23/03/12

MOCHILAS VIAXEIRAS

Levamos tempo querendo atopar un oco entre tanta actividade para planificar a primeira mochila viaxeira. E ¡por fin chegou o día! Que qué é unha mochila viaxeira? Pois iso, unha mochila que viaxa, que vai de casa en casa dos alumnos, cun tempo máximo de quince días por alumno e casa.
Dentro da mochila poñemos material variado: libros, cómics, revistas, música e películas. Todo para podelo disfrutar en familia.
Como queremos e necesitamos saber a opinión das familias, a mochila levará tamén un caderno no que queremos que anotedes todo o que vos suxira esta actividade. Necesitamos das vosas suxerencias para que este proxecto que comeza agora poida medrar e cumplir o seu verdadeiro obxectivo:
que compartades en familia un material que a biblioteca do Instituto pon a vosa disposición.
Mirade esta presentación que vos preparamos como información inicial.

QUINCENA DAS BIOGRAFÍAS

Sabes quén é Schliemann ou Darwin?
Interésache coñecer a vida de Alexandre Magno ou Che Guevara?
Es dos que queren saber máis sobre personaxes famosos como Michael Jackson ou os Beatles?
Ou prefires ler sobre mulleres que "fixeron historia"?
En calquera destes casos, do 19 ao 30 de marzo atoparás na biblioteca libros, cómics, películas sobre personaxes famosos na QUINCENA DAS BIOGRAFÍAS.
Aqui deixámovos un anticipo, a biografía de mulleres de diferentes lugares do mundo, que recopilaron no IES de Ponteceso co motivo do día da muller traballadora. 


21/03/12

A POESÍA, O GRAN MILAGRE DO MUNDO!


Hoxe 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Con este motivo, atoparedes na biblioteca unha cesta con libros de poemas para ler ou levar en préstamo. Aqui queremos deixarvos algunhas frases que personaxes famosos pronunciaron sobre a poesía, e -como non!- un poema, ademáis deste enlace, que vos proporcionará un sinfin de actividades e proxectos sobre a poesía que poden ser de utilidade para as clases.

A poesía é o gran milagre do mundo!. Luís Pimentel
No digáis que, agotado su tesoro, de asuntos falta, enmudeció la lira: podrá no haber poetas pero siempre habrá poesía. Gustavo Adolfo Bécquer
La poesía es el eco de la melodía del universo en el corazón de los humanos. Rabindranath Tagore
En la poesía hay más verdad que en la historia. Aristóteles
Poesía es la unión de dos palabras que uno nunca supuso que pudieran juntarse, y que forman algo así como un misterio. Federico García Lorca
La poesía es un arma cargada de futuro. Gabriel Celaya
A poesía é unha fogueira, queimémonos nela!. Celso Emilo Ferreiro






Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmando,
como un pulso que golpea las tinieblas,
cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.
Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.
Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a si mismo.
Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.
Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.
Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.
Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.
Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica, qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.
Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.
No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.
Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos.

Gabriel Celaya

19/03/12

BICENTENARIO DE "LA PEPA"


O 19 de marzo de 1812 as Cortes Generales de España promulgaron en Cádiz a PRIMEIRA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA, coñecida popularmente como "A Pepa" porque foi promulgada o día de San Xosé. Esta constitución aprobou o sufraxio universal masculino indirecto, a soberanía nacional, a monarquía constitucional, a separación de poderes, a liberdade de imprenta, acordaba o reparto de terras e a liberdade de industria.
Para SABER MÁIS sobre este tema botade unha ollada a esta estupenda presentación elaborada polo IES Fernando Esquío.



ou a esta outra preparada polo IES de Sampaio a quen lles agradecemos como sempre a súa xenerosidade.

12/03/12

CERTAME DE POESÍA

Se che gusta a poesía, se algunha vez escribiches ou pensaches escribir algún poema, anímate e participa no VI certame de poesía "Xosé Barral" destinado a alumnos de ESO e BACHARELATO.

08/03/12

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe xoves 8 de marzo celébrase o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Con este motivo, traemos aqui esta presentación feita polo IES de San Paio, a quen lle agradecemos moitísimo a amplia información sobre un tema tan interesante, MULLER E CINE. Terémola moi en conta á hora das novas adquisicións de DVDs para este curso.

