Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións

03/10/22

CONVOCATORIA DO CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022-23"


 

Convocatoria do concurso As miñas bibliotecas

Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas. Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022 – 2023

O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas seguintes bases:

I.- DESTINATARIOS. O concurso está dirixido a todo o alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste. Pódese participar individualmente ou en grupos

II.- CONTIDO. Cada participante ou grupo de participantes debe facerse un selfie no que se vexa unha biblioteca real da cidade (non vale imaxe dunha biblioteca). As fotos poden ser individuais ou en grupo.

III.- PARTICIPACIÓN. A participación no Concurso farase enviando a devandita foto ao correo: bibliodieste21@gmail.com

No correo hai que indicar en asunto Concurso de selfies. Ademais, hai que achegar a foto en formato jpg, e indicar nome e apelidos, curso e grupo.

A Biblioteca encargase de imprimir as imaxes e poñelas no taboleiro da clase correspondente.

IV.- CALENDARIO. As imaxes poden enviarse ata o 31 de outubro.

A entrega do premio celebrarase nunha data, aínda por definir, dentro da primeira avaliación. As persoas gañadoras serán debidamente informadas desta data.


V.- PREMIOS. – Hai varias categorías de premios:

- Premio individual ao mellor selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.

- Premio para a foto con máis xente posando para o selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.

- Premio para a clase que teña a porcentaxe máis alta de selfies. Premio para a clase.

Unha vez definidos os premios, faranse públicos a través do blog da Biblioteca.

VI.- MEMBROS DO XURADO. - O xurado estará integrado por 5 membros: unha persoa de dirección, un profesor o profesora do grupo da Biblioteca, un voluntario/a da Biblioteca, unha persoa do grupo DiverXentes e outra de persoal non docente do instituto.

VI.- DEREITOS DE IMAXE. - A participación no concurso implica ter entregado o permiso para utilizar a imaxe do alumno/a.

VII.- ACEPTACIÓN DAS BASES. - A participación no concurso implica a plena aceptación do contido destas bases. A Biblioteca, organizadora do concurso, resérvase o dereito de modificalos, comunicándollo aos participantes a través do blog da Biblioteca.

Ánimadevos!

05/10/21

CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2021-22"


 Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas. Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2021 – 2022
O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas seguintes bases: 
I.- DESTINATARIOS. - O concurso está dirixido a todo o alumnado do IESPlurilingüe Rafael Dieste. Pódese participar individualmente ou en grupos 
II.- CONTIDO. - Cada participante ou grupo de participantes debe facerse un selfie no que se vexa unha biblioteca real da cidade (non vale imaxe dunha biblioteca). As fotos poden ser individuais ou en grupo. 
III.- PARTICIPACIÓN. - A participación no Concurso farase enviando a devandita foto a un dos siguientes correos: 
-correo da biblioteca: bibliodieste21@gmail.com 
- Correo da coordinadora da Biblioteca: bcuesta29@gmail.com 
No correo hai que indicar en asunto Concurso de selfies. Ademais, hai que achegar a foto en formato jpg, e indicar nome e apelidos, curso e grupo. A Biblioteca encargase de imprimir as imaxes e poñelas no taboleiro da clase correspondente.
IV.- CALENDARIO. As imaxes poden enviarse ata o mércores 31 de outubro. A entrega do premio celebrarase nunha data, aínda por definir, dentro da primeira avaliación. As persoas gañadoras serán debidamente informadas desta data. 
V.- PREMIOS. – Hai varias categorías de premios: 
- Premio individual ao mellor selfie. Vale por 20 euros para utilizar en tendas da contorna. O vale é para o autor ou autora do premio. 
- Premio para a foto con máis xente posando para o selfie. Vale por 30 euros para utilizar en tendas da contorna. O vale é para o autor ou autora do premio. 
- Premio para a clase que teña a porcentaxe máis alta de selfies. Premio para a clase. Unha vez definidos os premios, faranse públicos a través do blog da Biblioteca. 
VI.- MEMBROS DO XURADO. - O xurado estará integrado por 5 membros: unha persoa de dirección, un profesor o profesora do grupo da Biblioteca, un voluntario/a da Biblioteca, unha persoa do grupo DiverXentes e outra de persoal non docente do instituto. 
VI.- DEREITOS DE IMAXE. - A participación no concurso implica ter entregado o permiso para utilizar a imaxe do alumno/a. 
VII.- ACEPTACIÓN DAS BASES. - A participación no concurso implica a plena aceptación do contido destas bases. A Biblioteca, organizadora do concurso, resérvase o dereito de modificalos, comunicándollo aos participantes a través do blog da Biblioteca. 
Ánimadevos!!

04/10/21

O MEU VERÁN FOI... (Expo fotográfica)



Irreal, impresionante, efímero, ajetreado, crazy, armonía, inmarcesible, relax, extraño…Estas son algunhas das palabras coas que os alumnos e alumnas cualifican ou relacionan o seu verán. Pedímoslles ademais imaxes, fotos feitas ao longo das vacacións e que foran representativas deses días. Con esta exposición que mestura verbas e imaxes inauguramos as actividades da Biblioteca. 

Podedes ver más fotos:

14/05/20

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "OS OFICIOS DO MAR"




Os departamentos de Música e Historia convocaron dentro das actividades da XI Semana Cultural deste ano un concurso de fotografía sobre os oficios de mar. Como finalmente non poidemos celebrar esta semana, queremos publicar as dúas fotografías presentadas ao concurso antes do confinamento polo alumno de 1º de bacharelato Sergio Pousada García. Levan por título "Hai días de pesca que o único que se pesca son historias e amigos" e "Quen peixes queira pescar, tense que mollar"

Parabéns a Sergio.

10/02/20

O DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA CONVOCA CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: "O MAR", COLABORA 'BIBLIODIESTE'

PRAZO: A DATA LÍMITE DE ENTREGA DE TRABALLOS POSPONSE E AMPLÍASE UNHA SEMANA MÁIS CANDO NOS REINCORPOREMOS ÁS CLASES.



CONCURSO FOTOGRAFÍA

ORGANIZA  O DEPARTAMENTO  DE DEBUXO DO IES RAFAEL DIESTE.
COLABORAN:  DEPARTAMENTOS DE XEOGRAFÍA-HISTORIA, MÚSICA, BIBLIOTECA E AMPA DO 'RAFAEL DIESTE'

BASES
1. TEMÁTICA
As fotografías que se presenten ao concurso deben estar relacionadas co tema da Semana Cultural: O mar.
2. PARTICIPANTES
Podrán concorrer a este certame fotográfico todo o alumnado do IES sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo.
3. ADMISIÓN E FORMATO
As fotografías deberán ser propiedade do autor que as presente ao certame.
Cada concursante poderá presentar ata tres imaxes, orixinais e inéditas.
As fotografías deberán presentarse en papel fotográfico, en branco e negro ou en cor.
O tamaño das fotografías orixinais será libre, pero, en ningún caso deberá sobrepasar o tamaño do soporte, co título da obra no reverso.
Cada fotografía deberá estar montada sobre un soporte ríxido (cartón pluma ou similar) de dimensións obrigatorias DIN A-4 (210x297mm).
4. FORMA DE PRESENTACIÓN
A presentación da documentación realizarase en dous sobres pechados:
SOBRE 1:
No exterior soamente figurará o “lema” ou título da obra baixo o que se presenta a fotografía. O sobre conterá unha folla DIN A-4 cos datos persoais do concursante (nome, apelidos e grupo) e a localización da imaxe presentada ao concurso.
SOBRE 2:
No exterior soamente figurará o “lema” ou título da obra baixo o que se presenta a fotografía. O sobre incluirá exclusivamente a fotografía presentada en formato impreso. No dorso do soporte da fotografía figurará unicamente o lema elixido. A fotografía será anónima e non haberá no interior ou no exterior do sobre dato ningún que poida identificar o autor da foto, máis alá do propio lema.
5. PRAZO
A data límite de entrega dos traballos será o día 18 de marzo ás 14 horas.
6. LUGAR DE ENTREGA
Os traballos presentaranse na secretaría do Centro no seu horario de atención ao público.
7. XURADO
O xurado estará composto por cinco membros: un membro do equipo directivo, dous profesores do departamento de Debuxo, un membro da biblioteca, un membro do ANPA. O xurado resérvase o dereito da interpretación das bases do presente concurso e da resolución dos casos non comtemplados de acordo co seu mellor criterio.
8. PREMIOS
Os premios que se outorgarán serán os seguintes:
Primeiro premio: 60 euros.
Segundo premio: 40 euros.
Un accésit: 20 euros.
O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún ou a totalidade dos premios se os traballos presentados non reunisen, ao seu criterio, os méritos suficientes. A decisión do xurado será inapelable.
9. EXPOSICIÓN
As fotografías presentadas serán obxecto dunha exposición fotográfica, que se realizará no IES durante a Semana Cultural.
10. ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase nun acto público no marco da exposición sinalada e durante a mesma, en día e hora por determinar.
11. OBRAS PREMIADAS
As obras premiadas quedarán en propiedade do IES Rafael Dieste, que se reserva todos os dereitos sobre as mesmas e a súa posible publicación, citando o seu autor, aténdose, en todo caso,ao que dispón a Lei de Propiedade Intelectual.
12. DEVOLUCIÓN
As fotografías non premiadas poderán ser retiradas persoalmente polos seus autores unha vez rematada a exposición.

21/03/17

"O AMOR NO DÍA A DÍA", FOTO GAÑADORA


Publicamos a foto gañadora do concurso fotográfico que organizamos para o Día de San Valentín deste ano. Esta é a foto da alumna Naiara Manteiga (1ºESO-A). Noraboa!

14/02/17

SAN VALENTÍN 2017



Un ano máis chega o San Valentín ás nosas vidas, pero non todo o amor ten por qué ser romántico... o amor está presente nun sinfín de actos e detalles da nosa vida cotiá, só tendes que vos fixar un pouco e sacarlle unha foto.
Este curso o equipo de dinamización da biblioteca organiza un concurso fotográfico co tema:
"o amor no día a día"

Tendes ata hoxe 14 de febreiro para entregar na biblioteca as vosas fotos. Se queredes podésdelle poñer un título.
A mellor foto terá un pequeno agasallo.

Incluímos fotos da exposición de libros e películas de temática romántica que fixemos na biblioteca:

01/12/16

TOP 10 DAS ARTES


Recordades que aló a principios do mes de outubro, lanzamos unha enquisa dentro da campaña "BIBLIOTECA ESCOLAR: TERRITORIO DAS ARTES" das Bibliotecas Escolares 2016, para coñecer cales eran as dez obras máis importantes de cada unha das artes, según o noso alumnado. As enquisas pasáronse polas aulas, e aquí están os resultados:

TOP 10: LIBRO ACTUAL FAVORITO
1- “DIARIO DE GREG”
2- “HARRY POTTER”
3- “GERÓNIMO STILTON”
4- “AFTER”
5- “OS XOGOS DA FAME”
6- “50 SOMBRAS DE GREY”
7- “BAIXO A MESMA ESTRELA”, “NUNCA MÁIS”
8- “FURBOLÍSIMOS”
9- “O NENO CO PIXAMA DE RAIAS
10- “A TUNELADORA”



TOP 10: LIBRO CLÁSICO FAVORITO
1- “O QUIXOTE”
2- “EL SEÑOR DOS ANEIS”, “PINOCHO”
3- “ORGULLO E PREXUÍZO”, “O PATITO FEO”, “A HISTORIA INTERMINABLE”
4- “O LAZARILLO DE TORMES”
5- “A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS”, "O PRINCIPIÑO”
6- “ROMEO E XULIETA”
7- “OS CINCO”
8- “MULLERIÑAS”
9- “SHERLOCK HOLMES”
10- “VIAXE AO CENTRO DA TERRA”



TOP 10: CÓMIC, NOVELA GRÁFICA OU MANGA FAVORITO
1- “MORTADELO E FILEMÓN”
2- “ASTÉRIX E OBÉLIX”
3- “TINTÍN”
4- “ZIPI E ZAPE”
5- “DEATH NOTE”
6- “MAFALDA”
7- “NARUTO”
8- “DRAGON BALL Z”
9- “ONE PIECE”, “DEADPOOL”
10- “THE WALKING DEAD”, “POKÉMON”



TOP 10: CANCIÓN ACTUAL FAVORITA
1- “LA BICICLETA”
2- “COLD WATER”, “LET ME LOVE YOU”
3- “MAMA SAID”
4- “WE DON'T TALK ANYMORE”
5- “HASTA EL AMANECER”
6- “TREAT YOU BETTER”
7- “COLORS”
8- “LA PROMESA”
9- “SEVEN YEARS”
10- “AVIONES DE PAPEL”



TOP 10: CANCIÓN FAVORITA DOS 70, 80 OU 90
1- “IMAGINE”, “LET IT BE”
2- “YELLOW SUBMARINE”, “THRILLER”, “MAMMA MIA”
3- “THUNDERSTRUCK”, “BILLY JEAN”
4- “BACK IN BLACK”
5- “MAQUILLAJE”
6- “¿A QUIÉN LE IMPORTA?”
7- “HIGHWAY TO HELL”
8- “I WANT TO BREAK FREE”
9- “VALERIE”
10- “LOVE ME TENDER”



TOP 10: CANCIÓN CLÁSICA FAVORITA
1- 9ª SINFONÍA DE BEETHOVEN (O HIMNO Á ALEGRÍA)
2- “AS CATRO ESTACIÓNS”
3- 5ª SINFONÍA DE BEETHOVEN
4- “PARA ELISA”
5- “O LAGO DOS CISNES”
6- 7ª SINFONÍA DE BEETHOVEN
7- 6ª SINFONÍA DE BEETHOVEN
8- “CLARO DE LUNA”
9- RÉQUIEM DE MOZART
10- “A MARCHA TURCA”



TOP 10: PELÍCULA ACTUAL FAVORITA
1- “A FESTA DAS SALCHICHAS”
2- “HARRY POTTER”, “NUNCA APAGUES A LUZ”, “ESCUADRÓN SUICIDA”
3- “DEADPOOL”
4- “TRES METROS SOBRE O CEO”, “BAIXO A MESMA ESTRELA”
5- “O DIARIO DE NOAH”
6- “O SEÑOR DOS ANEIS”
7- “OS XOGOS DA FAME”
8- “O HOBBIT”, “50 SOMBRAS DE GREY”
9- “UN MONSTRUO VEN A VERME”, “O IMPOSIBLE”
10- “OS VENGADORES”, “AVATAR”, “CORPOS DE ÉLITE”



TOP 10: PELÍCULA CLÁSICA FAVORITA
1- “TITANIC”
2- “GREASE”
3- “FORREST GUMP”
4- “PETER PAN”, “MARY POPPINS”
5- “REGRESO AL FUTURO”, “KÁRATE KID”
6- “A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS”, “O REI LEÓN”
7- “A CINCENTA”, “ALOMORZO CON DIAMANTES”
8- “ALIEN”, “VENRES 13”
9- “A PANTASMA DA ÓPERA”
10- “A DAMA E O VAGABUNDO”



TOP 10: ESTILO DE DANZA FAVORITA
1- BAILE MODERNO/CONTEMPORÁNEO
2- BREAK DANCE
3- TWERKING
4- BACHATA
5- FLAMENCO
6- REGGAETON
7- BALLET
8- SALSA
9- JAZZ
10- SAMBA



TOP 10. ESCULTURA FAVORITA
1- O PENSADOR
2- A ESTATUA DA LIBERTADE
3- O DAVID
4- A VENUS DE MILO
5- A ESTATUA DE MARÍA PITA
6- O DISCÓBOLO
7- SOLDADO ROMANO DE BOTERO
8- A VICTORIA ALADA
9- APOLO E DAFNE
10- A SIRENIÑA DE COPENHAGUE



TOP 10: CUADRO FAVORITO
1- A GIOCONDA
2- AS MENINAS
3- O GRITO
4- O GUERNICA
5- OS XIRASOIS
6- A NOITE ESTRELADA
7- OS RELOXOS BLANCOS
8- O BICO
9- O CABALEIRO DA MAN NO PEITO
10- O NACEMENTO DE VENUS



TOP 10: OBRA DE TEATRO FAVORITA
1- ROMEO E XULIETA
2- O REI LEÓN
3- DON QUIXOTE
4- PROS E CONTRAS
5- CAPERUCHIÑA VERMELLA
6- MAMMA MIA
7- OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE
8- HAMLET
9- OS MISERABLE
10- DON JUAN TENORIO



TOP 10: OBRA ARQUITECTÓNICA FAVORITA
1- A TORRE DE HÉRCULES
2- A TORRE EIFFEL
3- A CATEDRAL DE SANTIAGO
4- A ESTATUA DA LIBERTADE
5- AS PIRÁMIDES DE EXIPTO
6- A SAGRADA FAMILIA
7- O BIG BEN
8- A TORRE DE PISA
9- O VATICANO
10- O TAJ-MAHAL



TOP TEN: FOTOGRAFÍA FAVORITA
1- O CHE GUEVARA DE KORDA
2- ALMORZO NO ALTO DUN RASCACEOS
3- O BICO DE EISENSTAEDT
4- O BICO DE DOISNEAU
5- A NENA DO NAPALM
6- NENA AFGANA DE OLLOS VERDES
7- O MELLOR BANCO DO MUNDO
8- OS BEATLES CRUZANDO ABBEY ROAD
9- ---
10- ---



AS PREGUNTAS PARA VALENTES
CÓMIC vs MANGA
CÓMIC
MARVEL vs DC
MARVEL
POESÍA vs PROSA
POESÍA
O SEÑOR DOS ANEIS vs XOGO DE TRONOS
O SEÑOR DOS ANEIS
CREPÚSCULO vs 50 SOMBRAS DE GREY
CREPÚSCULO
STAR WARS vs STAR TREK
STAR WARS
CINE vs TEATRO
CINE
FOTOGRAFÍA vs VIDEO
VIDEO
VINILO vs CD
CD
AC/DC vs GREMELIERS
AC/DC
TWERKING vs BALLET
TWERKING
FLAMENCO vs BAILE GALEGO
FLAMENCO




24/10/16

BIBLIOTECAS DO MUNDO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Biblioteca Abadía de Admont (Austria)


No Día das Bibliotecas, queremos visitar algunhas das bibliotecas máis impresionantes do mundo aínda que so sexa fotográficamente. Acompáñasnos?

Biblioteca Abadía Sant Gall (Suiza)
Biblioteca George Peabody, Baltimore (EEUU)
Biblioteca Interuniversitaria de A Sorbona, París (Francia)
Biblioteca do Mosteiro de O Escorial, Madrid (España)
Biblioteca do Pazo Nacional de Mafra (Portugal)
Biblioteca Pública de Nova York (EEUU)
Biblioteca Nacional da República Checa, Praga
Biblioteca Municipal de Stuttgart (Alemania)
Biblioteca do Trinity College, Dublín (Irlanda)







16/11/09

UNHA EXPOSICIÓN QUE NON DEBEDES PERDER

Na sé da Fundación Caixa Galicia da Coruña tedes ata o 28 de febreiro unha exposición de fotografía que non debedes perder. Estamos a falar de Unha mirada de antano da fotógrafa americana da Hispanic Society of América de N. York Ruth M. Anderson.
Anderson chegou a Galicia en plena ditadura de Primo de Rivera acompañada polo seu pai, co obxectivo de fotografar os traxes populares, pero realizado este encargo volveu de novo cunha colega americana para seguir traballando noutros temas. Anderson realizou entre 1924 e 1926 unha actividade frenética da que se conservan arredor de 5000 negativos, acompañados de abundante información, que constitúen un documento excepcional da cultura popular galega dos anos 20, unha sociedade cuxos dous terzos da poboación activa era agraria e rural.
O seu obxectivo captou paisaxes, persoas, labores do campo, labores do mar, festas, enterros... buscando sempre o máis enxebre e característico do país. Con este material faría anos despois o libro Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña editado pola Hispanic Society.
A exposición está dividida en diferentes apartados: traballos e oficios, feiras e mercados, campo, relixión... o que a fai moi didáctica.
Ademais, con motivo desta exposición, Caixa Galicia organiza un concurso de fotografia no que podedes participar todos os que queirades.
Se queredes informarvos mellor PREMEDE SOBRE A IMAXE

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER