Estes días o patio está decorado coas bandeiras dos países dos nosos alumnos, cun templo maia construído nas clases de tecnoloxía, cunha exposición de paneis informativos sobre os países e unha exposición permanente de libros prestados polas bibliotecas públicas coas que o noso centro vén traballando (AVISO: os libros son para que os miredes e logo os pidades en préstamo na biblioteca a partir do día 18 de maio).
Onte tivemos actos relacionados con VENEZUELA e COLOMBIA. Hoxe tocoulle o turno a ESTADOS UNIDOS. Mañá vén BRASIL e no recreo un merengue. O horario tédelo no taboleiro da entrada á biblioteca e no da sala de profesores, ademais puxémolo onte nunha entrada neste blog. Como houbo cambios, poñémolo de novo hoxe aqui:
Luns 9:
1º recreo: "Toda a terra é dos homes" - Rosalía
11.20/12.10 - COLOMBIA e VENEZUELA13.20/14.10 - COLOMBIA e VENEZUELAMartes 10:
9.20/10.10 - EE-UU10.30/11.20 - EE-UUMércores 11
1º recreo: 10.10 - merengue
11.20/12.10 - Brasil
12.30/13.20 - BrasilXoves 12 10.30/11.20 - Arxentina e Croacia
12.30/13.20 - Uruguai
13.20 - Tango arxentinoVenres 13
11.20/12.10 - Música de África (no salón de actos)12.30/13.20 - Armenia e República Dominicana
Terán preferencia para asistir a estes actos os grupos nos que haxa alumnos do país en cuestión. Para asistir cómpre anotarse no horario posto ao efecto no taboleiro de biblioteca habilitado na sala de profesores.