05/03/12

DECÁLOGO

Hai uns días caeu nas nosas mans este decálogo que hoxe queremos compartir con todos os que ledes arquivos. Estamos de acordo en que é así de sinxelo, tal como di o slogan: "Se ti les, eles tamén len". Se de verdade nos gusta ler ou visitar museos, a eles tamén lles gustará. Pero para iso hai que practicar co exemplo.


DECÁLOGO PARA UNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA

1. ANIMA á lectura incluso antes de que o neno-a aprenda a ler.

2. CONTA contos aos nenos e nenas, recítalles rimas e poesías en voz alta.

3. LE libros, periódicos, revistas... para dar exemplo.

4. ACOMPAÑA aos teus fillos-as a visitar exposicións, asiste a funcións de títeres, teatro e outros espectáculos culturais.

5. COMPARTE e comenta as lecturas.

6. DESFRUTA acompañando os teus fillos- as a lugares onde hai libros: librerías, bibliotecas... Anímaos a acudir a biblioteca do colexio e do pobo.

7. COIDA a biblioteca familiar e dedica un espazo para os libros.

8. APRECIA e le con eles as publicacións que se fagan no colexio.

9. LEMBRA que a compra dun libro non é nada excepcional e que en datas sinaladas, non deben de faltar. Considera o prezo dun libro como parte da inversión na educación dos teus fillos-as.

10. VALORA ademais da lectura a importancia de compartir programas de TV, películas, xogos ...Non te obsesiones con que lean por riba de todas as cousas.

02/03/12

ACTIVIDADES SEMANA CULTURAL

O pasado mércores 29 de febreiro celebrouse unha reunión da CCP na que quedaron expostas as actividades que queremos facer na semana cultural sobre os Xogos Olímpicos. Aínda que seguro que haberá cambios de última hora, o programa quedou establecido como segue:
-Os días previos (a partir do 15 de abril) traslado da antorcha que farán en Tecnoloxía, de clase en clase.

-30 de abril:
    .Desfile inaugural de todos os participantes ao redor do perímetro do Instituto, cunha indumentaria adecuada, bandeiras, etc
    .Inauguración dos Xogos coa chegada  da antorcha, o encendido do pebetero e unha breve exhibición rítmica (2º recreo)

-2-3-4 de maio NO PATIO INTERIOR [ESTADIO] diferentes probas deportivas nos recreos: halterofilia, judo, ximnasia rítmica (aro, corda, cintas…)individual e colectiva, voleibol, salto de altura, salto de lonxitude…organizadas polo Departamento de Educación Física.
     • Decoración do patio con todos os carteis olímpicos desde Atenas 1896 ata Londres 2012.
     • Exposición dos pictogramas dos diferentes Deportes Olímpicos, en dúas versións: copia dos orixinais e creación de pictogramas inventados polos nosos alumnos nas materias de Debuxo e Informática.

     .Concurso on-line organizado por biblioteca cos pictogramas.
     .Clausura dos Xogos
NA BIBLIOTECA [PALESTRA]
    • Decoración con obras de arte representativas do deporte/ e ou coas mascotas dos distintos xogos olímpicos.

    • Concurso ou xogo sobre arte e deporte.

    • Presentación da “Historia dos Xogos Olímpicos” desde o ano 776 a.C ata o 2012 d.C. con varios pases para que a poidan ver todos os grupos.


    • Demostración  matemática dunha parábola
    .Lectura de textos literarios que teñan como tema o deporte.
NOUTROS LUGARES DO CENTRO:
    +exposición bibliográfica  e de vídeos co tema do deporte como fondo.
    +conferencia dun exdeportista olímpico no salón de actos.
    +proxección de películas sobre o tema.

Estas actividades están sendo preparadas polos alumnos coa colaboración dos Departamentos de Tecnoloxía, Debuxo, Educación Física, Lingua Galega, Matemáticas, Lingua Española, Música, Grego...Grazas a todos e ...A TRABALLAR, que faltan escasamente dous meses.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER