Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións

22/02/22

NA DESPEDIDA A MIGUEL GALLARDO


 O dibuxante de cómic Miguel Gallardo morreu onte. Gallardo, autor do mítico cómic Makoki dos anos 80 xunto a Juanito Mediavilla, caracterizábase por escribir sobre as vivencias que o rodeaban. A obra que lle otorgaría a aclamación definitiva foi ‘María y yo’ (2007): unha novela gráfica protagonizada pola súa filla autista que tiña entón 12 anos e él. Este título foi un éxito en ventas que se editou en 10 idiomas. ‘Algo extraño me pasó camino de casa’ (2020) foi a súa última obra na que relatou con humor a enfermidade da que foi víctima ao final. 
A Miguel dedicámoslle xa varias entradas neste blog anteriormente:

MARÍA E O SEU PAI




Algo extraño me pasó camino de casa

Miguel Gallardo




07/12/16

UNS QUIXOTES DE CÓMIC


O Quixote está por todos lados e tamén nos cómics. Esta fin de semana celebrouse Expocómic en Madrid, a feira que se adica aos tebeos de todo tipo. E alí una variedade de inxeniosos fidalgos codeáronse con Supermans, Aliens e Pokémons. Aquí recollemos algúns deles, o que vedes arriba que retrata ao Quixote con Sancho Panza e o seu creador, Cervantes, pero hai ata Quixotas... Vede aquí algúns máis, e deixámosvos o enlace para velos 12.



+ info: 

'O Quixote' visto por 12 artistas de cómic españois  [El Huffington Post]

05/02/16

ENCONTRO CO ILUSTRADOR-HISTORIETISTA MIGUEL GALLARDO


Onte á tarde, tivemos a ocasión e a sorte de coincidir co ilustrador e historietista MIGUEL GALLARDO, dentro dos XII Encontros con Escritores organizados polo CEFORE de A Coruña. A Miguel xa lle dedicamos AQUÍ unha entrada anterior co motivo da presentación da súa segunda historieta sobre a súa relación coa súa filla autista María.
Miguel é un dos máis destacados historietistas españois, creador de moitos personaxes e colaborador en moitas revistas de comics. É o creador de Makoki, Pepito Magefesa, o Perro Nick, entre outros...
Na súa conferencia de onte falou da súa obra e da súa labor de concienciación sobre o Autismo. Desta última labor, deixámosvos cos videos que mostran o seu traballo en películas de animación feitos para a Fundación Orange. Podemos así disfrutar das súas ilustacións en movemento.


Video "A VIAXE DE MARÍA", Fundación Orange (Miguel Gallardo):



Video ·ACADEMIA DE ESPECIALISTAS", Fundación Orange (Miguel Gallardo)

26/11/15

19/11/15

FORGES SOBRE AS GUERRAS...


As reflexións de Forges nas súas viñetas... Conducen a algo as guerras? Ou foron as que nos trouxeron a donde estamos...  ("EL PAÍS")



18/12/12

UN CONTO DE NADAL DE DICKENS


Finalizando o 2012, o ano no que se conmemora o 200 aniversario do nacemento do escritor británico Charles Dickens, imos empezar as vacacións de Nadal coa proxección dunha película baseada no seu clásico  "A CHRISTMAS CAROL" ("Un conto de Nadal"). Incluímos aquí información sobre a novela e a película que imos ver o venres ás 12:30 (para o alumnado de 1º e 2ºESO no salón de actos).

Canción de Nadal ou Un conto de Nadal (título orixinal en inglésA Christmas Carol) é unha novela curta escrita en 1843. Nela fálase de cómo unha persoa tacaña pode cambiar a súa actitude durante o Nadal.
A obra divídese en tres partes:
  • Prefacio, que narra cómo Scrooge se mostra como un vello avaro que non celebra o Nadal sen importarlle o que pase.
  • Os Espíritus:
  1. O do Pasado: Mostra a Scrooge antes de ser avaro e apático co Nadal, contrastada entre a soedade da nenez e a alegría romántica da súa xuventude.
  2. O do Presente: Conta cómo se celebra o Nadal no seu país,a súa familia e a do seu empregado Cratchit.
  3. O do Futuro: Presenta a traxedia da ruina de Scrooge y a vista á súa tumba.
  • Conclusión, que relata o cambio de Scrooge cando celebra o Nadal con alegría.

A película que imos ver en versión orixinal con subtítulos en Castelán, e unha versión animada por ordenador do ano 2009, dirixida por Robert Zemeckis para Disney.
Ebenezer Scrooge (Jim Carrey) é unha persoa malhumorada que trata con desprecio e malos modais ao seu fiel empregado Bob Cratchit (Gary Oldman) e ao seu alegre sobriño (Colin Firth). Pero, cando o espíritu dos Nadais pasados, presentes e futuros o arrastran a unha viaxe, na que descubre verdades que sempre negouse a ver, o corazón do vello avaro  ilumnase e dase conta de que debe actuar inmediatamente para contrarrestar tantos años de egoísmo e rencor.
Video trailer da película:

Versión en inglés desta entrada en ClickOnEnglish.

31/10/12

SAMAIN OU O HALLOWEEN GALEGO

 
Samain é a festividade de orixe celta máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión o cristianismo, na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebrabase o fin da tempada de colleitas na cultura celta e considerábase como o «Aninovo Celta», que comezaba coa estación oscura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano ao outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimología é gaélica e significa fin do verán.
Celébrase dende fai máis de tres mil años polos pobos celtas que poblaron toda Europa.
Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos. Ademáis, tamén comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, e en zonas de Zamora e de León cercanas a Galicia, onde a lingua e as tradicións galegas están moi arraigadas. Analizou tamén a relación do costume das cabazas co culto á morte e a semellanza coas tradicions irmans das illas británicas. Ata chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga (Lugo), onde a cabaza tallada se seca e conserva para usala como máscara no Entroido.
Xoán Xosé Pérez Labaca tamén defende a pervivencia do samaín en Galicia, e escribe que "aquí era fai uns anos, nalgúns sitios aínda é, moi habitual polas vésperas do Día de Defuntos coller cabazas ... e facer con elas caras aterradoras cuns ollos e unha nariz abertos e colocando uns pauciños, como dentes, na feroz boca aberta, ás que se lle poñía dentro acendido un cabo dunha vela".
Na actualidade, o Samaín segue a celebrarse ano tras ano en gran parte das cidades e vilas de Galicia, como A Coruña, Ferrol, Cedeira, etc. Na vila ourensana de Ribadavia celébrase cada 31 de outubro a festa da "noite meiga" na que a vila se enche de pantasmas, meigas, vampiros... e o castelo de Ribadavia é o gran escenario da pasaxe de terror, entre outras actividades.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
 

29/10/12

CHEGA O SAMAÍN

Aqui tedes unhas cancións e varias curtas para celebrar o SAMAÍN. Escoitarémolas o día 30 de outubro.



10/07/12

Para este período de vacacións déixovos esta fermosa curta e uns anuncios que INCITAN Á LECTURA nestes días de verán. Espero que vos gusten e que PASEDES UN BO VERÁN!



 

30/01/12

CURTA

Presentámosvos na "Semana da Paz" esta fermosísima historia narrada con imaxes e música. Nós só temos que poñer as palabras.



Tomado do blog trafegandoronseis

08/12/10

DEREITOS DA INFANCIA

Vede con atención a historia que se conta neste vídeo. Pode ser un punto de partida para reflexionar sobre a pouca importancia que lles damos ás cousas que temos porque sempre as tivemos.


Vía asaco.

04/04/10

UNHA VOLTA SEN SOBRESALTOS

Cando as vacacións apuran as últimas horas o que se adoita facer é aproveitalas ata o esgotamento, e isto acaba producindo o efecto contrario ao que se quere provocar.
Para non atoparnos nesta situación, talvez fose máis produtivo investilas en descansar e dormir as horas de rigor e así poder erguernos o primeiro día da volta ao traballo máis frescos ca unha leituga. Ou non?
COMPROBÁDEO VÓS MESMOS.

27/02/10

QUALSEVOL NIT POT SORTIR EL SOL

En 1975, un ano significativo na historia de España, o cantante catalán Jaume Sisa, un mítico da Nova Cançó catalana, dá a coñecer esta canción que acabaría convertida nun icono. O texto, que en principio parece destinado ao público infantil, constitúe unha homenaxe ao mundo dos contos e dos tebeos, pero sobretodo é unha invitación para que recuperemos o paraíso perdido da infancia, refuxio dos soños e da fantasía no que reina a liberdade e a ledicia, onde calquera noite pode saír o sol.


A continuación tedes algúns fragmentos da letra para que sigades mellor a canción:

Fai unha noite clara e tranquila, está a lúa que dá luz,
os invitados van chegando, e van enchendo toda a casa
de colores e perfumes.

Velaqui a Brancaneves, a Polgarciño, aos tres porquiños,
ao can Snoopy e o seu secretario Emilio, e a Simbad
Alí Babá e Gulliver.

Oh, benvidos, pasade, pasade, das tristezas faremos fume
a miña casa é a vosa casa, se é que hai casas de alguén.

[...]

Oh, benvidos, pasade, pasade, agora xa non falta ninguén,
ou talvez si. Xa me dou conta, tan só faltas ti.
Tamén podes vir se queres, agardámoste, hai sitio para todos.
O tempo non conta, nin o espazo, calquera noite pode saír o sol.

29/11/09

O COMIC GALEGO ESTÁ DE NORABOA

Onte a Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario recibiu a un novo académico, Miguelanxo Prado, o noso ilustrador máis internacional, o que supón non só un recoñecemento para el senón tamén para o mundo da banda deseñada galega.

Dende a biblioteca queremos engadir a nosa felicitación ás moitas que terá recibido e facerlle a nosa particular homenaxe invitándovos a compartir con nós a lectura dos comics que tedes á vosa disposición.
Se queredes máis información sobre el premede AQUÍ e AQUÍ.
E se aínda non vistes ningún dos seus traballos de animación, deixámosvos un pequeno trailer de De Profundis:

19/01/09

BICENTENARIO DE EDGAR ALLAN POE

Hai hoxe 200 anos nacía en Boston E. A. Poe, fundador do relato contemporáneo.
Considerado un escritor de segunda fila polos críticos do seu país, foron escritores estranxeiros como Baudelaire, Cortázar ou Borges os que lle recoñeceron uns méritos dos que ninguén dubida hoxe en día.
Quen non coñece O gato Negro, Os crimes da rúa Morgue, A verdade sobre o caso do señor Valdemor ou As aventuras de Gordon Pynn, algúns dos cales limos na biblioteca aproveitando os 15 días de terror?
A súa teoría do relato tivo innumerables seguidores, entre eles o noso Rafael Dieste.

Se queredes ler máis textos de Poe pasade pola biblioteca ou entrade na páxina dixital
http://www.ciudadseva.com/

AQUÍ vos deixamos O corazón delator na voz de Paco de León para que o escoitedes.
E tamén estoutra versión en inglés con subtítulos en castelán.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER