23/06/09
21/06/09
MUSEO DA ACRÓPOLIS


Para que poidades opinar, deixámosvos dúas fotos do novo Museo e este enlace http://www.theacropolismuseum.gr/, aínda que vos emprazamos a volver a Grecia para velo in situ.
20/06/09
APRENDER, FACENDO
Estes días os profesores miramos os derradeiros exames do curso e poñemos as notas. Logo virán as vacacións do verán, desconectaremos e, cando chegue setembro, volta a empezar. Resulta difícil cambiar os hábitos, máxime cando están inseridos dentro de nós dende hai moito tempo. Mais, con todo, se nolo propoñemos, creo que nunca é tarde para cambiar.
O vídeo que vén a continuación pode servir como punto de partida para nos decidir a intentalo.
HOMENAXE A HOMERO

Desde a biblioteca queremos desexar moita sorte aos nosos alumnos de bacharelato que onte acabaron a selectividade. Como esperamos que aproben todos e, polo tanto, que durante as vacacións de verán dispoñan de moito tempo de vagar, querémoslles propor unha viaxe –aínda que só sexa virtual- a Viena e visitar a exposición “O fenómeno Homero” na Biblioteca Nacional Austríaca (ÖNB). Podedes premer neste enlace
ou ben informarvos sobre esta exposición entrando no Departamento de Grego.
19/06/09
A NOSA FALA É NOSA
"A nosa fala é nosa. Pospola a outra calquera, é unha forma de suicidio". Manuel Antonio.
Galicia E O Galego
View more OpenOffice presentations from guest4f6100.
17/06/09
HISTORIA DO TEATRO
Deixámosvos unha historia do teatro recollida polos alumnos de 1º de Bach. do instituto Río Cabe de Monforte de Lemos para que repasedes un pouco, e tamén para que vexades que se poden facer moitas cousas sempre que un queira facelas.
Esta apropiación é tamén un xeito de darlles a noraboa aos alumnos e profesores do Río Cabe polo seu premio edublogs09.
14/06/09
O TEATRO, ESPELLO DA VIDA

Esta fin de semana represéntase no Rosalía de Castro a obra Dos menos, do autor francés Samuel Benchetrit, na que actúan xuntos por primeira vez en teatro dous grandes actores, Héctor Alterio e José Sacristán, baixo a dirección de Oscar Martínez. A obra parte do momento no que dous homes maiores, que están nun hospital, reciben a noticia de que lles quedan uns días de vida. Deciden fugarse do hospital e xuntos van a distintos lugares, iniciando unha viaxe que suporá un regreso aos sentimentos máis prezados, e ás veces máis esquecidos, do ser humano: o amor, a amizade, a paternidade, o efémero da vida. Mais trátase dunha viaxe chea de vitalidade e aceptación, na que só nos recordos aparece o sufrimento. O argumento escrito en clave de humor, consegue facernos rir coas vicisitudes destes dous enfermos terminais, magnificamente representados por dous veteranos actores que amosan no escenario todas as súas táboas.
Pois ben, para explicar a temperanza, a prudencia (os gregos falaban de sophrosyne) que os dous protagonistas da obra de Benchetrit mostran ante a inmediatez da morte, nada mellor que acudir a unhas palabras do Agamenón de Esquilo:
"A aprendizaxe é a través do sufrimento. Só entón chega o perdón e a comprensión divina, só entón chega o home a acadar a sophrosyne, a temperanza e a xustiza".
12/06/09
CENTENARIO DE AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
Iglesia Alvariño publica na preguerra Señardá (1930) e Corazón ao vento (1933) e na posguerra Cómaros verdes (1947), que marca o inicio da recuperación da poesía galega despois de dez anos de silencio, De día a día, que recolle poemas escritos entre 1933 e 1960, Lanza de soedá (1961) e Nenias (1961), orixinariamente unha sección de Cómaros verdes, co engadido de novas composicións. En 1964, morto xa o poeta, publicaríase Leva o seu cantare, unha edición de poemas inéditos preparada por un grupo de amigos.
A biblioteca, nun momento en que os estudos de Humanidades en xeral e de clásicas en particular están en perigo de extinción, quere lembrar ao autor de Cómaros verdes e agasallarvos con este poema seu:
Nos curros de Aldoar
Non na cama de hexámetros virxilianos
con Deiopea. Nos curros de Aldoar
durmiu esta noite o vento con Oreade.
*
Os seus bicos sabían a queirogas
a rosadas e xestas de Valiño
con flores e niños de xemexeme.
*
Traguía nas súas mans un soño ledo
de aloumiñar centeos e liñeiras.
E a súa voz era moi noviña
de falar coas loias no camiño do sol.
*
Vento pagán de ollos verdes,
ti n'afundiches frotas nemigas no Tirreno!
*
Nese teu mar de grañas infinitas
arrempuxas os pailebotes craros
dos cantares das leiras.
Cómaros verdes (1947).
08/06/09
A RESACA DO DÍA SEGUINTE
PROPOSTA DE CREACIÓN: microrrelato de humor
(Dámosvos o título e o comezo. Único requisito: utilizar maioritariamente palabras rematadas en -ión.)
Despois de tanta opinión, crispación, reflexión, elección,... hoxe toca relaxación e boa dixestión. E SATISFACTION?...
Continuade...

GRAZAS a Plétora de Piñatas polo seu exquisito humor.
SE PREMES NA IMAXE VERALA MELLOR.
07/06/09
O REINO DE SCHEREZADE

Agora que o curso apura os seus últimos días e os alumnos están pendentes de exames e notas que lles poden dar ou non o pasaporte a unhas vacacións despreocupadas, na biblioteca é a hora do reconto, de avaliar o feito e deixar organizado o comezo do novo curso. Porque, aínda que haxa momentos de desánimo, como di Almudena Grandes no excelente artigo de hoxe da súa Escalera Interior, "el amor que inspiran los libros es una pasión compleja, tan difícil de explicar como la vida", pero gustaríanos darlla a coñecer aos que aínda non a descubriron.
Tamén Gustavo Martín Garzo reflexiona sobre os libros no seu artigo de hoxe ¿Todo está en los libros? e dinos entre outras cousas que cando lemos un libro que nos gusta percibimos algo "muy cercano a la experiencia amorosa".
Por iso queremos seguir dando a coñecer e animando a ler "ese botín inagotable y secreto" que se agocha nas bibliotecas.
06/06/09
A BIBLIOTECA RECOMENDA
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente queremos recomendar estes libros especialmente aos alumnos de 2º de Bach, aínda que tamén os podedes ler todos os que esteades interesados por este tema.
05/06/09
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

"Hai quince anos que gardo dentro de min esta película. O que vin e aprendín sobrevoando a terra cambioume. Hoxe, todo o que recibín quéroo compartir. Pola calidade das imaxes e das reflexións, esta película deberá facernos comprender que TODOS temos parte de responsabilidade e que cada quen debe aportar o seu gran de area".
E na nosa cidade tamén temos un aniversario: hoxe cúmprense dez anos da inauguración do Aquarium Finisterrae ou "Casa dos Peixes", así que vos propoño que lle fagades unha visita este serán para celebralo.
04/06/09
ACHÉGATE Á ARTE

Se vos gusta a arte e máis concretamente a pintura neoimpresionista estades de noraboa. Un grupo de deseñadores, historiadores e especialistas da imaxe dannos a coñecer a pintura de Cezanne, Van Gogh e Gauguin en alta definición a través de ZOOMORAMA, un recurso que pode servir tamén para converter fotos en retratos ampliables.
Se queredes repasar a obra destes grandes mestres da pintura premede AQUÍ.
01/06/09
VIAXE ÁS ORIXES
Hoxe, 1 de xuño, estréase na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid o documental LA ESPAÑA PREHISTÓRICA, realizado polo profesor J.L. Arsuaga e o director de cine documental da natureza Xabier Trueba. O documental recorre os ecosistemas que foron ocupando as distintas especies da nosa familia dende as selvas africanas, onde viviron os nosos máis remotos predecesores hai seis millóns de anos, ata os nosos días. Así mesmo recóllense os principais fósiles, protagonistas da evolución humana, e os xacementos onde foron atopados, realizando unha parada especial na serra de Atapuerca, un lugar excepcional para visitar todos os que esteades interesados en disciplinas relacionadas coa evolución humana ou por simple curiosidade.
A Fundación Atapuerca, onde poderedes ver interesantísimas exposicións, está situada en Ibeas de Juarros, a só 15 quilómetros de Burgos e moi preto dos xacementos da Serra de Atapuerca, na estrada de Logroño.
OS QUE POIDADES, APROVEITADE AS VACACIÓNS DO VERÁN PARA VIAXAR Á PREHISTORIA.
A CONTINUACIÓN TEDES UNS DOCUMENTAIS PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA DO QUE HAI EN ATAPUERCA:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ETIQUETAS
8-M
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
Ágora
alfin
amor
animación
ApadriñaLector
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
Cosmos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
física
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
galego
Galicia
Gastronomía
graduación
Grego
guías
HªEscritura
HªOlimpiadas
historia
homenaxe
HoraDeLer
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
LIBROS
LibrosVivintes
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
MUSE
museos
música
nadal
narrativa
natureza
Nobel
noticias
O CINE
O MAR
obituario
obradoiro
Odisea
OPINIÓN
ortografía
P.Cervantes
P.Dado
Pasapalabra
patrimonio
PATRIMONIOGALEGO
paz
pioneiros
PLAMBE
PlanProxecta
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
Radiofiestra
RadioNaBiblio
RD25Anos
recursos
revista
roteiros
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
vídeos
violencia de xénero
votacións
xadrez
xeografía
xogos
XOGOSTRADICIONAIS
xornadas
xornalismo
xubilación
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
Agora que en moitas materias estades preparando ou expoñendo os vosos traballos, ou que imos comezar a preparar os traballos para a Semana C...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Este día celébrase cada ano dende 1993. Con este día, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, quere concienciar ao mundo sobre a necesidade...
-
No "RAFAEL DIESTE" practicamos o 'bookcrossing' ou 'intercambio de libros'. No patio central temos instalado es...
-
Hoxe temos o privilexio de recibir a visita do escritor sueco de orixe grega Theodor Kallifatides que dará unha conferencia para o alumnad...
-
Este ano como celebracións do Día do Libro 2022, Bibliodieste preparou unha serie de actividades: Para empezar, o alumnado fixo recomendació...
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Hoxe o alumnado de 1ºBAC tiveron a oportunidade de disfrutar do encontro coa escritora Nieves Abarca para falar da súa novela "VORACES&...
-
Compartimos hoxe este video da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística fomentando o orgullo pola nosa lingua, que non...
-
O venres 3 de maio poidemos escoitar a entrevista que tres alumnos de 2ºESO A e B de ITI fixeron ao actor galego Antonio Durán, "Mo...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
Agora que en moitas materias estades preparando ou expoñendo os vosos traballos, ou que imos comezar a preparar os traballos para a Semana C...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
No "RAFAEL DIESTE" practicamos o 'bookcrossing' ou 'intercambio de libros'. No patio central temos instalado es...
-
Este ano como celebracións do Día do Libro 2022, Bibliodieste preparou unha serie de actividades: Para empezar, o alumnado fixo recomendació...
-
Este día celébrase cada ano dende 1993. Con este día, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, quere concienciar ao mundo sobre a necesidade...
-
Feliz Día do libro. Dende a biblioteca recomendamosvos a lectura dalgún dos libros do autor Theodor Kallifatides, que nos visitará o 4 de ...
-
Hoxe temos o privilexio de recibir a visita do escritor sueco de orixe grega Theodor Kallifatides que dará unha conferencia para o alumnad...
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Hoxe o alumnado de 1ºBAC tiveron a oportunidade de disfrutar do encontro coa escritora Nieves Abarca para falar da súa novela "VORACES&...
-
Psiquiatra na aula Nesta ligazón superior o artigo de Pablo Portabales en "La Voz de Galicia" sobre a visita do médico Luís Ferrer...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraind...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facía...
-
Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemática...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...
-
Cómpracenos informar que o noso centro IES Plurilingüe "Rafael Dieste" foi un dos 30 novos institutos da comunidade ga...