Todas as publicacións sobre o Peche Escolar

XI SEMANA CULTURAL 2020: "O MAR"

XI SEMANA CULTURAL 2020: "O MAR"

21/12/19

INAUGURAMOS "RADIOFIESTRA": O PRIMEIRO PROGRAMA, UNA ENTREVISTA A PILAR PALLARÉS


O pasado xoves inauguramos as emisións de "RADIOFIESTRA" cunha convidada moi especial. Aproveitando o acto de homenaxe á Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019, no noso instituto fixémoslle unha entrevista na nosa nova emisora.


A partir de agora, poderes acceder aos programas de "RadioFiestra" na ligazón que teremos na columna dereita deste blogue picando neste icono:


19/12/19

GALERÍA DE FOTOS DA HOMENAXE A PILAR PALLARÉS EN DETALLE

Máis fotos do acto de homenaxe a Pilar Pallarés celebrado hoxe no noso instituto que completa a entrada previa.

A prensa local recolle o evento en "La Opinión de A Coruña": 


Alumnado recita diferentes poemas de Pilar:









O profesor de Francés do noso centro Carlos Lens, foi alumno de Pilar Pallarés no instituto de Zalaeta, e quixo recordar a súa experiencia con ela sendo a súa profesora de lingua e literatura galegas en 3ºBUP, con moito cariño e admiración.




























Profesorado que tamén recita as súas poesías:


O tamén ex-profesor de galego César Morán interpreta cantando unha poesía de Pilar:


Entrega de agasallos e agradecementos:


Pilar firma no noso libro de ilustres autores visitantes:

Pilar Pallarés foi a nosa primeira invitada no estreno de "Radiofiestra", a nosa 'Radio na Biblio':

PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019, DE VISITA HOXE NO 'RAFAEL DIESTE'


A coordinadora de Biblioteca Matilde de  Cal na presentación do acto de homenaxe.

Pilar Pallarés entre os profesores de galego César Morán (esquerda) e o Xefe de Departamento de Galego do noso centro Eloi Rodríguez (dereita).


Hoxe, dentro das homenaxes que cada curso facemos dende a nosa biblioteca a distintos autores galegos, recibimos á Premio Nacional de Poesía 2019, PILAR PALLARÉS. Veciña da nosa cidade e que tamén foi profesora de instituto.

Alumnado de 4ºESO, 1º e 2ºBAC acudirán ao salón de actos para escoitar unha presentación sobre esta autora e o recitado de poesías por parte dalgún alumnado, e tamén a interpretación cantada dalgún poema seu por parte de César Morán. E por último, a propia Pilar falará para todos nos.

É a primeira vez que recibimos en vivo á persoa que homenaxeamos e doblemente nun ano no que foi premiada con tan importante galardón. 

Pasapalabra sobre Pilar Pallarés: 

15/12/19

A NOSA RADIO XA TEN NOME: "RADIOFIESTRA"


Xa temos nome para a nosa radio: 

"RADIOFIESTRA"

De todas as suxestións que recibimos, está é a selecionada. O seu autor, SERGIO POUSADA, de 1º de Bacharelato C lémbranos coa súa  proposta que unha das principais obras do escritor Rafael Dieste titulase "A Fiestra Valdeira".

Grazas a todos e todas pola participación!

05/12/19

XI SEMANA CULTURAL 2020: O MAR


Este curso o tema para a nosa decimo primeira Semana Cultural é:

O MAR

Un tema moi amplo no que podemos traballar, estamos abertos ás vosas suxestións...

A semana cultural será este curso entre o 30 de marzo e o 3 de abril.

Video "MAREAS VIVAS", Mercedes Peón:


ETIQUETAS

a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER