23/02/18

ALFABETIZACIÓN DE USUARIOS @ "ÁGORA"

Esta semana levamos a cabo a segunda parte das actividades de alfabetización de usuarios, organizadas polo Ágora para o alumnado de 1ºESO do noso centro.
A primeira parte foi aquí no instituto, como xa informamos AQUÍ.
A segunda parte, empezou esta semana y prolóngase á que ven, porque cada día un grupo de 1ºESO vai ao Ágora.
Nas primeiras sesións no instituto, explícanlles cómo funciona unha biblioteca e asígnanlles un tema para cada grupo. Nas segundas sesións no Ágora tiñan que buscar información sobre a materia asignada.
Esta semana foron os grupos 1ºESO A e B. A vindeira irán o C e o D.

Incluímos ligazóns á fotos nas páxinas do Ágora. 

- ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE" NO ÁGORA (flickr-Ágora)

E máis abaixo fotos do grupo de 1ºESO-B no día da súa visita o pasado martes 20 de febreiro.







Foto superior o grupo 1ºESO-A na sesión na nosa biblioteca a semana pasada.
Grupo 1ºESO-B:

22/02/18

EN MEMORIA DE FORGES


Hoxe erguémonos coa triste noticia da morte do dibuxante e humorista gráfico Forges, quen nos acompañou case diariamente durante 50 anos con viñetas que nos facían sonreir e reflexionar sobre o complicado da vida cotiá. Como el tamén tiña o mundo educativo nos seus pensamentos, con viñetas como a que incluímos, nós tamén queremos recordalo aquí. DEP, Forges.

20/02/18

ESTASE XA COCIÑANDO... A SEMANA CULTURAL 2018: "A GASTRONOMÍA"

Foto: Esnobgourmet.com
SEMANA CULTURAL 2018: A GASTRONOMÍA. 
Un adianto do que os distintos Departamentos didácticos están a traballar para a Semana Cultural de este curso.

SEMANA CULTURAL 2018: A GASTRONOMÍA
1. DEPARTAMENTO FRANCÉS
Powerpoints con “Recetas de comida francesa”
Hª das Guías Michelín
Concurso de pócimas de Asterix e Obelix
2. DEPARTAMENTO GALEGO:
Receitas gravadas en vídeo en casa e degustación no centro
Receitas tradicionais galegas (1º BAC)
3. DEPARTAMENTO DE HISTORIA:
Gastronomía dos distintos países do noso alumnado
4. DEPARTAMENTO DE CIENCIAS:
A túa microbiota dental e o que comes:
-Charla polos propios alumnos en 1º bacherelato: Que son as caries? e presentación do noso experimento: ¿Ten relación o que comes con a túa flora dental? 2 sesións ou unha calqueira día
-Exposición no patio interior do noso proxecto (Os rapaces de 1º de bacharelato, atenderán e explicarán durante os recreos).
5. DEPARTAMENTO DE CIENCIAS e DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA:
Pirámide de alimentos
Consultorio gastronómico
6. DEPARTAMENTO DE LINGUA
:Receitas de “El Quijote”
-Pócimas máxicas na Celestina
-La gastronomía en la sociedad y en la literatura de los Siglos de Oro
7.  DEPARTAMENTO DE INGLÉS:
Receitas en inglés. Léxico culinario e gravacións en vídeo de receitas.
Brunch en 1º de ESO
English tea literario en 2º de ESO
8. DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA:
A importancia da alimentación na economía
9. DEPARTAMENTO DE LATÍN:
As receitas de Apicio
10. DEPARTAMENTO DE MÚSICA:
O banquete de Trimalción
As pirámides alimentarias musicais
Banquetes musicais ao longo da Historia
Cancións culinarias
Música e gastronomía: raíces e cultura tradicional
11. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
A alimentación saudable. Exposición en mural dos mellores traballos de 1º, 3º e 4º ESO.
12. DEPARTAMENTO DE DEBUXO
Pendente de definir
13. DEPARTAMENTO DE GREGO:
A gastronomía grega antiga e moderna: historia e receitas (stand gastronómico)
Léxico e consultorio gastronómico (Fundamentos de 1º de Bach)
14. DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA
A química na gastronomía.
15. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
Gymkana gastronómica
16. DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Conservación de alimentos

Técnicas de procesado e elaboración

17. DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

A gastronomía dende un punto de vista ético e antropolóxico. Presentado nun video de 15 minutos máximo: Sete preguntas e as súas respostas posibles. (4º A,B,C)



18/02/18

MÁIS AVENTURAS GREGAS: PARABÉNS AOS NOSOS MOZOS A FAVOR DA IGUALDADE!

Queremos deixar constancia dun xesto de solidariedade dos mozos, que veñen de estar en Grecia, coas súas compañeiras de viaxe, no momento da súa visita ao Mosteiro de Meteora. A protesta surxiu ao obrigalas a poñer unha falda enriba da roupa que levaban posta para poder entrar no mosteiro. Eles solidarizáronse, poñéndose unha falda tamén. Fixeronllas quitar, pero temos a foto como xesto simbólico a favor da igualdade das súas compañeiras.


Os nosos mozos "con faldas" en Meteora solidarizándose coas súas compañeiras de viaxe.

16/02/18

VIAXE A GRECIA 2018

Atenas vista dende a Acrópole
Vista nocturna da Acrópole

Aproveitando os días festivos do Entroido, os Departamentos de Grego e Latín do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" en colaboración con outros centros escolares da cidade, organizan unha viaxe cultural a Grecia, visitando os seus lugares de interés histórico. Aquí tedes fotos enviadas polos participantes na viaxe. As profesoras son membros do equipo da Biblioteca.


Epidauro

As Cariátides orixinais no museo da Acrópole
Porta dos Leóns en Micenas
O grupo na Igrexia Bizantina de Atenas
Filipeion (Olimpia)
No museo de Epidauro
O grupo cenando en Atenas


15/02/18

ALFABETIZACIÓN E FORMACIÓN DE USUARIOS @ 'BIBLIODIESTE'


Durante este mes de febreiro e en colaboración coa Biblioteca Municipal do Ágora, imos ter sesións de ALFABETIZACIÓN E FORMACIÓN DE USUARIOS para todo o alumnado de 1ºESO, divididas en dúas partes: a primeira na nosa propia biblioteca e a segunda cunha visita ao Ágora. Empezamos mañá venres.


Estas sesións serán seguindo o seguinte calendario:
- NOS VISITAN AS BIBLIOTECARIAS DO 'ÁGORA':
VENRES 16-FEB:
9:20h - 1ºESO-A
10:30h: 1ºESO-B
11:20h: 1ºESO-C
12:30h: 1ºESO-D
- VISITAMOS O 'ÁGORA':
LUNS 19-FEB: 
10:30h a 12:10h: 1ºESO-A
MARTES 20-FEB:
10:30h a 12:10h: 1ºESO-B
LUNS 26-FEB: 
10:30h a 12:10h: 1ºESO-C
MARTES 27-FEB:
10:30h a 12:10h: 1ºESO-B

Fotos das súa sesións no instituto co grupo 1ºESO-A:

14/02/18

"FEMENINO PLURAL", AS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA: A EXPO

Durante a pasada semana do 5 ao 9 de Febreiro, o Departamento de Ciencias Naturais adicou unha semana a conmemorar o 11 de febreiro: Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.
Con este motivo houbo charlas, xogos, visionado de películas e actividades de divulgación preparadas polo alumnado coa muller na ciencia como protagonista. Toda a información AQUÍ.
Entre estas actividades estaba tamén a exposición preparada polo alumnado de ciencias que ofrecía folletos informativos de mulleres que tiveron un papel importante na disciplina científica e unha mostra de libros sobre o tema.
Esta exposición tivo lugar na nosa biblioteca. E estas fotos son a mostra.







02/02/18

AMOR 2018


Todos sabemos que o 14 DE FEBREIRO é SAN VALENTÍN e celebramos o DÍA DOS NAMORADOS.

Somos conscientes de que esa data é un reclamo comercial, con clara finalidade consumista, pero tamén sabemos o importante que é o AMOR na vida dunha persoa, e que esta data do amor hai que celebrala TODOS OS DÍAS.

Para darlle visibilidade a un sentimento que debemos cultivar, propoñemos dende a Biblioteca a seguinte actividade:

Queremos encher o patio interior do Instituto con definicións orixinais, ou frases breves sobre o amor. As expoñeremos en paneis e poderedes participar da seguinte maneira:

- Participantes: todo o alumnado do instituto.
- Presentación: nunha cuartilla (medio folio), figurando, na parte posterior, o nome e o curso do alumno/a.
- Traballo a realizar: hai que escribir unha definición orixinal ou frase breve sobre o amor. Pode estar escrita en calquera dos catro idiomas maioritarios que estudiamos no instituto: Castellano, Français, Galego ou English. (Alumnado de Grego e Latín, tamén poden participar con estes idiomas).
- Prazo de entrega: entre o 5 e o 19 de febreiro.
- Forma de entrega: entregaranse aos titores, que as farán chegar ás profesoras encargadas da biblioteca: Sarah ou Mercedes.

VEÑA, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

01/02/18

OS 'LIBROS VIVINTES-2018' (2ª edición - 2ª parte)


Como anunciamos previamente, estamos levando a cabo este curso a segunda edición dos 'Libros Vivintes' en colaboración coa Biblioteca Municipal do Ágora. A primeira parte celebrouse na nosa biblioteca o pasado 12 de xaneiro, como xa informamos aquí
Dos encontros da segunda parte da actividade, os pasados martes 23 e 30 de xaneiro, incluímos hoxe fotos e enlaces á páxina Flickr do Ágora, máis abaixo.
Nestas segundas sesións no Ágora, o alumnado dos grupos encontrouse cos protagonistas das historias escollidas:



Raquel Santamaría 



Marta Cámara 




Piero Piga



+ fotos:
- As fotos no Flickr do ÁGORA.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER