Non vos deixedes abducir pola tecnoloxía... se non podedes chegar a isto:
"Chámase 'ler'. É como a xente instala o novo software no seu cerebro".
26/02/13
25/02/13
SOBRE A LECTURA E A ESCRITURA
Xa sabemos que non corren bos tempos para a lectura, claro que non corren bos tempos para case nada. Este enlace leva a un artigo do xornal El País onde se analizan as faltas de ortografía, a corrección sintáctica ou a comprensión lectora. Interesante artigo nestes tempos e, moi especialmente, para os que somos docentes e temos a obriga (moral?) de coidar o noso instrumento máis utilizado (deberíamos dicir "tesouro"?), a saber, a lingua.
EL PAÍS: "EL QUE ESCRIBA 'HABRIR' NO DEBERÍA GRADUARSE".
24/02/13
CONCURSO DE NARRACIÓN
Urco, a editora pioneira na edición de literatura fantástica en lingua galega convoca o: I Premio Urco de Relato Fantástico. Toda a información no enlace inferior:
A SORPRENDENTE VERDADE SOBRE A MOTIVACIÓN DO ALUMNADO
Para que un burro tire dun carro, din que hai que poñerlle unha cenoria diante. O burro sabe que algún dia a alcanzará... é a súa motivación. Os alumnos non vos motivades con cenorias, pero aquí incluímos un artigo sobre o que pode motivarvos a aprender mellor.
21/02/13
PETEIRO: O PINTOR QUE COLOREOU A NOSA CIDADE
Onte faleceu o pintor coruñés Jorge Peteiro. As súas obras tan características e recoñecibles están espalladas ao longo da nosa cidade, como ese pez espada que recibe aos visitantes da Casa dos Peixes.
20/02/13
EN DIRECTO DESDE O RAFAEL DIESTE
Como sabedes, onte a Cadena Ser fixo un programa en directo desde o noso centro, de hora e media de duración, no que varios alumnos se encargaron de facer as entrevistas ou de expor as actividades que estamos a desenvolver para a Semana Cultural ou, mesmo, dialogaron sobre as redes sociais.
Conscientes do esforzo que supón falar en directo pola radio, queremos dar a noraboa a todos os que colaborastes e animarvos a seguir practicando a conversa, a lectura en voz alta, a expresión oral, en definitiva.
19/02/13
150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS
O venres 22 de febreiro celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Con este motivo, a biblioteca vai gravar unha presentación coa lectura por parte de alumnos de ESO de varios poemas de dita obra. Mentres preparamos todo podedes entretervos con este xogo que o CEIP de Andrade-Pontedeume realizou e que agora pon desinteresadamente a nosa
disposición: GRAZAS!
14/02/13
OUTRO 14 DE FEBREIRO
Hoxe é 14 de febreiro, un ano maís, o día de San Valentín, Día dos Namorados. Por se tedes un/ha namorad@ estranxeir@, aquí tedes un enlace para saber como se di QUÉROTE en moitos outros idiomas.
Máis sobre San Valentín en inglés en ClickOnEnglish.
Máis sobre San Valentín en inglés en ClickOnEnglish.
09/02/13
08/02/13
"ENTRE MAESTROS": UN DOCUMENTAL SOBRE O QUE PASA CANDO SE INTENTA INNOVAR NA CLASE
Non se para de falar sobre os problemas da educación pero qué pasa cando se fai algo distinto nunha clase? Están os alumnos preparados? E o profesor?
Esta é a premisa de "Entre maestros", un documental a medio camiño entre un reality e o xénero de películas épicas sobre profesores que se estrea hoxe, 8 de febreIro.
A cinta retrata 12 días de clase reais que tiveron lugar no mes de xullo de 2012 en Barcelona. O profesor é Carlos González, un docente e formador con 24 anos de experiencia enseñando matemáticas e física. Os alumnos, 11 rapaces e rapazas de entre 16 e 18 años, non se coñecían entre sí e foron seleccionados nun casting. "Buscamos o máis representativo dunha clase", explica o director e productor do documental Pablo Usón. "O rebelde, o pasota, o simpático..". Pero unha vez establecidos os roles, o profesor fai todo o posible por provocar aos alumnos para que saian de eles mesmos e por "fomentar o seu autocoñecimento". A forma: falando, falando todos moito. Do concepto de que "todos son maestros" e de que todos aprendemos de todos xorde o título do documental. Parece interesante...
Video tráiler do documental "ENTRE MAESTROS":
07/02/13
O FENÓMENO FINLANDÉS: O SISTEMA EDUCATIVO MÁIS ASOMBROSO DO MUNDO
En días de protestas pola posible reforma do sistema educativo... cando a televisión emite reportaxes comparando o noso sistema educativo e o finlandés... Atopamos un documental que nos mostra ese sistema educativo: THE FINLAND PHENOMENON: INSIDE THE MOST SURPRISING SCHOOL SYSTEM (O fenómeno finlandés: o sistema educativo máis asombroso do mundo). Está en inglés con subtítulos en castelán. É interesante para reflexionar se só é cuestión dun sistema educativo ou dunha sociedade completamente diferente... O debate está aberto.
Video O FENÓMENO FINLANDÉS:
06/02/13
CHEGA O ENTROIDO!
Este ano case non tivemos tempo de repoñernos do Nadal e....chega xa o Entroido! Seguro que o celebramos con disfraces e comilonas. Pois ben, para ir preparándonos podemos comezar aprendendo cousas sobre esta festa tan nosa que marca a fin do inverno -claro que este ano temos inverno aínda para rato. Aquí tedes enlaces de interés:
- CHEGA O ENTROIDO (Culturagalega.org)
- O ENTROIDO GALEGO ( Web Educativa Concello A Coruña).
- COLECCIÓN DE RECURSOS (Cuaderno Intercultural).
- ORIXES E RITOS DO ENTROIDO (Galicia Espallada).
- RECURSOS EDUCATIVOS: ENTROIDO (O Recanto de Mik)
01/02/13
SEMANA DA PAZ-CANCIÓNS (e 5): "SOMEWHERE OVER THE RAINBOW+WHAT A WONDERFUL WORLD"
Rematamos as cancións da semana da paz cunha doble canción. Unha versión de dous temas optimistas fusionadas nunha, porque non queríamos rematar con denuncia senon con esperanza. Trátase de dúas cancións clásicas norteamericas: "SOMEWHERE OVER THE RAINBOW" ("Nalgures por riba do arco da vella"), canción da película de 1939 "O mago de Oz", interpreada orixnalmente por Judy Garland. E "WHAT A WONDERFUL WORLD" ("Qué mundo tan marabilloso") clásico do jazz de 1967 de Louis Armstrong. As dúas cancións foron unidas nesta versión do cantante hawaiano, tamén falecido, Israel Kamawiwo'oe en 1993. Incluímos un audio con subtitulos en inglés e caselán.
Audio "SOMEWHERE OVER THE RAINBOW+WHAT A WONDERFUL WORLD", Israel Kamawiwo'oe:
Versión en inglés desta entrada en ClickOnEnglish.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ETIQUETAS
8-M
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
Ágora
alfin
amor
animación
ApadriñaLector
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
Cosmos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enl
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
física
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
galego
Galicia
Gastronomía
graduación
Grego
guías
HªEscritura
HªOlimpiadas
historia
homenaxe
HoraDeLer
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
LIBROS
LibrosVivintes
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
MUSE
museos
música
nadal
narrativa
natureza
Nobel
noticias
O CINE
O MAR
obituario
obradoiro
Odisea
OPINIÓN
ortografía
P.Cervantes
P.Dado
Pasapalabra
patrimonio
PATRIMONIOGALEGO
paz
pioneiros
PLAMBE
PlanProxecta
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
Radiofiestra
RadioNaBiblio
RD25Anos
recursos
revista
roteiros
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
vídeos
violencia de xénero
votacións
xadrez
xeografía
xogos
XOGOSTRADICIONAIS
xornadas
xornalismo
xubilación
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
A lírica é o xénero por antonomasia para cantar amores e desamores dende o comezo dos tempos. Quen mellor que os poetas para debuxar con tr...
-
Este venres 2 de xuño tivo lugar a final do VII Torneo Intercentros de Xadrez no noso IES Plurilingüe "Rafael Dieste" en A Coruña....
-
Alberto Pombo, profesor do Depratamento de Galego do noso instituto, está facerndo unha actividade co alumnado de 4º. É unha actividade de...
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Achegamos fotos da exposición que preparamos no centro para dar visbilidade á celebración do 8-M.
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
A musa Erato tocando a lira Martes? Non, hoxe é venres. Pois da igual, calquera día é bo para a poesía. E buscando poesía espartana para un...
-
A profesora do Departamento de Historia, Isabel González realizou ao longo do primeiro trimestre unha serie de actividades utilizando os re...
-
Na Biblioteca organizamos unha actividade nova: os Clubes de Encontros . Estes clubes están abertos tanto ao profesorado como ao alumnado,...
-
Hoxe arrancamos a nosa XVIII Semana Cultural 2023 que vai sobre A CIDADE. Moitos traballos do alumnado e actividades en torno as cidades t...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
Alberto Pombo, profesor do Depratamento de Galego do noso instituto, está facerndo unha actividade co alumnado de 4º. É unha actividade de...
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Onte o alumnado do "Rafael Dieste" tivo a oportunidade de escoitar á escritora coruñesa Nieves Abarca que veu a charlar co alumnad...
-
A lírica é o xénero por antonomasia para cantar amores e desamores dende o comezo dos tempos. Quen mellor que os poetas para debuxar con tr...
-
Este venres 2 de xuño tivo lugar a final do VII Torneo Intercentros de Xadrez no noso IES Plurilingüe "Rafael Dieste" en A Coruña....
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
A musa Erato tocando a lira Martes? Non, hoxe é venres. Pois da igual, calquera día é bo para a poesía. E buscando poesía espartana para un...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemática...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...
-
Hoxe venres 12 de xaneiro, comenzamos a segunda edición da actividade 'Libros Vivintes', unha iniciativa da Biblioteca Municipal ...