Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían! Pero para que duren e utilizalos con sentidiño, imos poñer unhas normas de uso, porque cando algo é de moitos haino que coidar máis aínda, se cabe.
NORMAS DE USO DOS ORDENADORES
Os ordenadores da biblioteca teñen principalmente unha finalidade pedagóxica e de procura de información para traballos escolares. Polo tanto:
1- Hai que pedir permiso ao profesor de biblioteca para usalos, explicando para qué se usa e enchendo unha FOLLA DE REXISTRO.
2- No caso de baixar con algún profesor a traballar en clase, será ese profesor o encargado de que os alumnos enchan a FOLLA DE REXISTRO.
3- Non se pode tocar a apariencia nin a configuración do ordenador.
4- Limitarase o tempo se hai outros alumnos esperando para usalos.

5- Hai que deixar as cadeiras colocadas e a pantalla apagada ao terminar.
E para que o compartades cos amigos ou a familia, aqui vos deixamos máis fotos.
QUE AS COUSAS FUNCIONEN DEPENDE DE TODOS
2 comentarios:
Gusto, elegancia e...moito traballo!
Parabéns!!!
Grazas. Alégranos que guste porque lle dimos moitas voltas, xa que cando algo é de moitos é máis difícil decidir e acertar.
Publicar un comentario