Amosando publicacións coa etiqueta literatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura. Amosar todas as publicacións

27/04/25

Día do Libro: Feira no Dieste

Para celebrar o Día do Libro tivemos un evento especial: Feira do libro no patio interior do instituto.

Desde Bibloteca e coa colaboración da profesora Begoña de Lingua Galega, organizamos diferentes postos por temáticas: ciencia ficción, novela policíaca, de misterio, de terror, novela ilustrada, banda deseñada, manga e temática LGTBI.

En cada posto estiveron alumnas dos clubs de lectura do centro así como voluntariado de biblioteca de 1º ESO. En cada posto puidemos atopar explicacións por parte destas expertas, tanto das características dos diferentes xéneros como de recomendacións.

Tamén houbo sorpresas... acompañounos Soraya, a estatua vivinte que dinamizou o evento causando gran curiosidade entre o público. 

Tamén houbo obradoiros para a realización de marcapáxinas.

Grazas a todas as participantes! Grazas a todo o público asistente á feira! Repetiremos a experiencia!








12/03/25

Novidades lectoras

Estes días temos un montón de novidades lectoras na biblioteca do Dieste. Moita banda deseñada, moita novela ilustrada e moitas autoras que poden interesarvos:

Desde Emma de Jane Austen a A rateira de Agatha Christie, escritora inglesa das máis lidas do mundo e coñecida como a gran dama do misterio. Miss Marple e Hercules Poirot son dous dos grandes protagonistas das súas novelas policíacas.

O triángulo vermello é outra das novidades literarias deste mes. Trátase dunha biografía emocional de Mercedes Núñez, loitadora polas liberdades e supervivente do fascismo, a través da mirada inocente do seu fillo Pablo.

Ardentía 1854 conta unha viaxe no tempo que traslada a unha adolescente, Dolores, á Coruña do século XIX e aos tempos do cólera na cidade.

Anímaste a ler? Pasa pola biblioteca do IES Rafael Dieste para botar un ollo a estas novidades e máis ou entra en bibliodieste.com


19/02/25

Celebramos San Valentín desde a biblioteca do IES Rafael Dieste

Tras moitos preparativos... por fin chegou San Valentín!

As persoas voluntarias da biblioteca escribiron durante varias semanas, nos recreos, mensaxes en forma de poemas pertencentes a recoñecidos  escritores e escritoras da literatura universal. 

Os poetas e poetisas que preferiron os alumnos e alumnas foron Rosalía de Castro, Pablo Neruda, Gabriela Mistral, G. A. Bécquer, Mario Benedetti, Claribel Alegría ou Jairo Aníbal Niño, entre outros. 

As mensaxes  foron entregadas o día 14 de febreiro aos grupos de 1º e 2º de ESO. Moitos fixeron unha lectura dos versos na clase. 

Desde a biblioteca quixemos achegar aos máis novos á poesía amorosa neste Día dos Namorados.




24/11/24

Cara o 25N

Pensando xa na conmemoración do 25N, o noso expositor da biblioteca énchese de lecturas onde a muller é a protagonista. Desde Persépolis de Marjane Satrapi á Volta ao mundo en 72 días de Nellie Bly, ou a novela gráfica Sufragista, Quiéreme bien o La mujer rebelde, son algunhas das propostas de lectura, entre outras moitas, para este mes.

Sabías que... pola Resolución 54/134 de 17 de decembro de 1999, da Asemblea Xeral da ONU, o 25 de novembro foi designado Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller?

Ademais, estes días podedes ver na cortiza do corredor da biblioteca algúns dos carteis máis coñecidos nos últimos anos sobre o 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Son carteis que foron protagonistas das campañas pola igualdade desde diferentes comunidades Autónomas.





Novos clubs de lectura

Esta semana desenvolvéronse as primeiras sesións de reunións de dous novos clubs. Por un lado, o club de banda deseñada en galego coordinado pola profesora Begoña Pérez e, por outro lado o club de novela negra dirixido a pais, nais e persoal do centro coordinado pola profesora Isabel González.

No club de banda deseñada elixíronse algunhas das lecturas a realizar e no club Negrísima abordouse o libro A muller de verde do islandés Arnaldur Indridasson. No libro combínanse unha triste historia do pasado que se vai fiando a partir duns restos atopados no barrio do Milenario en Reickiavic e a historia do presente, protagonizada polo inspector Erlendur.

Na reunión achegámonos á un lugar afastado, Islandia, á súa paisaxe abafante, a súa sociedade, así como aos trazos da idiosincrasia deste país e as súas xentes.

18/10/24

Os marcapáxinas esquecidos

Non podedes imaxinar cantos marcapáxinas esquecidos atopamos nos libros…

Senón, atende ao que din os libros larapeteiros nestas viñetas do periodista e humorista arxentino Rep.

A vindeira semana, na biblioteca do IES Rafael Dieste e como celebración do Día das Bibliotecas, buscaremos  eses marcapáxinas aburridos e esquecidos polos lectores.

Mediante un xogo de pistas desvelaremos onde se atopan. 

17/10/24

Misterio na biblioteca

Desaparecen as letras dos libros...os ordenadores non funcionan…

Unha estraña bacteria esténdese pola biblioteca do IES Rafael Dieste… como podemos detela?

Ao longo da vindeira semana…celebramos o día das Bibliotecas cun scape room. 

Non poderás saír da biblioteca ata atopar o antídoto que salve os libros e os ordenadores… 

Que grupo conseguirá a solución?

Os días 23, 24 e 25 de outubro: scape room na biblioteca.



16/10/24

Novas bibliotecas de aula

Para a Hora de ler, cada alumno ou alumna pode traer o seu libro para ler. De todas maneiras hai organizadas xa unhas pequenas bibliotecas de aula. Os libros están seleccionados por idades e son de temáticas e xéneros variados tendo en conta a diversidade no grupo.

O alumnado axudante de biblioteca (2 por aula) será o encargado de manter en orde e con mimo esta pequena biblioteca de aula. Queremos evitar que os libros estean tirados nun recuncho ou espallados por andeis sen ton nin son.

En cada aula estará colocado un cartel moi visual cunha cita sobre a importancia de ler. Estes forman parte desta campaña desde a Biblioteca para fomentar o gusto pola lectura, por un lado, e coidar os espazos e a Hora de Ler, por outro.

Mimemos estes espazos, que sexan bonitos e coidados polo alumnado!





14/10/24

Comeza a Hora de ler

A hora de ler ten como obxectivo principal fomentar o gusto pola lectura entre os rapaces e rapazas. Está dirixida a todos os cursos de ESO.

Cada día dedicamos 20 minutos dunha sesión á lectura. 

  • Na semana que comezou o 7 de outubro: 20 minutos na 1º sesión da mañá
  • Na semana que comeza o 14 de outubro: 20 minutos na 2ª sesión da mañá
  • Na semana que comeza o 21 de outubro: 20 minutos na 3ª sesión da mañá

E así ata a segunda semana de decembro na que faremos un parón por mor da proximidade da avaliación. Os calendarios están visibles en cada aula.

O alumnado axudante será o encargado de lembrar o horario cada día ou semana aos seus compañeiros e aos profes, por se nos esquecemos.

O docente pode decidir na súa clase como establecer a Hora de Ler: o comezo ou ao final da sesión, lectura individual en silencio, lectura en alto, dramatizacións etc.



10/05/23

VISITA DA ESCRITORA CORUÑESA NIEVES ABARCA





Onte o alumnado do "Rafael Dieste" tivo a oportunidade de escoitar á escritora coruñesa Nieves Abarca que veu a charlar co alumnado de 1ºBAC do seus libros e en espcial de "Voraces". Tamén tivo tempo para estar co alumnado dos clubes de lectura do centro.



 

14/04/23

VISTA DA ESCRITORA VASCA EDURNE PORTELA AO "RAFAEL DIESTE"




Hoxe visítanos a escritora vasca Edurne Portela que ven a falarnos da súa última novela "Maddi y las fronteras".
Sinopse da novela:

Unha tarde de outono de 2021 Edurne Portela recibe unha chamada na que lle ofrecen unha serie de documentos históricos relacionados con María Josefa Sansberro, coñecida como Maddi, nada en Oiartzun en 1895 e que rexentara un hotel moi popular nos anos trinta do século XX aos pes do monte Larrún, na fronteira entre España e Francia. A primeira vista, Maddi xa se revela como unha muller inquietante e chea de contradiccións, que traspasou moitas fronteiras tanto físicas como morais: contrabandista e mugalari, fervente católica e divorciada, muller sen fillos e nai, servidora dos nazis e axente da Resistencia. A autora acepta o reto de meterse de cheo neses documentos e, a partir de aí, imaxinar a Maddi: a súa voz e a súa mirada, os seus desexos e anhelos, os seus motivos e razóns, os seus afectos.

   Así se escribe "Maddi y las fronteras", unha novela sobre unha muller que non se axustaba ás convenciones da súa época, que cruzou todas as liñas vermellas, unha muller que fixo o que ninguén esperaba dela.


 



13/02/23

LEDICIA COSTAS VISITA O "RAFAEL DIESTE"



Hoxe tivemos a sorte de contar de novo coa presencia da escritora galega Ledicia Costa quen tivo un encontro co alumnado de 2ºBAC. 

17/01/23

VÍSITANOS O ESCRITOR FERNANDO LALANA

Recibimos unha nova visita do escritor zaragozano Fernando Lalana, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, entre outros moitos, quen falou da súa actividade literaria ante o alumnado de 3ºESO.

















 

19/12/22

FALECE A ESCRITORA NÉLIDA PIÑÓN

Foto: Gustavo Santos

Ven de morrer en Lisboa aos 85 a escritora e periodista brasileira, de orixe galega, Nélida Piñón. Foi  a primeira muller en presidir a Academia Brasileira das Letras e gañou o premio Príncipe de Asturias das Letras no 2005, además de ter recibido outros moitos.

+ info:
- noticia na prensa "El País":

Morre Nélida Piñón, a filla de emigrantes galegos que se convirtíu nun símbolo da literatura brasileira

 

12/09/22

NA MORTE DE JAVIER MARÍAS


 Foto: J. P. Gandul/Efe.

Onte sóubose da noticia do falecemento de escritor Javier Marías aos 70 anos de idade. Nado en Madrid en 1951, era escritor, tradutor, editor e membro da Real Academia Española e considerado un dos escritores mais relevantes da literatura española contemporánea. DEP

+ info sobre a súa biografía.

Noticia na prensa "El País", xornal donde publicaba artigos:

Morre Javier Marías, escritor clave da literatura en español

Reaccións á súa morte recollidas no seu blog: 

Na morte de Javier Marías

30/03/22

XII SC/A SAÚDE: EXPOSICIÓN "ESCOLA DE MENCIÑEIROS" DE ÁLVARO CUNQUEIRO

O Departamento de Galego mostra nunha exposición a "ESCOLA DE MENCIÑEIROS" de Álvaro Cunqueiro.

Escola de menciñeiros é unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada por Galaxia en 1960.

Relata a vida dos menciñeiros e os costumes galegos das primeiras décadas do século XX.












 

01/02/22

A VISITA DE ESPIDO FREIRE AO "RAFAEL DIESTE"

Foto de Víctor Echave / La Opinión de A Coruña



Hoxe visítanos a escritora Espido Freire a partir das 12:30h.
Os grupos que asistirán á súa charla son os cinco de 2º de ESO no salón de actos. A autora falaranos sobre El chico de la flecha, narración que inicia unha triloxía xuvenil ambientada na Emérita Augusta do século I.
Ligazón a artigo na prensa: ("La Opinión de A Coruña")

31/10/19

A CORUÑESA PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019

Foto: Víctor Echave para 'La Opinión de A Coruña'

Hoxe informouse que a coruñesa Pilar Pallarés gañou o Premio Nacional de Poesía 2019 pola súa obra "TEMPO FÓSIL". Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, traballou como profesora de Lingua e Literatura Galegas nun instituto de cidade e colabora en distintos medios de comunicación.

+ info: 
- 'La Opinión de A Coruña' A coruñesa Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía

16/10/19

'CLUB DIESTE': OS 24 CLUBES DE LECTURA 2019-20 DO NOSO INSTITUTO




O proxecto Club de Lectura "CLUB DIESTE" do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" leva funcionando xa 9 anos e recibindo as axudas de presuposto todos estes cursos. Agora mesmo somos o centro con máis clubes en funcionamento e recibindo polo tanto a axuda máis importante. O obxectivo fundamental é despertar ou acrecentar a afición pola lectura entre o alumnado.

Neste curso 2019-2020 temos en funcionamento:
- 24 grupos: 3 de 1ºESO, 3 de 2ºESO, 4 de 3ºESO, 4 de 4ºESO, 5 en 1ºBAC e 5 en 2ºBAC. O que implica:
- 22 profesores* (2 deles levan 2 clubes). 13 profesores de materias lingüísticas, 3 de ciencias, 1 de xeografía-historia, 1 de música, 1 de orientación e 1 de persoal de administración e 1 do persoal da cafetería.
- 240 lectores ("trasnos"). O éxito da actividade segue batendo marcas e aínda hai alumnado de reserva por non ter exemplares suficientes ou persoal para poder atendelos a todos. Supoñen xa un 43% do total do noso alumnado. Quedan na reserva 33 estudantes sen poder incorporarse a ningún grupo, intentando solventalo.
- Este curso contamos con 2 grupos de lectura en inglés e inauguramos 1 en francés.
- As actividades do club inclúen: participación no concurso de microrrelatos e booktrailers que organiza o Ágora polo grupo DADO conmemorando o Día das Letras Galegas, outros actos organizados pola biblioteca escolar, visitas de escritores-autores, lecturas dramatizadas, proxeccións...
- As reunións terán lugar na biblioteca, na aula 307, un espazo novo do que dispoñeremos desde este curso como propio do club (que durante o verán estivemos acondicionando para que se parecese o mais posible a un espazo de lectura e non ás aulas), e nas aulas materia dos diferentes departamentos. Todos os trasniños e trasniñas serán atendidos nos recreos excepto tres grupos de bacharelato, que terán as súas reunións os martes ás 15.40 e as 18.10.

*Profesorado participante:
Bioloxía: Manuel Agromayor e María Suárez, Castelán: Mercedes Garrote, Begoña Santamaría, Norma Fandiño e Carlos Blanco; este último é o coordinador dos clubes de lectura. Filosofía: Beatriz Cuesta, Francés: Blanca Sebastián (en francés), Galego: Xulia Gallego, Eloi Rodríguez, Dores Castro e María Lema, Inglés: Marta Prego, Joshua DeYoung e Hilda Fraga (en inglés, estes dous últimos), Latín: Mar Noche,  Matemáticas: Carolina Muíño,  Música: Beatriz López-Suevos,  Orientación: María Casalderrey  Sociais: Manuel Santos.
Ademais, contamos coa axuda de Ana Abad, unha das administrativas do centro, e Teresa Insua, do persoal de cafetería.

31/05/19

MIGUEL MATO: CONFERENCIA PRESENTACIÓN "ADEUS, CAPITÁN WALTON"


Como xa prometera alá polo mes de xaneiro (aquí), cando presentou a súa última novela  "ADEUS, CAPITÁN WALTON", Miguel Mato, quen foi profesor de galego do noso instituto, veu hoxe a dar unha charla e presentalo diante do alumnado de Bacharelato. Moitos deles foran alumado seu non hai moito.
O libro xa se atopa na nosa biblioteca (aquí).



ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER