Morre Nélida Piñón, a filla de emigrantes galegos que se convirtíu nun símbolo da literatura brasileira
Este sábado 12 de novembro vimos de participar nas Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. O noso centro foi invitado a participar na mesa redonda sobre "Novas Linguaxes na Biblioteca". En ausencia de Arcadio Novoa, coordinador da radio neste curso e responsable, xunto co alumnado participante, do programa de radio "A heroica vida de Florencio Delgado", Carlos Lens, coordinador da radio o curso pasado, encargouse de contar a experiencia, tanto da radio en xeral como da elaboración do podcast gañador do premio do día da letras galegas.
Durante varios recreos, voluntarios de 2º da ESO léronnos contos elaborados por rapaces e rapazas. A luz dos candís e as voces misteriosas puxeron o punto de espanto á actividade.
Moitas grazas a todo o mundo.
A escritora francesa Annie Ernaux foi galardoada co Premio Nobel de Literatura 2022, según comunicou o secretario da Academia Sueca, Mats Malm na sede da institución en Estocolmo hoxe.
Ernaux é so a muller número 17 que gaña o Nobel de Literatura no seus 123 anos de historia e era unha das favoritas deste ano.
O xurado destaca que se lle concede o premio "pola súa coraxe e agudeza clínica coa que descubre as raíces, os estranxamentos e as restricións colectivas da memoria persoal". Ernaux cre "na forza liberadora da escritura". O seu traballo é intransixente e está escrito nunha linguaxe sinxela e limpa.
+ info:
- wikipedia: ANNIE ERNAUX
- a noticia no xornal "EL PAÍS":
Convocatoria do concurso As miñas bibliotecas
Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas. Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022 – 2023
O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas seguintes bases:
I.- DESTINATARIOS. O concurso está dirixido a todo o alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste. Pódese participar individualmente ou en grupos
II.- CONTIDO. Cada participante ou grupo de participantes debe facerse un selfie no que se vexa unha biblioteca real da cidade (non vale imaxe dunha biblioteca). As fotos poden ser individuais ou en grupo.
III.- PARTICIPACIÓN. A participación no Concurso farase enviando a devandita foto ao correo: bibliodieste21@gmail.com
No correo hai que indicar en asunto Concurso de selfies. Ademais, hai que achegar a foto en formato jpg, e indicar nome e apelidos, curso e grupo.
A Biblioteca encargase de imprimir as imaxes e poñelas no taboleiro da clase correspondente.
IV.- CALENDARIO. As imaxes poden enviarse ata o 31 de outubro.
A entrega do premio celebrarase nunha data, aínda por definir, dentro da primeira avaliación. As persoas gañadoras serán debidamente informadas desta data.
V.-
PREMIOS. – Hai varias categorías de premios:
- Premio individual ao mellor selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a foto con máis xente posando para o selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a clase que teña a porcentaxe máis alta de selfies. Premio para a clase.
Unha vez definidos os premios, faranse públicos a través do blog da Biblioteca.
VI.- MEMBROS DO XURADO. - O xurado estará integrado por 5 membros: unha persoa de dirección, un profesor o profesora do grupo da Biblioteca, un voluntario/a da Biblioteca, unha persoa do grupo DiverXentes e outra de persoal non docente do instituto.
VI.- DEREITOS DE IMAXE. - A participación no concurso implica ter entregado o permiso para utilizar a imaxe do alumno/a.
VII.- ACEPTACIÓN DAS BASES. - A participación no concurso implica a plena aceptación do contido destas bases. A Biblioteca, organizadora do concurso, resérvase o dereito de modificalos, comunicándollo aos participantes a través do blog da Biblioteca.
Ánimadevos!
Onte sóubose da noticia do falecemento de escritor Javier Marías aos 70 anos de idade. Nado en Madrid en 1951, era escritor, tradutor, editor e membro da Real Academia Española e considerado un dos escritores mais relevantes da literatura española contemporánea. DEP
Noticia na prensa "El País", xornal donde publicaba artigos:
Reaccións á súa morte recollidas no seu blog: