Amosando publicacións coa etiqueta amor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta amor. Amosar todas as publicacións

14/02/19

AMOR POLÍGLOTA


No 14-F, día da celebración do amor, o recordatorio de que se pode amar en distintos idiomas. O mapa mostra como se pode decir que se quere nos diferentes idiomas europeos.

Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

01/03/18

"FALANDO DO AMOR...", A EXPO

A actividade 
'AMOR 2018' 
que organizamos dende Bibliodieste
como xa avanzamos aquí, rematou en forma da exposición que tiñamos prometido  coas definicións orixinais e frases breves sobre o amor.
Incluímos as fotos da exposición e de como foi recibido.










02/02/18

AMOR 2018


Todos sabemos que o 14 DE FEBREIRO é SAN VALENTÍN e celebramos o DÍA DOS NAMORADOS.

Somos conscientes de que esa data é un reclamo comercial, con clara finalidade consumista, pero tamén sabemos o importante que é o AMOR na vida dunha persoa, e que esta data do amor hai que celebrala TODOS OS DÍAS.

Para darlle visibilidade a un sentimento que debemos cultivar, propoñemos dende a Biblioteca a seguinte actividade:

Queremos encher o patio interior do Instituto con definicións orixinais, ou frases breves sobre o amor. As expoñeremos en paneis e poderedes participar da seguinte maneira:

- Participantes: todo o alumnado do instituto.
- Presentación: nunha cuartilla (medio folio), figurando, na parte posterior, o nome e o curso do alumno/a.
- Traballo a realizar: hai que escribir unha definición orixinal ou frase breve sobre o amor. Pode estar escrita en calquera dos catro idiomas maioritarios que estudiamos no instituto: Castellano, Français, Galego ou English. (Alumnado de Grego e Latín, tamén poden participar con estes idiomas).
- Prazo de entrega: entre o 5 e o 19 de febreiro.
- Forma de entrega: entregaranse aos titores, que as farán chegar ás profesoras encargadas da biblioteca: Sarah ou Mercedes.

VEÑA, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

21/03/17

"O AMOR NO DÍA A DÍA", FOTO GAÑADORA


Publicamos a foto gañadora do concurso fotográfico que organizamos para o Día de San Valentín deste ano. Esta é a foto da alumna Naiara Manteiga (1ºESO-A). Noraboa!

14/02/17

SAN VALENTÍN 2017



Un ano máis chega o San Valentín ás nosas vidas, pero non todo o amor ten por qué ser romántico... o amor está presente nun sinfín de actos e detalles da nosa vida cotiá, só tendes que vos fixar un pouco e sacarlle unha foto.
Este curso o equipo de dinamización da biblioteca organiza un concurso fotográfico co tema:
"o amor no día a día"

Tendes ata hoxe 14 de febreiro para entregar na biblioteca as vosas fotos. Se queredes podésdelle poñer un título.
A mellor foto terá un pequeno agasallo.

Incluímos fotos da exposición de libros e películas de temática romántica que fixemos na biblioteca:

15/02/16

SEMANA DO AMOR 2016



Aínda andamos votando a mellor frase da paz e xa estamos metidos na semana do amor. Este curso seguimos coa actividade que tanto éxito tivo o ano pasado, os tuits e whatsapps de amor. Engadimos unha novidade, o tema do desamor. Para +info enlace anterior aquí. 


Seguimos coa selección de textos de temática amorosa con enlaces musicais preparada o curso pasado, para que todo o que queira atope neles esas palabras que quixéramos dicir e non nos saen, esas palabras que os poetas xa inventaron por nós e para nós. Esta selección de textos de amor enviarémola a todo o profesorado por correo e poñeremos unha copia en papel enriba da mesa da sala de profesores. A finalidade é que teñamos material suficiente para ler estes días nas aulas. Esperamos que vos gusten. 
OMNIA VINCIT AMOR (Virxilio dixit)
Ao longo da semana obsequiaremos a todos os usuarios da biblioteca cun poema.

Ademais publicamos esta excelente selección de textos amorosos de Manuel María, autor ao que lle está dedicado o Día das Letras galegas deste ano, preparada polo IES Sampaio.

01/02/16

SAN VALENTÍN 2016: CONCURSO "TUITS E WHATSAPPS DE NAMORADOS"


De novo, como cada ano, chegado febreiro celebraremos a festa dos namorados arredor do 14 de febreiro, Día de San Valentín. Volvemos un ano máis co concurso, que tanto éxito tivo o ano pasado, dos tuits ou whatsapps de amor e este ano engadimos unha novidades, o tema do desamor*. (*Este ano introducimos a variante de tuits de desamor, para poder amosar e denunciar a problemática sobre abuso e violencia de xénero)

Concurso de tuits/whatsapps de amor

1-Pode participar calquera membro da comunidade educativa
2-O prazo do concurso será do 1 ao 18 de febreiro
Para participar
1-Accede ao cuestionario e identifícate co nome e apelidos e o curso.
2-Escribe a túa mensaxe que non pode pasar de 140 caracteres e terá que ser orixinal, e dalle a enviar.
3-A mensaxe poderá estar escrita en calquera lingua que se imparta no instituto (Galego, castelán, inglés, francés, latín, grego...)
4-Pode ir dirixida a calquera tipo de amor: parella, amigo, familia, etc
5-O xurado estará formado polo equipo de biblioteca
6-O premio será fallado o 22 de febreiro publicarase no blog Arquivos do Trasno
7- Os participantes autorizan á publicación dos tuits no taboleiro e no  blog da biblio.

Estade atentos a unha nova entrada. (AQUÍ)

11/02/15

SEMANA DO AMOR

Saímos da semana da paz e xa estamos metidos na do amor. Este curso seguimos coa actividade que tanto éxito tivo o ano pasado, os tuits de amor. Engadimos unha novidade, podedes enviar tamén whatsapps


Seleccionamos tamén textos de temática amorosa, algúns cun enlace musical, para que todo o que queira atope neles esas palabras que quixéramos dicir e non nos saen, esas palabras que os poetas xa inventaron por nós e para nós. Esta selección de textos de amor enviarémola a todo o profesorado por correo e poñeremos unha copia en papel enriba da mesa da sala de profesores. A finalidade é que teñamos material suficiente para ler estes días nas aulas. Esperamos que vos gusten. 
OMNIA VINCIT AMOR (Virxilio dixit)

Mañá venres obsequiaremos a todos os usuarios da biblioteca cun poema.
Enlace: A HISTORIA DE SAN VALENTIN e moito + EN INGLÉS ClickOnEnglish

26/02/14

ENTREGA DE PREMIOS

Este mércores tivo lugar na biblioteca a entrega de premios do concurso de tuits de amor. Para que compartamos todos este momento, aqui están as fotos e os tuits gañadores:

Sara de 2ºBac.B
Guzmán de S2ºD


















Marta e Alba de S3ºA
Marta e Alba de S3ºA

mellor tuit en galego: ALBA GUERREIRO de S3ºA


Estou tan namorado de ti 
como se volcasen unha lata de gasolina 
no meu interior e lle prendesen lume.

mellor tuit en castelánGUZMÁN SESSA de S2ºD


El amor es una odisea,
un viaje inesperado,
que no siempre acaba bien
                                       pero que merece la pena emprender

mellor tuit en inglés: MARTA RODRÍGUEZ de S3ºA


The one that loves us never truly leave us. 
You can always find them in your heart.

mellor tuit en grego: SARA CASAL de 2º de Bac. B

Θανόντος τοῦ Ἔρωτος, 
ὁ βίος τελευτᾷ.
[Morto Eros, a vida termina]

Os tutis están expostos desde o día 14 á entrada da biblioteca. Houbo bastantes máis pero foron descalificados por ter máis de 140 caracteres. Noraboa a todos os que participastes

16/02/14

Actos da paz e do amor 2014

Éstas son as presentacións que podedes ver dos actos levados a cabo con motivo da celebración do DÍA DA PAZ e do DÍA DO AMOR, coordinados pola biblioteca. 


06/02/14

SEMANA DO AMOR (S. VALENTÍN 2014)


Concurso de tuits de amor

1-Pode participar calquera membro da comunidade educativa
2-O prazo do concurso será do 10 ao 14 de febreiro
Para participar
1-Accede ao cuestionario e identifícate co nome e apelidos e o curso.
2-Escribe a túa mensaxe que non pode pasar de 140 caracteres e terá que ser orixinal, e dalle a enviar.
3-A mensaxe poderá estar escrita en calquera lingua
4-Pode ir dirixida a calquera tipo de amor: parella, amigo, familia, etc
5-O xurado estará formado polo equipo de biblioteca
6-O premio será fallado o luns 17 de febreiro e publicarase no blog arquivos do trasno
7- Os participantes autorizan á publicación dos tuits no taboleiro e no  blog da biblio

Lectura de textos de amor

Repartir un caderniño cunha selección de textos de amor en cada clase
Ler en voz alta os textos
Votar polo que máis guste en cada aula
O delegado entregará aos profesores do equipo de biblioteca o resultado da votación
Os textos gañadores publicaranse no blog o luns 17 de febreiro

14/02/13

OUTRO 14 DE FEBREIRO


Hoxe é 14 de febreiro, un ano maís, o día de San Valentín, Día dos Namorados. Por se tedes un/ha namorad@ estranxeir@, aquí tedes un enlace para saber como se di QUÉROTE en moitos outros idiomas.

Máis sobre San Valentín en inglés en ClickOnEnglish.

10/02/12

CHEGA O AMOR

O martes que vén xa é 14 de febreiro. Desde a biblioteca propoñemos celebrar o amor lendo en cada aula un poema de temática amorosa, todos á mesma hora. QUE VOS PARECE?
O luns repartiremos os poemas aos profesores que teñan clase o martes a 2ª hora. Naturalmente pódense ler outros poemas ou textos que elixades vós. O importante é que no Rafael Dieste TODOS LEAMOS UN POEMA AMOROSO O MARTES ÁS 9.20. Posteriormente, e ao longo da semana, os vinte poemas (hai 20 grupos) serán expostos á entrada da biblioteca para que todos poidamos lelos.
Ademais atoparedes unha selección de libros e películas de amor, que expoñeremos na biblioteca no expositor da columna. E nos recreos do martes haberá "mitos de amor" na biblioteca.
E para ir facendo boca, aquí vos deixamos este poema


Tus ojos me recuerdan
las noches de verano,
negras noches sin luna,
orilla al mar salado,
y el chispear de estrellas
del cielo negro y bajo.
Tus ojos me recuerdan
las noches de verano.
Y tu morena carne,
los trigos requemados,
y el suspirar de fuego
de los maduros campos.
...
De tu morena gracia
de tu soñar gitano,
de tu mirar de sombra
quiero llenar mi vaso.
Me embriagaré una noche
de cielo negro y bajo,
para cantar contigo,
orilla al mar salado,
una canción que deje
cenizas en los labios...
De tu mirar de sombra
quiero llenar mi vaso.

Inventario galante, ANTONIO MACHADO


E un mito de amor




E unha canción


15/02/11

MARTES POÉTICOS



TROPEZO
Caín, amor, dentro de ti,
tropecei con non sei qué
e manqueime non sei ónde,
nalgún lugar moi adentro, pero
do que non sae nin un só lamento,
e onde se confunde a dor
co silencio máis denso
e magmático.

Agora sei que alí non vale despistarse
e que as máis duras batallas
nunca son estrondosas.

Tropezo forma parte do poemario Poesía inútil de Alex Susanna que, como di Ángel Guinda, o seu tradutor ao castelán, é un diario: "La narración entrañable, en voz baja, de un agudo saber acerca del mundo interior y cotidiano de nuestro poeta: los enigmas de su realidad, sus claves ocultas y emergentes, la música de sus sentidos."

Ou en palabras de J. L. García Martín:
"Àlex Susanna, en este su último libro, realiza esa difícil hazaña de convertir en poesía la cotidianidad del hombre adulto: trabajo y familia, sin utopías, sin grandes sueños, inventada ya una identidad, conseguido un lugar en el mundo, todavía lejos del ensayo de una despedida que es la vejez."

11/02/11

SE TE QUERES, REGÁLATE UN LIBRO

Algunha suxestión ben atractiva podería ser:

Amor en juego,
un fermoso album ilustrado de Elena Ferrándiz editado por Thulé que recolle unha morea de xogos utilizados polos namorados dende hai centos de anos. Os xogos aparecen divididos en cinco grupos dependendo do momento no que se atope cada parella: namoramento, conquista, emparellados, desiguais e solitarios. E ten unhas ilustracións extraordinarias.

Ou Los amantes mariposa de Benjamin Lacombe, unha adaptación dunha lenda popular china sobre o tráxico romance de dous namorados, Naoko e Kamo.
Naoko é unha rapaza de catorce anos que seu pai manda á cidade para ser educada convenientemente coa finalidade de conseguir un bo marido, pero cando chega á cidade disfrázase de rapaz para poder estudar literatura, que é o que a ela lle gusta. O problema surxe cando coñece a Kamo, o seu compañeiro de estudos, co que inicia unha historia de amor de tráxico final.
Tamén neste álbum as ilustracións, feitas polo propio Benjamin Lacombe, son fermosísimas.

08/02/11

O CORAZÓN PARTIDO

Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro?

Aquí tedes a menciña
Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindicacións de ningún tipo

02/02/11

CERTAME DE CARTAS DE AMOR


Tedes por todo o instituto as bases do

CERTAME DE CARTAS DE AMOR

En canto as teñades, vídeas botar ao
buzón da biblioteca
para que cheguen canto antes ao seu destino.

O prazo de entrega remata o 12 de febreiro.

01/03/10

FINALISTAS DO CERTAME DE CARTAS DE AMOR

Por fin saen os finalistas do Certame de Cartas de Amor. Despois de moito meditar o xurado decidiu elixir as cartas que vedes aquí, aínda que hai que dicir que a maioría das cartas presentadas merecían un premio.
Noraboa a todos os participantes.

12/02/10

POR TODAS PARTES VOA AMOR...

Durante esta semana tivemos na biblioteca unha exposición de libros de temática amorosa e aproveitamos os recreos para proxectar videos con cancións de amor.

Ademais, os rapaces de 1º da ESO fixeron coa profesora de debuxo uns preciosos corazóns de origami, portadores de poemas de amor, cos que agasallamos a todos os que se achegaron hoxe pola biblioteca. Aquí os tedes traballando moi concentrados:
Amor na biblioteca on PhotoPeach

10/02/10

UN MITO DE AMOR

Aqui tedes este mito para celebrar o Día dos Namorados. Trátase da historia de amor de ORFEO e EURÍDICE. Acaso hai maior proba de amor que baixar ao Hades a buscar á amada morta?

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER