29/05/12

CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA 2012

concurso Cuca 2012

Hoxe celebrouse no Colexio Liceo La Paz unha nova edición do concurso de Cultura Clásica no que o Rafael Dieste ven participando desde hai anos. Nesta ocasión competiron alumnos do noso centro con alumnos do Liceo, do Instituto de Monelos e do Colexio Calasancias.
No nivel de 3º de ESO a nosa alumna ANDREA MORANO VÁZQUEZ obtivo o 2º posto, e DANIELA BAPTISTA HAROS de 4º de ESO obtivo igualmente o 2º posto. Desde arquivos queremos darlles as dúas alumnas a nosa máis sinceira noraboa e animalas a que sigan traballando coa mesma ilusión que amosaron neste concurso.

27/05/12

Olimpiadas Dieste 2012 (2ª parte)

Como prometimos, aqui está a segunda parte da presentación das fotos. Corresponden co 3º e 4º día e co almorzo do último día. Aínda que podedes velas por separado, naturalmente, gustaríanos tamén facer unha presentación conxunta para comentalas todos xuntos. Por iso, este martes no 2º recreo vos esperamos na biblioteca.

En defensa do ENSINO PÚBLICO

SEMPRE.



Grazas a Adelia do IES Val do Tea por facérnolo chegar. Deixámosvos o enlace á páxina de "yo estudié en la pública", web que leva a campaña en defensa da educación pública. Éste é o primeiro vídeo que sae dunha serie que irá saíndo nas próximas semanas.

http://www.yoestudieenlapublica.org/

17/05/12

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Por ti, Daniel, a máis dos campanarios,

siñaleiros da morte empadroada,
han de dobrar, da vida, acentos novos:
han de dobrar as cordas dos espritos;
das cousas, seus metais;
das cousas,
nas que os homes deixamos en anacos
os anacos da alma.
             Valentín Paz Andrade, Pranto matricial

15/05/12

Olimpiadas Dieste 2012 (1ªparte)

Xa temos a primeira presentación coas fotos da Semana Cultural deste ano "Olimpiadas Dieste 2012". Estamos xa preparando a segunda parte. Tede paciencia que axiña a poderedes ver tamén aqui en arquivos.



Ide pensando xa todos o tema do curso que vén. É importante que o teñamos elixido en xuño, antes das vacacións, para poder introducilo nas programacións das materias e nas actividades do proxecto lector.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Hoxe martes e mañá mércores teremos na biblioteca un pequeno homenaxe a Valentín Paz Andrade, autor das Letras Galegas 2012. En concreto acudirán á actividade os alumnos de 3º de ESO.
Neste enlace atoparedes unha morea de actividades para facer nas aulas cos alumnos. Se queredes coñecer mellor ao homenaxeado podedes entrar no seu espazo web ou na RAG ou nesta outra páxina.

Feliz Día das letras Galegas! E para celebralo nada mellor que o rap do Grupo Migallas.

12/05/12

O SECRETO DA EDUCACIÓN

Acabo de ler un artigo que quero compartir cos lectores de arquivos porque me pareceu moi interesante. Trata sobre educación e reafírmame no meu convencemento de que o secreto dunha boa educación pasa irremediablemente polo número de alumnos por aula. Ademáis destacamos do artigo estas afirmacións:

Los alumnos no vienen al colegio a pasárselo bomba. Es un trabajo."
Non estaría nada mal que todos nos concienciásemos disto.

- «En nuestra cultura son muy importantes dos valores: la honradez y el trabajo».
O mesmo que en España, vamos.

Grazas a Mª Luisa Vidal Fraguas por achegarnos este interesante artigo.

http://elblogqueteharapensar.blogspot.com.es/2012/05/el-secreto-de-la...

10/05/12

Homenaxe a Grecia

Agora que diariamente escoitamos falar de GRECIA nas noticias e xornais como se dun país "maldito" se tratase
Agora que en pleno s. XXI semella que alguén está movendo os fíos ao seu antollo, e sentímonos ás veces como marionetas, da mesma maneira que na Ilíada nos conta Homero que se sentían Aquiles & company, movidos ao antollo dos deuses
Pois agora vaia desde arquivos a nosa homenaxe a este país, a esta cultura á que tanto debe a humanidade, en xeral, e Europa en particular, aínda que ás veces semelle que o esquecemos.



SENTÁDEVOS E DISFRUTADE E, SOBRE TODO, NON DEIXEDES DE VISITAR ESTE FERMOSÍSIMO PAÍS AGORA DESGRACIADAMENTE DEMONIZADO.

 http://www.youtube.com/embed/GZeQjbmqX_w?rel=0

06/05/12

Os Xogos Olímpicos modernos

Esta é a terceira presentación que preparamos para a semana cultural. Trata sobre os xogos olímpicos da nosa era. Comeza e termina coa mesma música, mais no medio pódense escoitar dúas interpretacións musicais,  "carros de fuego" de Vangelis e "amigos para siempre" de A. LLoyd Webber, a cargo dun grupo de alumnos de música de 4º de ESO. Noraboa, porque tocar todos ao mesmo tempo e con "carrillóns" ten moito mérito.

03/05/12

HISTORIA DOS XOGOS OLÍMPICOS

Por fin! Xa temos os power-points convertidos en vídeo para poder presentalos aqui, en arquivos. Se algún curso non puido acudir á biblioteca esta semana, agora ten a oportunidade de ver as presentacións:
-"Historia dos Xogos Olímpicos antigos" e 
-"Mitoloxía e deporte". 
Á primeira presentación tivemos que cambiarlle a música grega orixinal, por iso dos "dereitos de autor". Agradecemos ao Departamento de latín ás anécdotas de Aulo Gelio e Suetonio aportadas A segunda presentación contén a narración por parte dos alumnos de dous mitos relacionados co deporte: o mito de Atalanta e Hipómenes, e o de Ulises e as sereas. Este último está dramatizado por alumnos de 1º de ESO que leron a Odisea na HORA DE LER.
Advertimos que os power-points perderon algo de calidade na conversión a  vídeo.
Os Xogos Olímpicos antigos

Mitoloxía e deporte

A terceira presentación sobre "Os Xogos Olímpicos modernos" subirémola estes días, así como as fotos das actividades.
Como premio, ademáis da camiseta haberá un almorzo olímpico este luns para todos os que participastes nalgunha actividade desta semana cultural nas materias de Debuxo, Informática, Tecnoloxía, Educación Física, Matemáticas, Inglés, Cultura Clásica, Grego ou na Hora de Ler... 
NORABOA A TODOS, tamén ao público sen o cal níngunha actividade é posible. 

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER