Amosando publicacións coa etiqueta LibrosVivintes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LibrosVivintes. Amosar todas as publicacións

01/02/18

OS 'LIBROS VIVINTES-2018' (2ª edición - 2ª parte)


Como anunciamos previamente, estamos levando a cabo este curso a segunda edición dos 'Libros Vivintes' en colaboración coa Biblioteca Municipal do Ágora. A primeira parte celebrouse na nosa biblioteca o pasado 12 de xaneiro, como xa informamos aquí
Dos encontros da segunda parte da actividade, os pasados martes 23 e 30 de xaneiro, incluímos hoxe fotos e enlaces á páxina Flickr do Ágora, máis abaixo.
Nestas segundas sesións no Ágora, o alumnado dos grupos encontrouse cos protagonistas das historias escollidas:



Raquel Santamaría 



Marta Cámara 




Piero Piga



+ fotos:
- As fotos no Flickr do ÁGORA.

12/01/18

OS 'LIBROS VIVINTES-2018' (2ª edición - 1ª parte)

Hoxe venres 12 de xaneiro, comenzamos a segunda edición da actividade 'Libros Vivintes', unha iniciativa da Biblioteca Municipal Ágora, na que participamos por segundo ano consecutivo.
A primeira fase realizouse hoxe na nosa biblioteca, o alumnado dos grupos de 4ºESO neste horario:
4ºESO-B ás 9:20, 4ºESO-A ás 10:30 e 4ºESO-c ás 11:20.
Os vindeiros martes 23 e 30 de xaneiro terán lugar a segunda fase no Ágora.
Fotos do encontro de venres:
Videos:



28/09/17

OS LIBROS VIVINTES, 2ª EDICIÓN 2017-18


Outra das actividades previstas de BiblioDieste para este curso 2017-18, é participar por segundo ano na actividade de "OS LIBROS VIVINTES", que organiza a Biblioteca do Ágora do Concello de A Coruña. Teremos unha primeira reunión preparatoria o vindeiro 11 de outubro, pero para refrescar a memoria, deixámosvos o enlace ás entradas da nosa participación o curso pasado:

03/05/17

OS LIBROS VIVINTES (2ª PARTE): AS CHARLAS


Onte, martes 2 de maio, como ya adiantáramos, levouse a cabo a segunda parte da actividade "Os Libros Vivintes". O noso alumnado foi a Biblioteca Municipal do Ágora a encontrarse cos protagonistas das dúas historias.



Un dos protagonistas foi Ali Ali, un artista plástico sirio, que nos falou sobre o conflicto bélico no seu país e despois leu o seu libro, "Suleimán e Salua", do que el foi ilustrador, xa que o texto foi escrito por Francisco X. Fernández Naval. El leu o libro na versión árabe e a nosa alumna Mar Chantre (de 4ºESO-B) en castelán.

+ info:
- No blog da Biblioteca Municipal SUMA ÁGORA.
- As fotos no Flickr do ÁGORA.

Incluímos tamén videos:



A outra charla foi sobre as nanopartículas:

19/04/17

OS 'LIBROS VIVINTES' DO ÁGORA (1ª parte)


Libros Vivintes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da nosa contorna as historias de vida de veciñas e veciños seus, a partir das cales reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal dos rapaces e rapazas dentro e fóra das aulas.
O procedemento de traballo é simple. Se fai selección previa de diferentes personas da Coruña, gravamos as súas historias de vida, ficcionamos e damos forma de relato a esa historia e transladamos o resultado aos alumnos e alumnas dos institutos participantes.
É o alumnado quen escolle individualmente cal das historias quere coñecer, que libro vivinte quere descubrir, para o cal nunha data determinada facilitamos o encontro entre as persoas protagonistas de cada relato e as mozas e mozos que os leron.
Onte estiveron no noso centro para realizar a primeira fase, o vindeiro 2 de maio terá lugar o encontro cos protagonistas. Deixámosvos cos enlaces ás fotos e a información xeral da actividade:

22/03/17

+ ACTIVIDADES DENDE "BIBLIODIESTE"

Queremos adiantar algunhas actividades que estamos a preparar coas bibliotecas municipais veciñas ao instituto e nas que participaremos. 

Unha actividade coa Biblioteca Municipal do "Ágora", os vindeiros 18 de abril e 2 de maio coa actividade "Libros vivintes".

E coa Biblioteca Municipal de Os Rosais na actividade "Apadriña un lector", xunto cos outros centros escolares da zona CEIPs de Prácticas, San Pedro de Visma e Cid.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER