Amosando publicacións coa etiqueta fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

12/03/25

Novidades lectoras

Estes días temos un montón de novidades lectoras na biblioteca do Dieste. Moita banda deseñada, moita novela ilustrada e moitas autoras que poden interesarvos:

Desde Emma de Jane Austen a A rateira de Agatha Christie, escritora inglesa das máis lidas do mundo e coñecida como a gran dama do misterio. Miss Marple e Hercules Poirot son dous dos grandes protagonistas das súas novelas policíacas.

O triángulo vermello é outra das novidades literarias deste mes. Trátase dunha biografía emocional de Mercedes Núñez, loitadora polas liberdades e supervivente do fascismo, a través da mirada inocente do seu fillo Pablo.

Ardentía 1854 conta unha viaxe no tempo que traslada a unha adolescente, Dolores, á Coruña do século XIX e aos tempos do cólera na cidade.

Anímaste a ler? Pasa pola biblioteca do IES Rafael Dieste para botar un ollo a estas novidades e máis ou entra en bibliodieste.com


16/10/24

Novas bibliotecas de aula

Para a Hora de ler, cada alumno ou alumna pode traer o seu libro para ler. De todas maneiras hai organizadas xa unhas pequenas bibliotecas de aula. Os libros están seleccionados por idades e son de temáticas e xéneros variados tendo en conta a diversidade no grupo.

O alumnado axudante de biblioteca (2 por aula) será o encargado de manter en orde e con mimo esta pequena biblioteca de aula. Queremos evitar que os libros estean tirados nun recuncho ou espallados por andeis sen ton nin son.

En cada aula estará colocado un cartel moi visual cunha cita sobre a importancia de ler. Estes forman parte desta campaña desde a Biblioteca para fomentar o gusto pola lectura, por un lado, e coidar os espazos e a Hora de Ler, por outro.

Mimemos estes espazos, que sexan bonitos e coidados polo alumnado!





14/10/24

Comeza a Hora de ler

A hora de ler ten como obxectivo principal fomentar o gusto pola lectura entre os rapaces e rapazas. Está dirixida a todos os cursos de ESO.

Cada día dedicamos 20 minutos dunha sesión á lectura. 

  • Na semana que comezou o 7 de outubro: 20 minutos na 1º sesión da mañá
  • Na semana que comeza o 14 de outubro: 20 minutos na 2ª sesión da mañá
  • Na semana que comeza o 21 de outubro: 20 minutos na 3ª sesión da mañá

E así ata a segunda semana de decembro na que faremos un parón por mor da proximidade da avaliación. Os calendarios están visibles en cada aula.

O alumnado axudante será o encargado de lembrar o horario cada día ou semana aos seus compañeiros e aos profes, por se nos esquecemos.

O docente pode decidir na súa clase como establecer a Hora de Ler: o comezo ou ao final da sesión, lectura individual en silencio, lectura en alto, dramatizacións etc.



07/05/24

23 de abril. Día Internacional do Libro


Para celebrar este día Departamento de Matemáticas organizou unha exposición de
lapbooks ou libros creativos. Alumnado de diversos grupos elaborou estas marabillas que aínda podemos admirar na cortina do instituto.




Por outra banda, a biblioteca pediu a participación do alumnado na campaña "Unha página, un caramelo por saborear".


Enchéronse taboleiros coas lecturas favoritas da xente do Rafael Dieste.








10/10/22

HORA DE LER 2022-23: HORARIOS TRIMESTRAIS


 Esta semana empezamos coa actividade de "HORA DE LER". Son 20 minutos diarios adicados a lectura nunha das sesións de clase, cambiando a hora da sesión cada semana correlativamente. Empézase á primeira hora da xornada na primeira semana e cambia á segunda, terceira... sesións consecutivamente ata chegar á sexta para volver a empezar de novo.
Achegamos tamén os horarios da actividade para cada un dos trimestres do curso.
Boa lectura a tod@s!







30/09/22

CONVOCATORIA CLUBES DE LECTURA 2022-23


 Durante esta derradeira semana abriuse a convocatoria para participar nos distintos clubes de lectura que se queren organizar este curso. No taboleiro do pasillo ata a Biblioteca estiveron colgados distintas listas para os diferentes clubes que se queren formar (ciencia ficción, manga, francés...). Tamén había listas de inscripción en cada unha das clases.

24/06/22

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN 2022




Como xa ven sendo habitual, dende a Biblioteca do "Rafael Dieste", despedimos o curso académico con unhas recomendacións de lectura para as vacacións de verán que agora comenzan. Sempre hai tempo para ler un bo libro.
Felices vacacións a tod@s! Vémonos en setembro.

02/05/22

'BOOKCROSSING' NO "RAFAEL DIESTE"


 No "RAFAEL DIESTE" practicamos o 'bookcrossing' ou 'intercambio de libros'. No patio central temos instalado este punto de intercambio de libros donde podemos darlles unha segunda oportunidade aos nosos libros traendo uns e levando outros que nos poidan interesar...

21/03/22

HORA DE LER 2021-22: HORARIO 3º TRIMESTRE


 A actividade da HORA DE LER no terceiro trimestre, comeza o LUNS 4 de abril NA SEGUNDA HORA durante toda esta primeira semana e continuará rotando as semanas seguintes: terceira hora, cuarta, etc... ata a última semana o 23 ao 27de maio.

Lembramos que a Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura en todas as aulas da ESO, cambiando sucesivamente a hora cada semana.


10/01/22

HORA DE LER 2021-22: HORARIO 2º TRIMESTRE

Dende a Biblioteca desexamos que tiverades unas boas vacacións. Empezamos o curso coa hora de ler 2. Van adxuntos o horario e as indicacións sobre como se organiza esta actividade. Bo ano. Saúdos.



 

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER