30/01/19

"GIRASOLES" PARA O DÍA DA PAZ 2019


Como anunciamos, os carteis xa colgan no patio central recordando que hoxe é o Día da Paz. Nas portas das aulas hai un cartel alusivo á Paz, o mesmo que en grande expuxémos nun caballete na porta da bibliteca. Tamén expuxemos carteis con citas de personalidades relacionadas co tema. E soarán no recreo cancións sobre o tema. Pero ademáis hoxe engadimos outra canción á colección.


Queremos marcar, coma sempre, o DÍA DA PAZ cunha canción. Este ano eleximos "GIRASOLES" de Rozalén, un canto á bondade recordando que "o mundo está cheo de mulleres boas e de homes bos" e que a autora dedica "aos valentes que levan por bandeira a verdade, a quen son capaces de sentirse na pel dos demáis". 
A canción transmite empatía, solidariedade, sinceridade, sensibilidade e PAZ.
Ademáis o ano pasado convertiuse en todo un símbolo de bondade frente á inxusticia e a crueldade a raíz do terrible desenlace do caso do neno Gabriel Cruz. Era á súa canción favorita. Unha canción en contra do odio.

"GIRASOLES"
Era necesario respirar para mirar alrededor 
Paseo por La Habana y un café frente al Malecón-cón-cón-cón
Comienzan los recuerdos las espinas afloran en mi interior 
Todo lo que no se atiende tarde o temprano reaparece
Pero nos miramos, vaya año pasamos 
A ver si remontamos 
Sin dedicarle más tiempo 
Y el mundo está lleno de mujeres y hombres buenos
Así que le canto a los valientes 
Que llevan por bandera la verdad 
A quienes son capaces de sentirse en la piel de los demás 
Los que no participan de las injusticias 
No miran a otro lado 
Los que no se acomodan 
Los que riegan simpre su raiz
A ti, mi compañero que me tiendes la mano 
Que es tu corazón bondad 
Me estudias con curiosidad 
Me miras con respeto 
Y besas con cariño cada parte de mi cuerpo
Tienes en los ojos girasoles 
Y cuando me miras soy la estrella que más brilla 
Cuando ríes se ilumina todo el techo 
Ya duermo tranquila, siento tanta calma adentro 
Y tienes en los ojos girasoles 
Y cuando me miras soy la estrella que más brilla 
Cuando ríes se ilumina todo el techo 
Ya duermo tranquila, siento tanta calma adentro
Es necesario revivir para poder saborear 
Encajo las ideas, reflexión para mejorar 
Antes de un gran impulso doy un paso pequeñito para atrás
Todo lo que no atendí 
Vuelve siempre a resurgir
Pero sonreímos 
Vaya si vivimos 
Todo lo que aprendimos 
No le dedicaré más tiempo pues el mundo está lleno de mujeres y hombres buenos
Así que le canto a los coherentes 
A los humildes que buscan la paz 
A los seres sensibles que cuidan de otros seres y saben amar 
A todos los que luchan por nuestros derechos 
Miran a todo hombre igual 
A quienes no me juzguen 
Y a quienes estén dispuestos a compartir
A ti mi compañero que tienes alma pura 
Que es tu corazón bondad 
Respetas mi espacio vital 
Me escuchas bien atento 
Y besas con cariño cada parte de mi cuerpo
Tienes en los ojos girasoles 
Y cuando me miras soy la estrella que más brilla 
Cuando ríes se ilumina todo el techo 
Ya duermo tranquila, siento tanta calma adentro 
Y tienes en los ojos girasoles 
Y cuando me miras soy la estrella que más brilla 
Cuando ríes se ilumina todo el techo 
Ya duermo tranquila, siento tanta calma adentro
El progreso de la condición humana requiere 
Inapelablemente que exista gente que se sienta en el fondo feliz
En gastar su vida al servicio del progreso humano
Autores de la canción: María de los Ángeles Rozalén Ortuño

Video "GIRASOLES", Rozalén:


25/01/19

HÁBITOS LECTORES EN ESPAÑA 2018

Acábanse de publicar estes días os datos sobre os hábitos de lectura e de compra de libros do ano 2018 en España, feito pola Federación de Gremios de Editores e o Ministerio de Cultura.
O resultado da un leve crecemento da poboación que le con frecuencia, que chega ata o 49,3%. Hai un retroceso das persoas que din non ler nunca ou case nunca, que baixa ao 32,8% e aqueles que len ocasionalmente representan o 12,5%. As mulleres len máis que os homes, un 67 frente ao 56%, respectivamente.
O ministerio segue a considerar estes datos de persoas que non len como un problema moi grave.


Todos os datos neste artigo de prensa: 
Cae ao 32,8% a porcentaxe de españois que non le nunca [El País]

24/01/19

MIGUEL MATO DEDÍCANOS UN EXEMPLAR DO SEU NOVO LIBRO



Como xa comentamos fai uns días, Miguel Mato, quen fora ata o curso pasado profesor de galego no noso centro, presentou a súa nova novela "ADEUS, CAPITÁN WALTON" (Ver aquí).
Hoxe queremos recoller a dedicatoria que escribiu para o exemplar da súa novela que pasa a formar parte da biblioteca escolar do seu antiguo instituto.

"Para o IES Rafael Dieste, por tantos anos de esforzo e adicación.
Co meu agradecemento."
Miguel Mato, 2019.

23/01/19

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ 2019

Como todos os cursos o vindeiro 30 de xaneiro conmemoraremos o DÍA DA PAZ.
O equipo da biblioteca preparou unha serie de actividades para traballar o tema:

- CONCURSO DE MICRORRELATOS.

A temática do concurso será A PAZ.
Os textos terán unha extensión máxima de 150 palabras, sen contar o título. O texto será orixinal, inédito e non presentado a ningún outro concurso con anterioridade.
O alumnado entregará o microrrelato que presente a concurso ao seu titor/a que o fará chegar ao equipo da biblioteca. 
O prazo de presentación será entre o mércores 23 ata o 30 de xaneiro.
O xurado do concurso estará composto por un ou dous profesores do equipo da bibliotecca e un alumno/a do grupo de mediadores do centro. 
O fallo farase público o venres 8 de febreiro.
Haberá premios en dúas categorías:
- CATEGORÍA A (1º e 2º ESO). 
- CATEGORÍA B ( 3º, 4º ESO e 1º, 2ºBAC)
Primeiro premio: un libro de valor apoximado de 20€ e un segundo premio: un libro de valor aproximado de 15€, para cada unha das categorías, respectivamente.

- SESIÓNS DE TITORÍAS DE SECUNDARIA:
Nas sesións de titoría da vindeira semana (28-xaneiro ao 1-febreiro), pediráselle ao alumnado que reflexionen sobre a convivencia no instituto para que escriban sobre os seguintes puntos:
- Qué problemas de convivencia observan no centro.
- Qué solucións propoñen para mellorar a convivencia no centro.
- Cómo deberían sancionarse as conductas conflictivas.
Unha vez recollidas as reflexións, farase unha listaxe cos resultados acadados e se comentarán.
Nas sesións de titoría de 1ºESO intentaremos que asista un alumno/a do grupo de mediadores do instituto para informar ao novo alumnado da labor que realizan.

- ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN:
- Colocar en todas as portas das aulas un cartel cun texto alusivo á PAZ.
- Durante os recreos do mércores 30, sonarán no patio interior cancións relativas á PAZ.
- Tamén colgaranse carteis no patio central recordando a celebración.

21/01/19

CLUBES DE LECTURA DO 'RAFAEL DIESTE'

Foto: Un dos 19 clubes de lectura que temos este curso 2018-19.

Queremos salientar hoxe nesta entrada unha das actividades que máis éxito está a ter nos últimos cursos no noso instituto: o CLUB DE LECTURA.

O proxecto Club de Lectura "O TRASNO NA REDE" do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" leva funcionando xa 8 anos e recibindo as axudas de presuposto todos estes cursos. Agora mesmo somos o centro con máis clubes en funcionamento e recibindo polo tanto a axuda máis importante. O obxectivo fundamental é despertar ou acrecentar a afición pola lectura entre o alumnado.

Neste curso 2018-2019 temos en funcionamento:
- 19 grupos: 2 de 1ºESO, 4 de 2ºESO, 3 de 3ºESO, 2 de 4ºESO, 4 en 1ºBAC e 4 en 2ºBAC. O que implica:
- 17 profesores (2 deles levan 2 clubes). 11 profesores de materias lingüísticas, 3 de ciencias, 1 de xeografía-historia, 1 de orientación e 1 de persoal de administración.
- 193 lectores ("trasnos"). O éxito da actividade segue batendo marcas e aínda hai alumnado de reserva por non ter exemplares suficientes ou persoal para poder atendelos a todos.
- Información sobre o club pode consultarse no seu propio blog: O trasno na rede.
- As actividades do club inclúen: visitas, roteiros pola cidade, contacontos, invitacións a profesores e outras persoas a participar, visitas a bibliotecas, asistencia a obras de teatro, conexión con outros clubes de lectura (grupo DADO), visitas de escritores-autores, lecturas dramatizadas, proxeccións...

15/01/19

"ADEUS, CAPITÁN WALTON", O NOVO LIBRO DE MIGUEL MATO


O vindeiro venres 18 de xaneiro ás 20h, o antiguo profesor de galego do noso instituto Miguel Mato, presentará o súa nova novela "ADEUS, CAPITÁN WALTON", na Librería "MOITO CONTO" na rúa San Andrés na nosa cidade. Parece que tamén quere facer unha presentación próximamente no instituto.

08/01/19

RECORDATORIO SOBRE A HORA DE LER (2º TRIMESTRE)

Comenzamos xa o segundo trimestre do curso e dende a Biblioteca queremos recordar sobre a HORA DE LER nos grupos da ESO.
Retomamos o calendario que rematara na semana do 3 ao 5 de decembro que era unha semana que tiña a hora de ler na 3ª sesión do horario. Polo tanto, empezamos coa hora de ler neste trimestre na 4ª sesión do horario e iremos rotando ata a semana do 11 ao 15 de marzo, agás se semana de Entroido e deixando a seguinte semana libre por ser previa á avaliación.





Xaneiro: 8-14 3ªh / 14-18 4ªh / 21-25 6ªh / 28-1 1ªh
Febreiro: 4-8 2ªh / 11-15 3ªh / 18-22 4ªh / 25-1 5ªh
Marzo: 11-15 6ªh


RECORDATORIO
A actividade é para todo o alumnado da ESO. A organización é así:
Cada trimestre dedicaríanse seis semanas, quedando libres aquelas máis próximas ás avaliacións. Todos os días de cada unha desas seis semanas dedicaríanse vinte minutos á actividade:
1ª semana------ a 1ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
2ª semana------ a 2ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
3ª semana------ a 3ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
(Así sucesivamente ata rematar as seis semanas)

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER