18/12/09

AGASALLOS NADAL (3)

Este ano non vos imos dar ningunha guía de lectura de Nadal pero si vos imos recomendar algún libro que podedes regalar ou que podedes pedir de regalo.
  • Para os que estades no 1º ciclo da ESO, xa que temos este mes a bibliteca chea de piratas, podedes ver vós mesmos na exposición os libros que máis vos gustan. Se queredes clásicos de piratas, ide directamente a Peter Pan de Matthew Barrie, A illa do tesouro de Stevenson, O Corsario Negro de Salgari e se preferides outros máis modernos tedes Os piratas da illa da Esperanza de Rivadulla Corcón ou Pirata de María Reimondez, publicados por Xerais. E sen ser de piratas tedes tamén libros preciosos para regalar como El Principito da ed.Salamandra ou Emily the Strange. Los días perdidos de ed. SM ou Charles Darwin: la aventura de la evolución de Ed. Montena.
  • Aos do 2º ciclo da ESO que queiran viaxar este Nadal sen se mover da casa recomendaríamoslles Breve guía de lugares imaginarios, editado por Ed. Alianza; Bajo la jaima. Cuentos populares del Sahara de ed. Miraguano; El pequeño gran libro de la ignorancia de Lloyd e Mitchinson; O home que plantaba árbores, editado por Xerais, Eskoria, editado por SM ou Sidecar de Alberto Lema.
  • E finalmente os de Bacharelato tedes libros como Sol de inverno de Rosa Aneiros, El blog del inquisidor de Lorenzo Silva, Los girasoles ciegos de Alberto Méndez ou O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, que seguro que vos gustarán.

Ademais podedes botarlle un ollo aos libros que chegaron este trimestre á biblioteca no enlace NOVIDADES, situado en ENLACES BIBLIOTECA na páxina principal do blogue.

15/12/09

30 DÍAS DE FOLGA DE FAME

DECLARACIÓN REALIZADA POR A. HAIDAR O 5 DE DECEMBRO:

"El último mensaje que transmito al Gobierno español es que ni la cárcel, ni la desaparición forzosa, ni la tortura, ni la expulsión del trabajo han podido cambiar ni doblegar mis principios.
Mis convicciones no se venden. Mi única reivindicación es regresar a mi casa con mis hijos, con mi madre, en el Aaiún, el Sahara occidental."

A. Haidar leva 30 días resistindo para conseguir que Marrocos respete os Dereitos Humanos, un Goliat demasiado poderoso para unha soa persoa, pero aínda así a súa loita xa tivo a recompensa de que a causa saharauí leve 30 días de actualidade na prensa de todo o mundo. Non é moito para alguén que está disposta a perder a súa vida pola causa, mais é un paso de xigante para un pobo que carece ata da posibilidade de facerse oír.
Durante estes trinta días foron moitas as persoas e colectivos que se solidarizaron con A., entre elas Carlos Cristobal, cuxas palabras podedes ler AQUÍ.

Os que queirades solidarizarvos con A. Haidar premede AQUÍ.

14/12/09

AGASALLOS DE NADAL (2)

Como a lectura é unha actividade á que podedes dedicar algún tempo durante as vacacións de Nadal, queremos darvos a coñecer un novo formato que seguro que vos vai gustar: A lectura nos móbiles.
Entre o 10 e o 27 de decembro podedes descargar gratuitamente no voso móbil unha morea de contos e relatos. A idea foi da Consejería de Cultura de Andalucía.
PREMEDE SOBRE A IMAXE E VEREDES OS LIBROS AOS QUE PODEDES ACCEDER.
Logo só tedes que realizar tres pasos:
1. Seleccionar o libro.
2. Introducir o número do móbil no cadro do final da páxina onde se presenta o libro.
3. Premer en ACEPTAR.
A continuación recibiredes un SMS no móbil cunha dirección WAP para descargar o contido seleccionado.
Dádevos présa que o día 27 remata o prazo. E decídello tamén aos vosos amigos.

10/12/09

AGASALLOS DE NADAL (1)

Agora que temos preto o Nadal é un bo momento para presumir de orixinais e ao tempo recuperar a nosa tradición. Esta é a intención dos integrantes de Proxecto Ronsel cos vídeos que vos deixamos a continuación.Neles apréndennos a facer marabillosos xoguetes musicais para que este Nadal fagamos o noso agasallo máis persoal.
Os que teñades facilidade para compoñer, mesmo podedes sorprender á familia cun tema propio!
E se tedes algún apuro na elaboración destes xoguetes, pedídelle axuda aos avós, que de seguro vos axudarán con moito gusto.

09/12/09

DEREITOS HUMANOS

DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e, non obstante, moitos países do mundo seguen sen darse por enterados e continúan a conculcar diariamente eses dereitos. É o caso de Marrocos, aínda que non só. Porque os demais países que teñen relacións internacionais con el tamén teñen a súa parte de responsabilidade. E como contrapunto, surxen tamén de cando en vez respostas contundentes, persoas dispostas a chegar ata o final por defender eses dereitos, aínda que para iso teñan que perder a vida. Esta é a situación na que está Aminatou Haidar dende hai vinte tantos días.
Pero Aminatou Haidar non é só unha activista polos dereitos humanos, tamén é unha nai de dous fillos que están vendo como se lle acaban as forzas sen poder facer nada por remedialo. Por iso escribiron esta carta que este 10 de decembro se converte no berro máis auténtico contra a hipocrisía do mundo:

"No meu nome, Hayat El Kossimi, filla de Aminatou Haidar, de 15 anos de idade, e en nome do meu irmán, Mohamed El Kossimi, de 13 anos de idade, lanzo unha chamada urxente a todos os nenos do mundo enteiro para que nos apoien e, ao mesmo tempo, lanzo a nosa chamada a todas as mamás para que apoien á nosa nai, unha nai separada dos seus dous fillos e que está en folga de fame dende hai vinte e dous días, para que poida regresar ao noso lado e poidamos vivir xuntos en paz.

É doloroso para min e para meu irmán enterarnos da mala noticia de que hoxe a nosa querida mamá decidiu deixar de tomar os seus medicamentos, xa que é perigoso para ela.

Axudade á nosa querida mamá, evitade a traxedia que vai repercutir negativamente na nosa situación física e psíquica.

QUEREMOS O REGRESO DA NOSA MAMÁ!"

07/12/09

O PAPEL DOS BLOGUES NO ENSINO

Navegando polo blogue de ANB dei cunha entrada do ano 2006 que alude a unhas xornadas de bibliotecas infantís, xuvenís e escolares celebradas ese mesmo ano en Salamanca, organizadas pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez, e dedicadas ao fomento da lectura e da escritura coas novas tecnoloxías. Nesa entrada resume as conclusións do grupo de traballo de Javier Celaya titulado: Cómo fomentar la lectura y la escritura a través de los blogs. Malia haber xa tres anos e medio dende a súa publicación, segue estando de actualidade, porque aínda continúa a haber xente reticente a utilizar estes medios.
Os que esteades interesados neste tema premede AQUÍ.

05/12/09

CLUB DE LECTURA


Toda biblioteca que se prece ten o seu club de lectura, e nós non imos ser menos.

Entón, que nos falta?

FALTA QUE TI ASISTAS Á PRIMEIRA REUNIÓN o próximo 15 de decembro ás 18.10 na biblioteca.

Mentres, podes ir pensando un nome para o noso club.

02/12/09

A ELEGANCIA DO OURIZO

A escritora francesa Muriel Barbery, profesora de filosofía en Bayeux, acadou no 2007 un sorprendente éxito editorial coa obra L´Élegance du Hérisson. Narra a historia dun inmoble burgués de París, o nº 7 da rúa Grenelle, no que habitan, entre outros, dous curiosos habitantes: Renée, a porteira, leva moito tempo finxindo ser unha muller común, cando en realidade é unha muller sensible e moi culta; Paloma, unha nena de 12 anos, agocha unha intelixencia extraordinaria.
Desexei -afirma a autora- crear un personaxe no que collese o desarraigo e a soidade máis absoluta e que, ao mesmo tempo, tivese a capacidade de ter un amplo coñecemento da vida e fose unha sabia. Porque a intelixencia é algo transversal a todas as idades e estratos sociais, e por iso Renée e Paloma poden compartir as mesmas inquietudes intelectuais.
Pero ambas levan unha vida solitaria mentres se esforzan por vencer a desesperanza.
Se houbese unha intención no libro -di Muriel- sería a de mostrar uns personaxes solitarios.
Só un novo inquilino xaponés saberá traspasar a protección que Renée impuxo ao seu redor.
Malia as diversas críticas que está recibindo esta novela, e que só engancha traspasada a metade das follas, cremos que é un libro orixinal ao que hai que darlle unha oportunidade, porque fai reflexionar sobre a hipocresía e a diferenza de clases, sobre a supervivencia duns personaxes intelixentes e sensibeis que necesitan dunha cuberta espiñosa para se protexer, como os ourizos.
O próximo 11 de decembro estréase en España a película El erizo, baseada nesta novela. Deixámosvos co tráiler e quedamos en decembro para comentar esta adaptación cinematográfica.



ACUDIDE Á BIBLIOTECA E PEDIDE EN PRÉSTAMO O LIBRO

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER