XI SEMANA CULTURAL 2020: "O MAR"

XI SEMANA CULTURAL 2020: "O MAR"

SEMANA HOMENAXE A PILAR PALLARÉS

SEMANA HOMENAXE A PILAR PALLARÉS
Decembro 2019 - Premio Nacional de Poesía

30/01/18

DÍA DA PAZ 2018

Como cada 30 de xaneiro, hoxe os centros escolares conmemoran o DÍA DA PAZ. Queremos marcar o día exacto recordando unha canción que condenaba a violencia, guerras e actos terrorristas, interpretado polo grupo irlandés The Cranberries. A súa cantante e líder Dolores O'Riordan faleceu fai uns días en Londres.
Esta canción foi composta por ela, tras un ataque terrorista acontecido en Warrington, cerca de Liverpool (Reino Unido) no que morreron dous nenos (Jonathan Ball -3 anos- e Tim Parry -11) o 20 de setembro de 1993. A canción é unha denuncia contra a estupidez da violencia.


A nosa pequena homenaxe a DOLORES O'RIORDAN.

Video "ZOMBIE", The Cranberries:

29/01/18

APADRIÑANDO LECTORES (2ª EDICIÓN)

A semana pasada comenzamos os contactos cos colexios adscritos CEIP de "Prácticas" e "San Pedro de Visma" para renovar e organizar a segunda edición de "APADRIÑA UN LECTOR 2018".
Xa vos iremos contando...

Recordade o que fixemos o curso pasado nesta ligazón:

25/01/18

UNHA SESIÓN DA HOMENAXE A MANUEL LOURENZO

Como xa adiantáramos aquí, este semana realizamos as sesións da Semana Homenaxe a MANUEL LOURENZO.
Aquí mostramos fotos dunha das sesións co alumnado de Humanidades de 1ºBAC-B.




A presentación e o pasapalabra de Manuel Lourenzo.



24/01/18

PRESENTACIÓN MANUEL LOURENZO

Esta é a presentación preparada pola biblioteca e o alumnado de 4º de ESO sobre o escritor Manuel Lourenzo, e o pasapalabra para comprobar se coñecemos ao autor homenaxeado.




serie

18/01/18

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ 2018


Para conmemorar o Día da Paz (30 Xaneiro) temos preparadas as seguintes actividades:
- PARA O ALUMNADO DA ESO:
Nas sesións de titoría da semana do 22 ao 26 de xaneiro, pediremos ao alumnado que escriba nun folio "microconflictos" que eles perciben no instituto. Unha vez recollidos, farase unha lista de todos e comentaremolos.
Nas sesións de titoría da semana do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro, pediremoslles "solucións" que eles consideren para evitar estes roces entre compañeiros e mellorar o clima do centro.
Ás sesións de titoría desta semana tentarase que asista un alumno do grupo de mediadores que ten o instituto, para falar sobre o tema e sobre a labor que realizan.
- PARA TODO O ALUMNADO (ESO e BAC):
Convócase un Concurso de "Microrrelatos" sobre o tema da PAZ. Aquí están ás bases do concurso:
1.- Requisitos do texto: a temática do cocncurso será "A PAZ". 
O texto terá unha extensión máxima de 150 palabras, sen contar o título- Será orixinal, inédito e non terá sido presentado a ningún outro concurso con anterioridade.
2- Presentación dos textos: o alumnado entregará o microrrelato que presente a concurso ao seu titor correspondente, quen os fará chegar ás persoas representantes da Biblioteca: Sarah ou Mercedes.
3- Prazo de presentación: o prazo de presentación dos textos comenza o luns 15 e remata o mércores 30 de xaneiro.
4- Resolución do xurado: o xurado estará composto por dous profesores do equipo da Biblioteca e un alumno do grupo de mediadores. O fallo do xurado farase público o venres 9 de febreiro.
5- Premios:
Categoría A (1º e 2ºESO): 
Primeiro premio: un libro por valor apoximado de 20€.
Segundo premio: un libro por valor aproximado de 15€
Categoría B (3º e 4ºESO e BAC):
Primeiro premio: un libro por valor apoximado de 20€.
Segundo premio: un libro por valor aproximado de 15€

17/01/18

SEMANA DE MANUEL LOURENZO @ BIBLIODIESTE (Xaneiro 2018)

Como comunicamos, a semana dedicada a un escritor galego, que anualmente celebramos en decembro, foi trasladada este ano á semana do 22 ao 26 de xaneiro debido á cantidade de saídas culturais programadas para os últimos días do trimestre. No seu momento publicaremos aquí a presentación e o pasapalabra sobre o autor homenaxeado: MANUEL LOURENZO, no que están traballando o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC.
Hoxe deixamos o horario:

SEMANA DE MANUEL LOURENZO @ BIBLIODIESTE

MÉRCORES 24
10.30/11.20 4ºB-Juan Carlos 1ºB-Xulia Sarah+Matilde
12.30/13.20 4º CUCA1ºA-Carlos Eloi+Matilde 

XOVES 25
9.20/10.10 4ºA- Inma 1º C-Xulia Luisa+Matilde 

VENRES 26
13.20/14.10 4ºC-Lucía Eloi+Matilde

Actividades: 
- presentación sobre Manuel Lourenzo 
- lectura textos de “Electra”, versión de M. Lourenzo 
- pasapalabra 

13/01/18

ORGULLOS@S DO GALEGO

Compartimos hoxe este video da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística fomentando o orgullo pola nosa lingua, que non debemos esquecer. 
Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.




Video "ORGULLOS@S DO GALEGO":






12/01/18

OS 'LIBROS VIVINTES-2018' (2ª edición - 1ª parte)

Hoxe venres 12 de xaneiro, comenzamos a segunda edición da actividade 'Libros Vivintes', unha iniciativa da Biblioteca Municipal Ágora, na que participamos por segundo ano consecutivo.
A primeira fase realizouse hoxe na nosa biblioteca, o alumnado dos grupos de 4ºESO neste horario:
4ºESO-B ás 9:20, 4ºESO-A ás 10:30 e 4ºESO-c ás 11:20.
Os vindeiros martes 23 e 30 de xaneiro terán lugar a segunda fase no Ágora.
Fotos do encontro de venres:
Videos:



09/01/18

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA-VIGO: O PERGAMIÑO VINDEL


Na derradeira semana de clases antes do Nadal, alumnado de diversos cursos (1º e 2ºBAC) foron de excursión con profesorado do equipo da Biblioteca a visitar museos, o de Pontevedra e o do Mar de Vigo, pero o principal motivo era ver o Pergamiño Vindel.
Hoxe compartimos unha serie de fotos testemuña da viaxe.
Alumnado no Museo de Pontevedra:
Alumnado no Museo do Mar de Vigo:

08/01/18

FELIZ REGRESO DESPOIS DOS REGALOS DE REIS


Hoxe volvimos todos ás clases despois das festas e dos regalos... esperamos que algúns foran como as desta viñeta de Faro, porque como di: "Os libros son os únicos obxectos solidos que desafían a lei da gravidade".

ETIQUETAS

a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras Morte de Sócrates mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía Pasapalabra patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER