Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións

01/06/22

FORMACIÓN DE USUARIOS PARA "RADIOFIESTRA", A NOSA RADIO ESCOLAR.




Rematamos, por este curso, a formación para Radiofiestra.

Para finalizar o ciclo de formación de radio escolar, alumnado de 3º e 1º ESO disfrutaron cos obradoiros impartidos por Dezdedez. Como facer un guión, que é unha escaleta, como locutar, gravar e editar un podcast. Este último aspecto foi traballado tamén con Vanessa, de Agareso. Temos radio para rato!!

01/02/21

OBRADOIROS DE FORMACIÓN DA RADIO NA ESCOLA NO "RAFAEL DIESTE"


Ao longo da semana pasada tiveron lugar as xornadas de formación de radio na escola para alumnado da ESO e profesorado. Durante 4 días algúns grupos de alumnado da ESO e os seus profesores e profesoras  aprenderon como se fai un programa de radio escolar e como podemos utilizalo para traballar nas distintas materias, na biblioteca, mediación etc..
A formación estivo impartida por Lucia Rodriguez, da asociación AGARESO (Asociación galega de reporteros solidarios). Estes cursos son unha iniciativa da de Biblioteca do Instituto.

Podedes escoitar os programas nesta ligazón: Programas de RadioFiestra
 

20/01/20

OBRADOIRO DE RADIO


Hoxe, luns 20 de xaneiro, tivo lugar a formación do alumnado que quere participar na radio do Instituto "RADIOFIESTRA". 25 rapaces e rapazas de todos os cursos asistiron ao obradoiro impartido por Luís, de radio Espora. Aprendemos como sacar partido á radio escolar, como traballar os contidos das materias, como gravar, como locutar…en fin un montón de cousas interesantes.
Para os alumnos e alumnas que quedastes na lista de espera faranse formacións nalgúns recreos. Pedide información na Biblioteca.


10/05/16

VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": OS OBRADOIROS



Repasamos nesta entrada os obradoiros que realizamos na pasada semana cultural. Foron dous:
- "SUFFRAGETTES: WHO WERE THEY?" (As Sufraxistas: quen eran?) celebrado o luns 25 e organizado polo Departamento de Inglés.
- "HILDEGARDA DE BINGEN" do que se fixeron dous pases, o venres 29, organizado polo Departamento de Música.

OBRADOIRO SOBRE AS SUFRAXISTAS.
VII CULTURAL WEEK WORKSHOPS: THE SUFFRAGETTES, WHO WERE THEY? on PhotoPeach

Neste obradoiro deuse unha visión sobre o movemento sufraxista británico de finais do século XIX e principios do XX que loitou polo dereito ao voto feminino. Coñecimos a vida da súa líder Emmerline Pankhurst, a través dun vídeo animado en inglés, as súas fotos orixinais, as súas palabras e citas e un dos seus discursos en audio. Tamén se comenta sobre o fatal accidente sufrido pola sufraxista Emily Davison, durante un acto de protesta, sendo arroiada por un cabalo na carreira de Epsom, que tamén se documenta co video orixinal do momento. Finalmente, se visionaron os trailers da película de 2015 "Sufraxistas". Todo en versión orixinal en inglés.
Entrada en inglés presentando o obradoiro @ ClickOnEnglish.

OBRADOIRO SOBRE HILDEGARDA DE BINGEN.
VII SEMANA CULTURAL: OBRADOIRO HILDEGARDA DE BINGEN on PhotoPeach


Neste segundo obradoiro, alumnado de varios grupos de música presentaron a biografía desta muller pioneira en moitos ámbitos do coñecemento: relixión, ciencia, literatura e tamén música. Interpretáronse tamén pezas musicais da propia Hildegarda. Ademáis de presentar a exposición sobre "A Física de Hildegarda" e un concurso sobre os seus estudios e descubrimentos neste eido. Contamos coa presenza da nosa propia Hildegarda, interpretada por unha alumna.

18/05/15

VI SEMANA CULTURAL: A HISTORIA DA ESCRITURA, OS TRABALLOS FEITOS (II)

OS OBRADOIROS

Acercámosvos unha segunda entrada sobre a nosa VI Semana Cultural. Hoxe as fotos dos obradoiros realizados durante a mesma.
Podedes ver a presentación dos obradoiros ou as fotos ao longo da entrada:


HISTORIA DA ESCRITURA (2): OS OBRADOIROS on PhotoPeach


- OBRADOIRO BRAILLE.











- OBRADOIRO CIRÍLICO:











- OBRADOIRO CUNEIFORME:







- OBRADOIRO GREGO.











- OBRADOIRO XAPONÉS.


21/10/13

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Se tes entre 12 e 16 anos e che gusta escribir, 

os días 11 e 18 de novembro ás 19:30 h. 

tes unha cita na Biblioteca do Forum Metropolitano 

con Francisco Castro

que impartirá un obradoiro gratuito de iniciación á escritura

centrada no desenvolvemento da creatividade, a 

experimentación literaria e o pracer de escribir.


Concibido desde unha perspectiva lúdica e moi participativa, os asistentes teredes a oportunidade de plasmar sobre o papel todo o que caiba na vosa imaxinación, literaturizar vosa vida, xogar a crear mundos coas palabras, escribir poemas, relatos e contos a partir de actividades sorprendentes. En definitiva, a gozar da experiencia literaria e da creación escrita porque desde o minuto uno do obradoiro escribiredes literatura.
Francisco Castro proporcionaravos actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Despois, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade), será o momento de teorizar e mostrar como grandes autores e autoras da literatura universal construían o seu universo de ficción.
O Obradoiro é eminentemente práctico e participativo e ten como obxectivo escribir e gozar do feito de crear literatura, así como aprender as técnicas básicas da creación literaria.
Non o penses máis e incríbete! Tes ata o 5 de novembro para apuntarte. Pásate pola Biblioteca Forum, chámanos ao Teléfono 981184298 ou envía un correo electrónico a bforum@coruna.es indicando os teus datos.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER