se suceden cunha velocidade de vertixe, vannos privar dunha formación indispensable e sen a que non poderemos seguir o ritmo da nova sociedade da comunicación?
En fin, tal e como están as cousas, desde arquivos do trasno queremos dar a coñecer o escrito
elaborado polas bibliotecas que formamos parte do PLAMBE como medio de amosar a nosa indignación.

"Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?".

COLECTIVO DOS EQUIPOS DAS BIBES INTEGRADAS NO PLAMBE.

01/06/11

NORABOA MIGUEL!


MIGUEL ANXO TABOADA ULLOA, alumno de 3º ESO B, gañou onte o CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA, que se celebrou no IES de Monelos. Éste é o terceiro ano consecutivo que un alumno do Rafael Dieste gaña este concurso. Desde arquivos queremos felicitar aos alumnos desta materia polos premios recibidos, e a Miguel en particular por ser o flamante gañador deste ano.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER