Amosando publicacións coa etiqueta filosofía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta filosofía. Amosar todas as publicacións

21/09/24

Comeza o curso e… os Clubs de Encontros

Na cortiza xunto á biblioteca están anunciados os Clubs de Encontros que se desenvolverán este curso. Son clubs orientados tanto ao alumnado como profesorado e persoal do centro que teña interese en asistir durante un recreo á semana ou, no caso do Club de xadrez, un recreo cada quince días.

Os clubs son moi variados, ademais do de xadrez (que coordinará Jesús Escariz), volven o club de Lingua de signos (que levará Cristina Rubio, a nosa auxiliar de signos), os Encontros electrónicos (que levará Seila Vázquez), ademais do club de debate (levado por Arcadio González).

Na cortiza xunto á porta da biblioteca tedes un cartel para apuntarvos. Están pendentes os horarios que faremos en función das persoas que desexen asistir e das persoas que os impartirán.

Animádevos!!






30/03/23

XIII SC / CHARLA DE NEUROCIENCIA CO BIÓLOGO E DOUTOR EN CIENCIAS BIOLÓXICAS XURXO MARIÑO ALONSO




O xoves 30 de marzo o departamento de Filosofía organizou unha charla de neurociencia: Unha viaxe á máquina da mente, impartida por Xurxo Mariño Alonso.

Xurxo Mariño Alfonso, é biólogo, doutor en Ciencias Biolóxicas con especialización en neurofisioloxía pola Universidade de Santiago, profesor na Universidade da Coruña, escritor e divulgador científico 
 Ademais da súa carreira como investigador, profesor e divulgador científico, cultiva outros intereses como a programación informática, a xeoloxía, a paleoantropoloxía, a astronomía, a filosofía da ciencia e é un gran fotógrafo.   

28/03/23

XIII SC / "O SALTO NO TEMPO"


 Ligazón aos videos feitos na actividade "O SALTO NO TEMPO", organizada polo Departamento de Filosofía para a Semana Cultural das "Cidades":

21/05/21

FINAL III TORNEO INTERCENTROS XADREZ 2020-21


O pasado día 6 de maio rematou o noso III Torneo de Xadrez. Hoxe os nosos gañadores xogarán contra os do IES "Urbano Lugrís" e entregaranse os premios. 
Hoxe tivemos unha visita moi especial: os campións e campioas do Torneo de Xadrez do IES Urbano Lugrís. Viñeron acompañados das profesoras África López e María Romero e dispostos a enfrontarse coa nosos campións: 
- Daniel Rey, Miguel Fernández -1 e 2º da ESO-, 
- Jordi Castro, gañador de Bacharelato e 
- Kamille Prainha, premio raíña do taboleiro. 
Previamente, os nosos gañadores recibieron os seus premios, como podedes ver nestas fotos que seguen. 



No intercentros, despois de 3 roldas nas que cada persoa xogou dúas partidas, quedaron de finalistas Xavi e Hugo do Lugrís e Daniel do Dieste. O gañador foi Daniel Rey, a que Mateo, o director do noso instituto entregou a copa (foto superior da entrada).
Versión da entrada no Blog de Filosofía.


 

22/03/21

O MAR: PRIMEIRA PRESENTACIÓN

 

    Primeira das presentacións que preparamos sobre

"O MAR"

Departamentos de Filosofía, Francés e Galego.
Cursos: 2ºBAC-D, 1ºESO-D






Video presentación-1:

14/12/20

III TORNEO DE XADREZ "RAFAEL DIESTE" 2020-21


 Aínda que este curso a situación epidemiolóxica complica un pouco a realización do torneo, a convocatoria tivo moi boa acollida. 
Dado o número elevado de participantes, imos facer dúas voltas eliminatorias e despois unha liguilla.
Hai dúas categorías: ESO e Bacharelato
As partidas, de 10 minutos, xogaranse na aula 110 no recreo e sen público, tendo en conta as medidas sanitarias necesarias.
A lista de participantes, datas das clases de aprendizaxe e datas da primera volta publicaranse antes das vacacións de Nadal, tanto no blog como na porta da Biblioteca. 

III TORNEO DE XADREZ RAFAEL DIESTE 20-21

Lista de participantes

Se queres xogar e non figuras na lista, fala cos profesores Francisco Escolante (Matemáticas) ou Beatriz Cuesta (Filosofía) ou manda un correo a bcuesta29@gmail.com indicando o teu nome, apelidos, curso e se xa sabes xogar ou queres aprender.



APELIDOS

NOME

CURSO

Iniciación

1. Barreiro Gallego

Jeremias

1ºESO-A


2. Fernández Vázquez

Miguel

1ºESO-A


3. Sterjo Martínez

Emma

1ºESO-A

X

4. Mayor Kehl

Giulia

1ºESO-A


5. Dioup Pouye

Diouma

1ºESO-A

X

6. Mosquera Quiñones

César

1ºESO-A


7. Manteiga Cendón

Iker

1ºESO-A


8. Gago Prieto

Anxo

1ºESO-A


9. Tajes Suárez

Roi

1ºESO-A

X

10. Osorio Henao

Brais

1ºESO-A

X

11. López Freire

Diego

1ºESO-A


12. Barros Paz

Nicolás

1ºESO-B


13. Martínez Jove

Fabián

1ºESO-B


14. Mariño Iencenella

Baltazhar

1ºESO-B


15. Dominguez Senín

Raquel

1ºESO-B


16. Membila Ngonde

Gabriel

1ºESO-B


17. Mera López

Aitor

1ºESO-B


18. Pardo Cajide

Joel

1ºESO-B


19. Seoane Blanco

Mateo

1ºESO-B


20. Uwambor

Lucky

1ºESO-C

X

21. Pita Losada

Alexandre

1ºESO-D


22. Rojas Ayala

Natalia Andrea

1ºESO-D

X

23. Ortiz Arias

Valeria

1ºESO-D

X

24. Rodríguez López

Artiom

1ºESO-E


25. El Hamdouni Sánchez

Hassini

1ºESO-E


26. Moure Lobanova

Nicolás

1ºESO-E


27. Moure Lobanova

Damián

1ºESO-E


28. Rego Fernández

Iago

1ºESO-E


29. Cárdenas Pinzón

Iker Steven

1ºESO-E


30. Facal castro

Adrián

1ºESO-E


31. Rey Cousillas

Daniel

1ºESO-E


32. Velasco López

Juan Diego

1ºESO-E


33. Souto Buño

Álex

1ºESO-E


34. García Mejía

Marcos

1ºESO-E


35. López Llorente

Jorge

2º ESO-C


36. Caamaño Calvo

Aitor

2º ESO-D


37. Prainha Pedrozo

Kamille

3º ESO-C


38. Rodríguez Da Silva

Hugo

3º ESO-C


39. Rama Piñeiro

Lucas

3º ESO-C


40. Torre Castro

Roque

3º ESO-C


41. Iglesias Salgueiro

Diego

3º ESO-C


42. Serrano Rumbo

Jonathan

3º ESO-C


43. Bazán Paredes

Cecia

3º ESO-D


44. Guevara Silveira

José Miguel

4º ESO-C


45. Tosar Rodríguez

Roi

4º ESO-D


46. Copriva

Lavinia

4º ESO-E


47. Fernández Del Palacio

León

1º BAC-B


48. Duarte Prieto

Artai

1º BAC-B


49. Castro Angulo

Jordi Stewart

1º BAC-A


50. Seoane Vázquez

Pablo

1º BAC-A


51. Pais Rial

José Genaro

1º BAC-A


52. Morás Cabanas

Izan

1º BAC-A



18/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: FILOSOFÍA E COSMOS


Achegámosvos hoxe tamén o video da actividade preparada para a Semana Cultural polo Departamento de Filosofía co alumnado de 4ºESO, un concurso sobre a Filosofía e o Cosmos.

Video:


17/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: OS VIDEOS DAS ESCENIFICACIÓNS DOS PLANETAS


Volvemos a actividade da Semana Cultural que facía unha "Escenificación dos planetas" dende a mitoloxía-filosofía, incluíndo hoxe os videos.
Enlace á presentación AQUÍ.


Videos:


08/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: ESCENIFICACIÓN DOS PLANETAS


Rematando xa as múltiples actividades desta intensa Semana Cultural, no último día tivemos ao alumnado de 1ºBAC escenificando os planetas desde as referencias clásicas da filosofía e mitoloxía.
Enlace á presentación AQUÍ.



17/11/16

DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA


Hoxe conmemórase o Día Mundial da Filosofía. Europapress e a Cadena SER recopilaron algunhas das mellores frases de filósofos para que reflexionemos...

Pódedes acceder dende aquí ás recopiladas por Europapress: 

Aquí as recollidas pola Cadena SER (Acceder ao sitio: CadenaSER)

  • Penso, logo existo (Cogito, ergo sum)René Descartes.
  • Son o home vivo máis sabio, porque sei unha cousa, e é que non sei nada. Sócrates.
  • Homo Homini Lupus (O home é un lobo para o home). Orixinal do latino Plauto e popularizada por Thomas Hobbes
  • A relixión é o opio dos pobos. Karl Marx.
  • Un é dono do que cala e escravo do que fala. Sigmund Freud.
  • O sabio non di nunca todo o que pensa, pero sempre pensa todo o que di. Arístóteles.
  • A maior declaración de amor é a que non se fai; o home que sente moito, fala pouco. Platón.
  •  A medida do amor é amar sen medida. San Agustín.
  •  A vida é moi simple, pero insistimos en facela complicada. Confuccio.
  • O home é a medida de todas as cousas. Protágoras.

E a conclusión...


  • Non se pode decir nada tan absurdo como para que non se tivera dito por algún filósofoCicerón

05/05/16

VII SEMANA CULTURAL: A ODISEA e A MORTE DE SÓCRATES (Xoves 28-abril)

O xoves 28 de abril seguimos coas actividades no salón de actos, tocándolle o turno a unha lectura dramatizada de A Odisea e a unha breve dramatización de "A morte de Sócrates". Aquí tedes as imaxes, os vídeos e unha presentación.

VII SEMANA CULTURAL: "A ODISEA / A MORTE DE SÓCRATES" on PhotoPeach

A ODISEA







A MORTE DE SÓCRATES




02/05/16

VII SEMANAL CULTURAL: "A ESCOLA DE ATENAS" (Luns 25-abril)




 



Mostramos hoxe as fotos e o video da actividade realizada o pasado luns 25 de abril dentro da nosa VII Semana Cultural "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS". Foi a representación adicada á Escola de Atenas, representada polo alumnado do grupo 1ºBAC-A xunto coa súa profesora de Filosofía. Aquí una presentación:

VII SEMANA CULTURAL: "A ESCOLA DE ATENAS" on PhotoPeach

Aquí incluímos a obra pictórica orixinal do pintor italiano Rafael Sanzio, que o noso alumnado representaba "en vivo":

Aquí de novo a pintura coa anotación do nome de cada personaxe: (Según aparece na Wikipedia) 
A identidade dalgúns dos filósofos (como Platón ou Aristóteles) está clara, pero algúns estudiosos non coinciden noutros casos. Identifícanse xeralmente así:
1: Zenón de Citio ou Zenón de Elea – 2: Epicuro – 3: Federico II Gonzaga – 4: Boecio ou Anaximandro ou Empédocles – 5: Averroes – 6: Pitágoras– 7: Alcibíades ou Alejandro Magno – 8: Antístenes ou Jenofonte – 9: Hipatia (pintada como Margherita ou o mozo Francesco Maria della Rovere) – 10: Esquines ou Xenofonte – 11: Parménides – 12: Sócrates – 13: Heráclito (pintado como Miguel Ángel) – 14: Platón sostenendo o Timeo (pintado como Leonardo da Vinci) – 15: Aristóteles sostenendo a Ética – 16: Diógenes de Sinope – 17: Plotino – 18: Euclides ou Arquímedes xunto a un grupo de estudantes (pintado como Bramante) – 19: Estrabón ou Zoroastro? – 20: Claudio Ptolomeo – R: Apeles como Rafael – 21:Protógenes como O Sodoma
+ info


Video do acto no noso centro:


Versión inglesa desta entrada @ ClickOnEnglish (+ video sobre a obra pictórica con unha descripción detallada en inglés)

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER