Amosando publicacións coa etiqueta traballo por proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta traballo por proxectos. Amosar todas as publicacións

29/04/19

X SEMANA CULTURAL: EXPOSICIÓN INFOGRAFÍAS DE I.T.I

A exposición do departamento de Grego para a materia de ITI de 2º ESO foi elaborada como práctica da explicación de cómo se fai unha infografía, é dicir, unha presentación tipo póster con información seleccionada e hipervínculos ou enlaces para poder ampliar algúns aspectos. Eliximos o tema do cine como forma de traer o tema da semana cultural ao currículo da materia. Cada alumno enfocou o tema do cine con total liberdade.
























18/10/18

PROXECTO "O SAMAÍN"


O proxecto "O Samaín", organizado polos departamentos de Lingua Galega, Teconoloxía e o apoio da biblioteca, pretende acercar ao noso alumnado A FESTA DO SAMAÍN intentando ofrecerlles a relación estreita que esta festa ten coa celebración anglosaxona do Halloween. Leremos e dramatizaremos textos narrativos e poéticos tanto dos nosos autores coma da tradición oral popular tratando de conculcar na xuventude do noso centro o valor das tradicións afincadas no noso medio natural ao que o pobo galego estivo sempre moi ligado e aínda segue, e sobre todo o código que usamos para expresármonos, a lingua. 
Por outra parte, procuraremos tamén establecer pontes entre a tradición de noso e os costumes ancestrais vinculados á cultura universal, en que o tema da morte se filtra na idiosincrasia de numerosos pobos. Esas actividades arredor da morte, como diciamos, realizábanse no noso medio natural pero, co progreso, a natureza vese alterada cun produto creado polo home, o primeiro material sintético, o plástico. Este, calquera que sexa a súa composición, propiedades, aplicacións e técnicas de fabricación está a ser un gravísimo problema para o noso medio natural e cómpre urxentemente a súa reciclaxe ou substitución mesma deste.

Ligazón á escolma de textos traballados no Proxecto "O Samain": AQUÍ

18/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: OS REPORTEIROS DE 'RAPPING THE COSMOS'. O VIDEO DO MAKING OF.


Como vos prometimos, aquí está o video final do proxecto "RAPPING THE COSMOS", da profesora de prácticas de inglés Tania Souto co alumnado de 2ºBAC, recollido nesta reportaxe.

Video REPORTERS:


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish

01/04/17

26/10/15

PROCURA DOCUMENTAL

Magnífico traballo realizado coas aportacións de varias persoas:
Gloria Durban Roca, Mª Olga Rodríguez  Díaz.
Infografía feita por Diego A. López Rodríguez.
No centro escolar CEIP Canosa-Rus.


24/06/15

TRABALLO POR PROXECTOS

Na última CCP volvimos a falar do traballo por proxectos. Alguns expuxemos a posibilidade de comezar a traballar por proxectos nas aulas de reforzo e de diversificación. Pois ben, sirva este enlace para incidir no tema, convencidos como estamos da necesidade de implantar un cambio na metodoloxía.

"DÍGAME Y OLVIDO, MUÉSTREME Y RECUERDO. INVOLÚCREME Y COMPRENDO" [proverbio chino]





02/02/15

A ESCRITURA NO SÉCULO XXI / WRITING IN THE XXIst CENTURY


O pasado venres 23 de xaneiro, celebrábase no mundo anglosaxón o National Handwriting Day (o Día Nacional de Escritura). Algún xornal, como o británico, The Guardian celebraba o día no seu blogue cunha recopilación de citas literarias escritas á man, como podedes ver neste enlace. Un dos exemplos pódese ver nesta foto inferior, cunha cita dun libro de Harry Potter e da súa autora J.K. Rowling.

Como xa todos sabedes, a semana cultural deste ano tratará precismente o tema da historia da escritura. O Departamento de Inglés do instituto participará con actividades sobre a escritura do século XXI. No blogue de inglés foron aparecendo entradas adicadas a cómo escribimos na actualidade (mensaxes de móbil, emoticonos, tweets...) e diferentes propostas de participación de cara a ter material para expoñer e poder montar actividades para a semana cultural.
Podedes seguir estas entradas e as propostas de actividades indo ao blogue ou enlazando dende aquí:  ClickOnEnglish/TheHistoryOfHandwriting/WritingInTheXXICentury.

20/01/15

ADIANTO SOBRE O PAC

O Proxecto Anual do noso Centro (PAC) deste ano tratará sobra "A historia da escritura". Aqui tedes a presentación inicial cos temas que cada departamento participante vai preparar co seu alumnado.

13/10/14

UNHA GUÍA PARA O ACCESO Á INFORMACIÓN E O TRABALLO EN GRUPO


Acercámosvos hoxe un artigo publicado na páxina web "Canal Lector" (canallector.com) en colaboración con María José Bueno Monreal, donde explica a forma en que o alumnado de Educación Secundaria pode acceder á información de internet para o seus traballos de aula. Podedes acceder directamente ao artigo en castelán AQUÍ.

Contidos básicos relacionados coa alfabetización tecnolóxica. O esquema de contidos podería ser o e seguinte:
1º CICLO DE ESO2º CICLO DE ESO
  • Realizar búsquedas por Internet.
  • Baixar ficheiros.
  • Principales navegadores.
  • Documentos dixitais: Analizar e saber elaborar páxinas Web; revistas, mapas, imáxes e videos dixitais; portais; libros electrónicos.
  • Utilización de follas de cálculo e bases de datos.
  • Coñecer e crear documentos incorporando información gráfica, textual e estadística.
  • Correo electrónico.
  • Motores de búsqueda: buscadores; directorios; metabuscadores; web semántica.
  • Transferir e comprimir ficheiros.
  • Evaluación de web e buscadores.
  • Usar funcións avanzadas de bases de datos e follas de cálculo. Crear documentos usando programas de diseño.
  • Crear un documento, coidando a presentación cun importante número de gráficos.
  • Elaborar presentacióne's multimedia con importantes números de elementos multimedia.
Partindo destes contidos mínimos –que constituirían a base para o traballo de aula con metodoloxía informacional– as fases de traballo poderían recollerse neste esquema:

GUÍA DO PROFESORGUÍA PARA O ALUMNO DE ESO
1. Definición do área de traballo o proxecto
  • Identificar a información que desexamos. Identificación de contidos de traballo.
1. Definir o tema de traballo o proxecto
  • Qué quero saber / coñecer?
  • Qué coñecimentos teño xa sobre o tema? (ideas de partida e centros de interese.)
  • Qué descoñezo do tema?
2. Identificación de fontes potenciais de información

  • Aplicaránse técnicas de lectura rápida. Primera búsqueda de información: búsqueda exhaustiva y xeneralizada de información relacionada coas liñas delimitadas no primeiro punto. Buscarase en buscadores e/ou metabuscador; directoiros,...
2. Fontes de información


  • Dónde podo atopar información sobre o tema de coñecimento?
  • Cómo logro a información?
3.- Selección de fontes
  • Primeiro tratamento da información recollida: nos aproximamos a realizar a primeira selección da información obtida en función dos criterios de selección. Aplícanse técnicas de lectura analítica. Para iso seguiremos os siguientes pasos:
3.1 Segunda lectura xeneralizada da información.
3.2 Definimos os criterios de selección en función das liñas definidas no punto 1 e según os criterios que nos definimos, tendo en conta a lectura realizada anteriormente.
3. Realizar a selección da información

  • Qué información vou recoller/ seleccionar?
  • Cáles son os criterios de selección da información?
  • A información recollida é fidedigna?
  • A información recollida está actualizada?
 4. Organizar a información

  • En función dos criterios realizamos unha primeira selección: desbotando, unindo, clasificando, gardando toda a información que desta primeira avaluación decidimos que é válida. Aplícanse as siguientes técnicas: fichas de contido, fichas de citas textuais, esquemas, e resumos da información recollida.
4. Organizar a información

  • Cómo vou recoller e rexistrar a información seleccionada?
  • Realizar síntese de información, resúmos e esquemas.
  • Realizar agrupamentos de información según descriptores.
  • Elaborar fichas de contidos.
5. Interpretación, integración e cuestionamento da información


  • Aplicaranse técnicas intelectuais de inferencia (deductiva-inductiva).
  • Presentacións parciais dos traballos. Intercambio de información mediante aa exposición ao resto dos membros do grupo de traballo y ao grupo-clase.
5. Traballo de análise
  • A información recollida responde ao tema que se definiu no punto 1?
  • Qué penso da información recollida?, qué sabemos xa?
  • Debería buscar información complementaria para aclarar o tema de estudo?
  • Tene sentido a información recollida para mín?
  • Cál é a información clave, a máis importante sobre o tema?
  • Cál é a información complementaria?
  • Qué nos aportan outros grupos ou o profesor?
  • Qué podemos aportar do noso traballo, ao resto do grupo ou ao grupo-clase?
6. Presentación e difusión do producto informativo

  • Presentar conclusións. Aprendizaxe ou internalización informativa. Aplicación de técnicas de fichas de conclusións. Modelos de difusión de contidos elaborados.
6. Realización final do traballo

  • Cómo vou  presentar e organizar a información seleccionada e o que eu creo que debo aportar, respecto ao tema en cuestión?
  • Cáles serían as conclusións máis relevantes que eu penso sobre o tema?
  • Qué contidos elaborados vou difundir?





08/09/14

BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR!!!

Benvidos a un novo curso escolar. Pasados xa os exames de setembro comezamos un curso máis co ánimo de seguir no proceso de renovar os métodos pedagóxicos e adaptalos ao s. XXI. A finais de xuño falabamos do traballo por proxectos e nesta liña vai esta primeira entrada. Lede con atención o artigo e retomaremos o tema na 1ª CCP que teremos mañá martes.
enlace

28/06/14

TRABALLAR POR PROXECTOS

Hoxe estivemos tratando na CCP e no claustro cómo mellorar alguns aspectos que este curso non resultaron como nos propuxéramos. En concreto dedicamos bastante tempo a falar sobre unha cuestión que nos preocupa a todo o profesorado, cómo implicar a aqueles alumnos que non queren traballar. Alguns falamos de traballar con eles por proxectos. En calquera caso, quedamos emprazados para retomar o tema en setembro e comezar o curso que vén a traballar e organizarnos doutra maneira.
Pois ben ao longo deste curso fomos creando un apartado neste blog que, baixo o nome de "formación de usuarios", pretende ser un paso máis nese desexo de cambio para moitos imprescindible. Botádelle unha ollada e comprobaredes que hai moita información interesante para ir formándonos tecnolóxicamente, como paso previo para calquera cambio que emprendamos. Xa sabemos que "se fai camiño ao andar", pasiño a pasiño. 

FELICES VACACIONS A TODOS!

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER