Amosando publicacións coa etiqueta tics. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tics. Amosar todas as publicacións

18/10/18

PROXECTO "O SAMAÍN"


O proxecto "O Samaín", organizado polos departamentos de Lingua Galega, Teconoloxía e o apoio da biblioteca, pretende acercar ao noso alumnado A FESTA DO SAMAÍN intentando ofrecerlles a relación estreita que esta festa ten coa celebración anglosaxona do Halloween. Leremos e dramatizaremos textos narrativos e poéticos tanto dos nosos autores coma da tradición oral popular tratando de conculcar na xuventude do noso centro o valor das tradicións afincadas no noso medio natural ao que o pobo galego estivo sempre moi ligado e aínda segue, e sobre todo o código que usamos para expresármonos, a lingua. 
Por outra parte, procuraremos tamén establecer pontes entre a tradición de noso e os costumes ancestrais vinculados á cultura universal, en que o tema da morte se filtra na idiosincrasia de numerosos pobos. Esas actividades arredor da morte, como diciamos, realizábanse no noso medio natural pero, co progreso, a natureza vese alterada cun produto creado polo home, o primeiro material sintético, o plástico. Este, calquera que sexa a súa composición, propiedades, aplicacións e técnicas de fabricación está a ser un gravísimo problema para o noso medio natural e cómpre urxentemente a súa reciclaxe ou substitución mesma deste.

Ligazón á escolma de textos traballados no Proxecto "O Samain": AQUÍ

22/11/17

ODILO: A BIBLIOTECA NA NUBE


ODILO é unha innovadora empresa española que levou a revolución dixital ao ámbito dos libros e das bibliotecas. A compañía naceu en 2011 coa idea de levar a tecnoloxía na nube ao sector do libro, e conseguir en formato electrónico os libros que se venden nas librerías, exportando este servizo ás bibliotecas tamén. Crearon así un catálogo virtual de 1,3 millóns de contidos dixitais en 42 linguas. Compran os dereitos de libros xa dixitalizados, os catalogan e os suben a unha plataforma. Os usuarios descargan unha aplicación e poden ter acceso a un gran número de exemplares nas súas tablets ou nos seus libros dixitais.
O proxecto levouse despois a empresas, institucións públicas e centros de ensinanza,.busca Neste últimos procura o fomento da lectura  entre o alumnado e un aforro para as familias nas compras de libros. Odilo é líder en lingua castelá e está presente en 35 países. A súa expansión conta con investimento da Unión Europea.

+ info: [El País]

28/10/17

RECURSOS EDUCATIVOS DIXITAIS


Vimos de incluir un novo enlace que poderedes atopar no apartado de RECURSOS TIC (na columna da dereita na parte de abaixo da páxina principal deste blog). Este novo enlace leva ao blog de Javier Tourón, donde poderedes atopar unha multitude de recursos dixitais.


Xa podedes tamén enlazar dende aquí: RECURSOS EDUCATIVOS DIXITAIS.


25/05/17

VIOLENCIA DE XÉNERO DIXITAL


Achegamos un video de actualidade que recolle o decálogo de formas de violencia de xénero dixital, a que se fai cos novos medios tecnolóxicos.

Video:


20/02/17

"LA LECTORA FUTURA"


Na entrada anterior, presentabamos a plataforma dixital para o fomento da lectura. Hoxe mostrámosvos outra plataforma dixital que contén unha páxina web, unha revista dixital e un boletín diario con toda a información relevante para un lector interesado. Todas as noticias relacionadas co mundo literario, axenda de eventos, buscador de libros e incluso unha tenda para poder compralos. Xa está en funcionamento e é gratuita. Deixamos o enlace:


17/02/17

BENVIDOS A "LEEMOS"


"Bienvenidos a 'Leemos'", así nos recibe o novo proxecto dixital da Fundación Telefónica e a Fundación José Manuel Lara para o fomento da lectura que ven de presentarse o pasado día 15 de febreiro. Nace co obxectivo de crear un programa de mellora real da comprensión lectora do alumnado. "Leemos" é unha plataforma dixital gratuita baseada nun entorno de lecturas recomendadas con tres espazos diferenciados: profesorado, lectores xoves e familias. Deixámosvos aquí o enlace para que visitedes esta nova páxina.

Plataforma dixital de fomento da lectura: "LEEMOS"

09/11/16

DA CIENCIA FICCIÓN Á VIDA REAL...


A literatura e o cine anticiparon moitos dos inventos tecnolóxicos e científicos que logo foron materializándose á vida real. A ciencia ficción é un xénero que bebe de forma moi importante da imaxinación. A infografía superior mostra cales foron estes avances e comparan a data cando foron imaxinados nunha historia e na que finalmente viron a luz na realidade.
A próxima década verá a culminación destes avances tecnolóxicos e fai uns días un artigo dun xornal "DOCE INVENTOS QUE XA EXISTEN E QUE VAN CAMBIAR A NOSA VIDA" (El País), recopilaba os inventos máis revolucionarios e que transformarán as nosas vidas moi pronto.
No artigo cítanse:
- Tecnoloxía do cerebro: implantes neuronales para mellorar a vida das persoas con discapacidades.
- Impresoras 3D: aproximándose ao teletransporte.
- CRISPR, un invento da natureza: a edición genómica poderá erradicar enfermedades hereditarias non so para un paciente senon que tambén para os seus descendentes.
- Coches autónomos cun piloto automático: coches autoconducidos 99% seguros.ç
- Grafeno, o material divino, máis resistente pero flexible.
- Computación afectiva: robots con emocións.
- Os outros mundos da realidade virtual aplicados non só aos xogos, pero tamén ao mundo laboral.
- As baterías, acumuladores de enerxía.
- Agricultura de precisión: mellorar o rendimento das colleitas e as necesidades reais.
- SIRI ou os asistentes personais virtuais.
- Encriptación biométrica: rasgos biolóxicos únicos para a nosa identificación persoal.
- Robots quirúrgicos: ciruxiáns androides.
Se ledes o artigo e os enlaces dos diferentes inventos, poderedes atopar algunhas referencias literarias ou cinematográficas de algúns inventos que agora son cada vez máis unha realidade.



29/03/16

UNHA PIONEIRA GALEGA: ÁNXELA RUIZ ROBLES E O PRIMEIRO E-BOOK


Benvidos de novo, tras as vacacións. Se onte abríchedes Google encontraríades o doodle que está encima adicado a unha pioneira, leonesa de nacemento, pero que viviu e traballou en Galicia: Ánxela Ruiz Robles, unha mestra, escritora e inventora do que pode considerarse o primeiro ebook ou libro electrónico. Onte foi o 121º aniversario do seu nacemento. Aqui deixámosvos coa súa invención e mais información sobre ela.

02/02/16

+ RECURSOS TIC



Achegamos máis recursos TIC hoxe con un enlacfe a un artigo que recopila distintos sitios da rede donde poder encontrar música, sons, efectos sonoros e todo o relacionado con audio de forma libre. 
Enlace: 

Recopilatorio de sitios con audio libre para usar nos nosos proxectos. 

(Boletic CPR Castuera)

30/01/16

IMAXES INTERACTIVAS



Fai uns días puxemos no noso apartado de "formación de usuarios" este interesante enlace ao video titorial de YouTube que permite enriquecer as nosas imaxes convertíndoas en contido interactivo. Éste é o tutorial que nos ensina o uso desta ferramenta. O video tamén podedes velo aquí:




19/01/16

15º ANIVERSARIO DA WIKIPEDIA





O pasado venres 15 de xaneiro a Wikipedia, a enciclopedia libre de Internet, cumpliu os seus primeiros 15 anos. Ven funcionando dende o 15 de xaneiro do 2011. Jimmy Wales e Larry Sanger foron os seus creadores.
Naceu como unha web en inglés, pero na actualidade hai artigos escritos en 287 idiomas. 28 idiomas teñen máis de 300.000 artigos cada un. Só en castelán hai máis de un millón de artigos. En total dentro da enciclopedia hai máis de 38 millóns de páxinas de todos os temas imaxinables. Só entre 2005 e 2015 multiplicou por 10 o número de artigos, xa que cada día poden crearse unhas 7000 páxinas novas. Cada mes a web recibe 500 millones de visitas.
O ano pasado recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional.por poñer ao alcance de todo o mundo o coñecemento universal.
Por todo isto, larga vida á Wikipedia!

+ info:
- 15 datos que non sabías da Wikipedia (El País)
- Qué significa a Wikipedia para ti?

10/11/15

APRENDENDO A BUSCAR NA REDE CON EFICIENCIA


Reeditamos esta entrada porque non funcionaba á presentación que tiñamos enlazada. Aproveitamos para ampliar a información.
Grazas a formar parte do PLAMBE temos a sorte de acceder a traballos tan bos e útiles coma este que hoxe volvemos a colgar en arquivos. Baixo o título "Aprende a buscar na rede con eficiencia", dúas profesoras, Olga do CEIP Milladoiro de Malpica e Charo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, explícanos cómo debemos prantexar unha búsqueda na rede para que esta sexa o máis eficiente posible. Desde arquivos o noso máis sinceiro agradecemento polo traballo e a xenerosidade.

Podedes ver a presentación de novo neste ENLACE.
+ info: TRATAMENTO DA INFO E COMPETENCIA DIXITAL.

23/10/15

A LIBRARÍA INSTITUCIONAL DA XUNTA

O pasado mes de abril a Xunta de Galicia presentou a súa Libraría Institucional a través da rede. 
Unha plataforma virtual  na que a administración pon a disposición de todo o público todo o seu fondo editiorial, sendo un punto de acceso importante a todos os materiais dispoñibles.
A biblioteca escolar pode atopar neste recurso materiais de interés e unha ferramenta útil para todos os departamentos didácticos do centro.



O sitio web: libraria.xunta.gal

23/09/15

ABRIMOS A BIBLIOTECA

Por fin, despois dunha semana complicada organizando a súa apertura, mañá xoves abrimos a biblioteca para toda a comunidade educativa. Esperámosvos un curso máis para facer da biblioteca entre todos "o mellor lugar do Instituto". A semana que vén celebraremos "a semana de portas abertas". Mentres, podedes ir devolvendo os préstamos deste verán e solicitando documentos que queirades que pidamos ao longo deste primeiro trimestre. 

Todos os comezos de curso son difíciles e, como non hai nada como o humor para aliviar o ánimo, aquí tedes esta viñeta.



13/05/15

PÁXINAS WEBS FIABLES


Cada vez máis utilizamos internet como fonte de información e consulta, pero podemos fiarnos de todo o que atopamos alí? Cómo podemos asegurarnos de que é fiable? Aquí algunas pistas por medio duns cadros e unha presentación á que podes chegar no enlace inferior.


Enlaza á presentación: CÓMO FIARTE DUNHA PÁXINA WEB?

24/02/15

GOOGLE CON ROSALÍA NO SEU 178 ANIVERSARIO


Se hoxe entrades en Google para buscar algo na rede, atoparédesvos con este "doodle" (as ilustracións que decoran á páxina de Google para sinalar a efemérides do día) adicado á nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro, no 178 aniversario do seu nacemento.

21/01/15

APRENDENDO LINGUAS ESTRANXEIRAS "ONLINE"


Están a proliferar plataformas na rede para aprender e practicar linguas estranxeiras "online", e nalgúns casos de forma gratuita, como se explica neste artigo de "El País". En calquer caso, vale a pena darse un paseo por estes sitios web e ver se nos pode axudar como complemento ás clases do instituto.
Enlaces a plataformas web para aprender/practicar linguas estranxeiras:

12/01/15

A NOVA LEI DE PROPIEDADE INTELECTUAL E A EDUCACIÓN

(Foto: Gizmodo.com)

O pasado 1 de xaneiro entrou en vigor a nova lei de propiedade intelectual que pode afectar o uso que facemos do cinema e de Internet como ferramentas pedagóxicas. 
A mesma consellería ven de enviar unha circular recordando que non se poden proxectar películas completas, despois de anos e cursiños vendendo as virtudes pedagóxicas do uso do cine nas aulas.
Unha segunda consecuencia é a limitación da actividade de reseña e de enlaces no ámbito de internet. Por un lado, considerarase "cita" calquer extracto literal dunha obra publicada de novo noutro sitio, incluído aquelas obras producidas por medios de comunicación. Parece que a publicación de calquer fragmento, por pequeno que sexa, pode dar lugar á compensación equivalente. E aínda está por ver qué se entende por "publicacións periódicas ou sitios da web de actualización periódica e que teñan unha finalidade informativa, de creación de opinión pública ou de entretenemento". Fálase de medios tradicionais con sitios web? Fálase de novos medios? Fálase de blogues, contas en Twitter, Facebook e outras redes sociais?
No ámbito educativo, o uso de películas e de internet, blogues, etc... non se fai cun interés de lucro nin pirateo (normalmente, os centros teñen mercado a súa propia copia orixinal) se non como medios para facilitar a aprendizaxe.

20/11/14

EU FUN A E.X.B.



Ningún do noso alumnado coñece estas siglas, aínda que moitos dos profes aínda sí, E.X.B. era a antigua Educación Xeral Básica, que se estudiaba nos colexios de primaria, entón dende 1º a 8º. (7º e 8º corresponden aos actuais 1º e 2º ESO). Agora a antigua E.X.B. serve de base para uns libros e páxinas de internet moi seguidos. Será pola nostalxia...
"YO FUI A E.G.B." ("Eu fun a E.X.B.") ten unha segunda entrega. Javier Ikaz e Jorge Díaz, dous profesionais da publicidade e de internet, esciben este novo libro (288 páxinas), despois do éxito do primeiro, o máis vendido do ano. Neste segundo profundizan cos temas do anterior (música, cine, televisión personaxes, costumes) e engaden outros novos deporte, tecnoloxía, mobiliario, celebracións, etc...
O libro está ilustrado e é moi divertido e para todos os públicos, como foi o primeiro. Como novidade este segundo volume inclúe unha folla de pegatinas e un xogo de preguntas e probas. Os libros teñen a súa continuidade na rede con páxinas web en Facebook (800.000 seguidores), Twitter (75.000) e un blogue, no que ademáis das entradas que publican os autores da páxina, moitos son os seguidores que enriquecen os contidos con as súa propias aportacións. Gañaron os dous premios aos que estaban nominados nos Premios Bitácoras 2013, os máis importantes da rede en España. Entre máis de 20.000 blogues e webs foi o máis votado polo público e elexido polo xurado como o mellor.

Enlaces:
- "En fun a E.X.B.", páxina web.
- "Eu fun a E.X.B." @ Facebook.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER