Amosando publicacións coa etiqueta certames. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta certames. Amosar todas as publicacións

12/06/23

GAÑADORAS DO SEGUNDO CONCURSO DE MICRORRELATOS "PALABRAS MÍNIMAS"


 Para celebrar o Día das Letras Galegas deste ano, convocouse por segunda vez o concurso de microrrelatos. Na categoría da ESO, as gañadoras foron Laura Mora e Julieta Pérez. En Bacharelato, o premio é para Guillermo López.

Parabéns para os tres!

01/05/19

III PREMIOS DADO 2019


Onte martes 30 de abril falláronse os III Premios Dado no Ágora. Alumnado do noso instituto foi premiado:
III PREMIOS DADO 
- Segundo premio na categoría A: Xoel Añón Lage (S1B).
- Primer premio na categoría B: Uxía Queijeiro Sesar (B1B).
AdemáIs, na categoría B fOron tamén finalistas Raquel Torres (B1A) E Paula Iglesias (B1B).
Vera Losada Castro (S2D) foi finalista na categoría A de Booktrailers.

25/04/18

PREMIOS DADO 2018

Alumnado de BAC do 'Rafael Dieste' participante nos Premios Dado 2018.
Alumnado de ESO do 'Rafael Dieste' participante nos Premios Dado 2018.


Podedes ver nas fotos superiores o alumnado do 'Rafael Dieste' que participou no certame de microrrelatos "Premios Dado 2018". Entre todos eles, tivemos dous premiados. Os premios entregáronse o pasado martes 19 de abril. Noraboa a todos os premiados e os que participaron!


PREMIOS DADO DE MICRORRELATOS 2018
AMELIA MARTÍNEZ LOUREDA (S2C)
GAÑADORA DO SEGUNDO PREMIO
NA CATEGORÍA A


PREMIOS DADO DE MICRORRELATOS 2018
YAHYA HICHAM REDOUAN (B1C)
GAÑADOR DO SEGUNDO PREMIO
NA CATEGORÍA B


25/05/17

CONCURSO MICRORRELATOS "DADO 2017"



O pasado martes 23 de maio, celebrouse na Biblioteca Municipal do Ágora a fase final do concurso de microrrelatos organizado polo grupo DADO (formado por seis institutos da cidade: Agra, Elviña, Monelos, Monte das Moas, Rafael Dieste e Zalaeta). Un xurado formado por escritores e persoal da biblioteca do Ágora decidiron os galardonados. Entre eles están algúns do noso alumnado. (Na foto podedes ver a todos os participantes do noso instituto).

- CARLOS INFANTE RODRÍGUEZ 
(2ºESO-A) foi o 2º premio da súa categoría (A- ata 2ºESO)

- JONATHAN SUÁREZ FILGUEIRA 
(1ºBAC-C) foi o 1º premio da súa (B- ata Bacharelato)

Ademáis tiveron mencións honoríficas, chegando á final entre os cinco mellores:

- AROA JIMÉNEZ JIMÉNEZ (1ºESO-A) e 

- LUISANA ÁLVAREZ MONSALVE (1ºBAC-B)

Noraboa e parabéns para todos eles!

07/03/16

XI PREMIO LITERARIO "RITA SUÁREZ AMADO"

Por undécimo ano celebrouse o Premio Literario "RITA SUÁREZ AMADO" organizado polo IES Plurilingüe Eusebio da Garda de A Coruña para recordar a unha das súas alumnas que morreu prematuramente. O pasado venres 4 de marzo fixeron entrega dos premios.
Nesta edición, dúas das nosas alumnas están entre as galardoadas. Noraboa a ambas as dúas.

- Raquel Torres Díaz (2ºESO-A)
- Mar Álvarez Varela (3ºESO-A)


04/12/15

CULTURGAL 2015

Culturgal, a Feira das 
Industrias Culturais Galegas, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Un punto de encontro no que o sector da cultura mostra a súa forza. Unha oportunidade para mostrar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, institucións e ao público en xeral nun gran escaparate.
Pero ademáis Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia. Remarcar o valor social e económico desa acción cultural é unha misión central da Feira.
Celébrase esta fin de semana en Pontevedra.



09/11/14

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


O pasado venres e sábado celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago as V Xornadas de bibliotecas escolares con conferencias sempre moi interesantes dada a categoría dos conferenciantes seleccionados, e mesas con diversas experiencias levadas a cabo en centros galegos. Estas últimas sempre nos aportan moitas ideas para levar a cabo no noso centro, e sempre nos deixan a mesma sensación "Mi madriña querida...CÁNTO SE TRABALLA NAS BIBES! Menos mal que comeza tamén a valorarse un pouco todo o que estamos a facer  nos centros de ensino por cambiar "o chip" e adaptarnos a estes tempos tan cambiantes.
Desde arquivos queremos dar a noraboa a todos os que nos presentastes as vosas experiencias nestas xornadas, non só polo moito que sacamos delas, senón tamén porque nos confirmades que IMOS POLO BO CAMIÑO e nos dades ánimos para seguir.



15/05/14

XXVI CERTAME DE POESÍA "CELSO EMILIO FERREIRO"



Deixámosvos a información sobre o XXVI Certame de Poesía "Celso Emilio Ferreiro", que organiza o IES "Celso Emilio Ferreiro" de Celanova, aberto a todo o alumnado de ensino medio e en galego.
Por se vos animades a participar... aquí van as bases:


15/10/13

CONCURSO DE NARRACIÓN: A CIENCIA QUE CONTA


Ciencia Que Conta é un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
1. Participantes.
A convocatoria vai dirixida ao alunado de Educación Primaria, Institutos de Educación Secundaria e público en xeral. A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases. As obras serán de autoría individual ou cun máximo de dous autores, tendo en todo caso un único premio ao relato.
2. Presentación dos traballos.
Os traballos presentados deben ser orixinais, inéditos e escritos en língua galega. A extensión máxima será de 1000 palabras (aproximadamente tres follas DIN A4). Os traballos enviaranse exclusivamente ao seguinte enderezo:

Indicaranse os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, teléfono e estudos que cursa) e do seu centro de ensino (nome, enderezo e teléfono), de ser o caso. Nun arquivo adxunto irá o relato, encabezado polo título e o pseudónimo, sen datos persoais. Desde a organización enviarase de volta un correo electrónico confirmando a recepción do relato.
Para calquera aclaración poden dirixirse a contacto@cienciaqueconta.com
3. Prazos.
O prazo de recepción dos traballos remata o 16 de novembro de 2013. As resolucións do Xurado publicaranse na web http://www.cienciaqueconta.com/
Comunicarase por correo electrónico aos gañadores ou a través do seu centro de ensino.
A entrega de premios farase nun acto público.
4. Categorías.
a) Alumnado de Educación Primaria.
b) Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP.
d) Público en xeral.

5. Tema dos traballos.
Non pretenden ser relatos de ciencia ficción nin artigos sobre ciencia nin meras descricións. Procúrase que –en función da idade-se desenvolva un relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple. Valorarase sobre todo a calidade do traballo e o acerto no contido científico.Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:
  • Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, un descubrimento, etc.
  • Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas exploracións da natureza, etc.
  • Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras), observacións da nosa vida cotiá (na rúa, na cociña, na praia, na festa, nas atraccións de feira, etc.).
  • Científicos e científicas: baseado en algún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún descubrimento, como se lle ocurriu ou elaborou algunha teoría ou lei. Non debe ser unha mera descrición da súa vida. Valoraranse relatos que inclúan mulleres como protagonistas ou arredor de historias de mulleres.
  • Na web: http://www.cienciaqueconta.com pódense ler as publicacións resultantes dos concursos anteriores.
6.  Comité Organizador e Xurado.
O Comité Organizador está formado polos membros do Grupo DIVULGATIA, da Universidade de Vigo.
O Xurado, nomeado polo Comité Organizador, estará formado por persoas relevantes no campo da divulgación científica, o xornalismo, a literatura ou o ensino das ciencias. As resolucións do Xurado serán inapelábeis.
A presentación das candidaturas supón a conformidade dos participantes coas bases. Calquera cuestión non recollida nelas será resolta a discreción da organización. Os participantes comprométense a xustificar a veracidade dos datos que faciliten sobre as candidaturas presentadas.
7. Premios.
Para cada categoría haberá tres premios:
Primeiro Premio:
Diploma acreditativo.
Tablet.
Segundo Premio:
Diploma acreditativo.
Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade.
Terceiro Premio:
Diploma acreditativo.
Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade.
Nas categorías de Educación Primaria e Secundaria poderá haber ademais dous accésits. Os premios poderán declararse desertos.
Os premiados menores de idade deberán acudir a recoller o premio acompañados do seu pai, nai ou titor legal ou cunha autorización expresa destes.
A organización declina cualquer responsabilidade sobre conflitos de propiedade ou cesións de dereitos relativos as candidaturas.
8.  Reprodución das obras. Dereitos de imaxe.
As obras seleccionadas serán publicadas na web: http://www.cienciaqueconta.com a partir do 3 de decembro de 2013. Logo da resolución do concurso, como en edicións anteriores, publicarase un libro cunha selección dos mellores relatos presentados ao concurso.
De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, todos os participantes cederán os dereitos en exclusiva de reprodución e difusión das obras presentadas sen necesidade de permiso expreso e sempre que se identifique o nome do autor ou autora. O Comité Organizador poderá publicar as obras presentadas co único requisito de facer referencia á autoría e resérvase o dereito de exposición e distribución dos traballos presentados.
Os autores ceden aos organizadores de xeito exclusivo e coa facultade de cesión a terceiros, os dereitos patrimoniais de explotación das obras obxecto do presente concurso. O Comité Organizador comprométese a exercitar os dereitos de explotación conforme aos bos usos e con rigoroso respecto aos dereitos morais do autor ou autora.
Os participantes conceden ao Comité Organizador o dereito a gravar e utilizar a súa imaxe e voz en actos derivados do presente concurso.
9. Aclaracións sobre estas bases.
Calquera aclaración, puntualización ou rectificación destas bases farase pública na web:
Protección de datos
Os datos persoais dos participantes no Concurso, os dos seus profesores e os dos pais ou titores legais que autorizan a súa participación serán incluídos nos ficheros que a Fundación Barrié ten debidamente inscritos na Axencia de Protección de Datos e que cumpren todos os requisitos da Lei Orgánica 15/1999 e do Real Decreto 1720/2007 que a desenvolve. Todos os datos solicitados aos participantes e aos seus profesores son necesarios para a súa inclusión no concurso e serán destinados á xestión e organización do mesmo. O nome e a imaxe dos concursantes e dos seus profesores, así como o nome dos centros aos que pertencen, poderán ser obxecto de comunicación pública nas actuacións presentes ou futuras que poida levar a cabo a Fundación Barrié sempre que ditacomunicación pública estea relacionada coa súa participación no concurso. Quedan recoñecidos, no entanto, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, que poderán ser exercidos, previa acreditación da personalidade ou da representación, na dirección de Cantón Grande, 9 – 15003 (A Coruña).

12/03/12

CERTAME DE POESÍA

Se che gusta a poesía, se algunha vez escribiches ou pensaches escribir algún poema, anímate e participa no VI certame de poesía "Xosé Barral" destinado a alumnos de ESO e BACHARELATO.

17/10/11

4º CONCURSO DE RELATOS: CIENCIA QUE CONTA

Os que sodes afeccionados á escrita tedes a oportunidade de presentarvos ao 4º concurso de relatos CIENCIA QUE CONTA 2011.
Animádevos.
Tedes ata o 10 DE NOVEMBRO

Bases do certame:

É un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+I no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade, nomeadamente a galega, e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

1. Participantes.

A convocatoria vai dirixida ao alumnado de Educación Primaria, Institutos de Educación Secundaria e público en xeral. A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases. As obras serán de autoría individual ou cun máximo de dous autores, tendo en todo caso un único premio ao relato.

2. Presentación dos traballos.

Os traballos presentados deben ser orixinais, inéditos e escritos en língua galega. A extensión máxima será de 1000 palabras (aproximadamente tres follas DIN A4). Os traballos enviaranse exclusivamente por correo electrónico ao seguinte enderezo:

No correo indicarase título do relato, un pseudónimo e os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, estudos que cursa, enderezo e teléfono) e do seu centro de ensino centro escolar (nome, enderezo e teléfono), de ser o caso. Nun arquivo adxunto irá o relato, encabezado polo título e o pseudónimo, sen datos persoais. Desde a organización enviarase de volta un correo electrónico confirmando a recepción do relato.

3. Prazos.

O prazo de recepción dos traballos remata o 10 de novembro de 2011. As resolucións do Xurado publicaranse na web:
 http://cienciaqueconta.wordpress.com/
Comunicarase por correo electrónico aos gañadores ou a través do seu centro de ensino. A entrega de premios farase nun acto público.

4. Categorías.

a) Alumnado de Educación Primaria.

b) Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

c) Alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP.

d) Público en xeral.

5. Tema dos traballos.

Non pretenden ser relatos de ciencia ficción nin artigos sobre ciencia nin meras descricións. Procúrase que -en función da idade-­ se desenvolva un relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple. Valorarase sobre todo a calidade do traballo e o acerto no contido científico. Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:

- Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, un descubrimento, etc.

- Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas exploracións da natureza, etc.

- Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras), observacións da nosa vida cotiá (na rúa, na cociña, na praia, na festa, nas atraccións de feira, etc.).

- Científicos e científicas: baseado en algún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún descubrimento, como se lle ocorreu ou elaborou algunha teoría ou lei. Non debe ser unha mera descrición da súa vida.

- Valoraranse relatos que inclúan mulleres como protagonistas ou arredor de historias de mulleres.

- Na web: http://cienciaqueconta.wordpress.com/ pódense ler as publicacións resultantes dos concursos anteriores.

6. Comité Organizador e Xurado.

O Comité Organizador está formado polos membros do Proxecto A Ciencia Conta a Universidade de Vigo.

O Xurado, nomeado polo Comité Organizador, estará formado por persoas relevantes no campo da divulgación científica, o xornalismo, a literatura ou o ensino das ciencias. As resolucións do Xurado serán inapelábeis.

A presentación das candidaturas supón a conformidade dos participantes coas bases. Calquera cuestión non recollida nelas será resolta a discreción da organización. Os participantes comprométense a xustificar a veracidade dos datos que faciliten sobre as candidaturas presentadas.

7. Premios.

Para cada categoría haberá tres premios:

Primeiro Premio:

Diploma acreditativo.

Ordenador ultraportátil.

Segundo Premio:

Diploma acreditativo.

Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á súa idade.

Terceiro Premio:

Diploma acreditativo.

Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade.

Nas categorías de Educación Primaria e Secundaria poderá haber ademais dous accésits. Os premios poderán declararse desertos.

Os premiados menores de idade deberán acudir a recoller o premio acompañados do seu pai, nai ou titor legal ou cunha autorización expresa destes.

A organización declina cualquer responsabilidade sobre conflitos de propiedade ou cesións de dereitos relativos as candidaturas.

8. Reprodución das obras.

As obras seleccionadas serán publicadas na web:
 a partir do 25 de novembro de 2011. Logo da resolución do concurso, procurarase, como en edicións anteriores, publicar un libro cunha selección dos mellores relatos presentados ao concurso.

De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, todos os participantes cederán os dereitos en exclusiva de reprodución e difusión das obras presentadas sen necesidade de permiso expreso e sempre que se identifique o nome do autor ou autora. O Comité Organizador poderá publicar as obras presentadas co único requisito de facer referencia á autoría, e resérvase o dereito de exposición e distribución dos traballos presentados. Os autores ceden aos organizadores de xeito exclusivo e coa facultade de cesión a terceiros, os dereitos patrimoniais de explotación das obras obxecto do presente concurso. O Comité Organizador comprométese a exercitar os dereitos de explotación conforme aos bos usos e con rigoroso respecto aos dereitos morais do autor ou autora.

9. Aclaracións sobre estas bases.

Calquera aclaración, puntualización ou rectificación destas bases farase pública na web:



01/03/10

FINALISTAS DO CERTAME DE CARTAS DE AMOR

Por fin saen os finalistas do Certame de Cartas de Amor. Despois de moito meditar o xurado decidiu elixir as cartas que vedes aquí, aínda que hai que dicir que a maioría das cartas presentadas merecían un premio.
Noraboa a todos os participantes.

31/01/10

CERTAME DE CARTAS DE AMOR

Tedes por todo o instituto as bases do

CERTAME DE CARTAS DE AMOR

deste ano.

Seguro que xa pensastes a quen lla queredes dirixir.

En canto a teñades, vídea botar axiña ao
buzón da biblioteca
para que chegue canto antes ao seu destino.

E para que vos vaiades ambientando recomendámosvos este precioso libro

Premede sobre a imaxe e saberedes máis sobre el.

03/11/09

GAÑADORES DA 1ª XINCANA CULTURAL DA BIBLIOTECA

Xa temos os gañadores da 1ª XINCANA CULTURAL organizada pola biblioteca con motivo da Semana de Portas Abertas. Son:

NICOLÁS GONZÁLEZ GRANADO
e
PAULINA ÁLVAREZ MONSALVE

Ademais acadaron un diploma por acertar algunha das probas propostas os alumnos seguintes:

MARCOS DOMÍNGUEZ CODESAL, MÓNICA CANOSA GENDE, LAURA DEL MONTE RODRÍGUEZ e PAULA MANRIQUE VELAYOS.

07/02/09

DÍA DOS NAMORADOS

Cupido e Psique de ANTONIO CÁNOVA (1757-1822)


A semana do 9 ao 14 de febreiro celebraremos o Día dos Namorados con diversos actos:
  • Certame de cartas de amor: En tempos convulsos como estes, nos que vivimos rodeados de violencia, nada mellor que volver os ollos ao amor. Por iso desde a biblioteca animámosvos a participar neste concurso, no que recibirán un premio as tres cartas que máis nos gusten a todos. A data de entrega remata o día 9 de febreiro.
  • Exposición de libros de amor: Ao longo da semana, do 9 ao 13 de febreiro, no interior da biblioteca, expoñeremos unha selección de obras que traten este tema para que poidades levalas en préstamo.
  • Exposición de poemas de amor: O venres 13 de febreiro, xusto á saída da biblioteca, atoparedes unha exposición de poemas de amor de épocas e países diversos con exemplares suficientes para que todos poidamos coller os que nos gusten. O noso lema é: “En tempos de crise, regala un poema”.
  • Recuncho de poesía: O venres 13 de febreiro, nos recreos, volverá a haber audicións musicais, esta vez de amor, non podía ser doutra maneira. Sonarán os temas Lela de Castelao, cantado por Dulce Pontes, Te Quiero de Mario Benedetti, cantado por Los Sabandeños, e Te Quiero de Pablo Neruda, cantado por Antonio Vega.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER