Amosando publicacións coa etiqueta dicionarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dicionarios. Amosar todas as publicacións

10/03/17

MARÍA MOLINER: 50 ANIVERSARIO DO SEU DICCIONARIO


Falando de mulleres traballadoras... este mes conmemorouse o 50 aniversario da edición do Diccionario de María Moliner. Exactamente foi o pasado 1 de marzo. A editorial Gredos e a Biblioteca Nacional, entre outros, conmemoraron esta data. Non era para menos. Ela sola escribiu á man na súa casa este diccionario, considerado o máis completo e útil da lingua castelá. Máis largo e completo que o da Real Academia da Lingua.
María Moliner (Paniza, Zaragoza, 1900 - Madrid, 1981) era filóloga, lexicógrafa e bibliotecaria. Moi comprometida impulsou a creación dunha rede de bibliotecas rurais. En 1952 empezou a traballar na súa gran obra o Diccionario de uso del español. Este gran traballo levaríalle 15 anos. A primeira edición saíu en 1967. Destacou por ser un diccionario útil e sinxelo, cun estilo propio moderno e práctico, recollendo a fala da rúa, con definicións e explicacións claras e sinxelas. 
O diccionario ven de ser reeditado neste 50º aniversario. Ampliado, renovado, actualizado e cun novo formato, recollendo novidades léxicas (máis de 5000 entradas novas nun total de 92.700), incluido expresións do español de sudamérica.

Máis info sobre María Moliner nestes enlaces que deixamos:


27/10/15

NOVA ACTUALIZACIÓN DO DICIONARIO DA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA EN VERSIÓN WEB




Xa temos unha edición actualizada da 23ª versión do Dicionario da Real Academia Española, que se publicou en outubro do ano pasado. Trátase dunha versión actualizada, que xa se pode consultar, eso sí, na páxina web da academia. Conta con novas definicións de palabras como: homoparental, wifi, amigovio. A presentación oficial da versión en línea do dicionario fíxose o pasado día 21 de outubro, apúntase que esta versión en línea renovarase cada 3 meses.

15/10/14

PALABRAS EN BUSCA DUN DICIONARIO


Seguimos con dicionarios. Normalmente, imos a un dicionario para saber o significado dunha palabra que descoñecemos, nalgún caso para saber doutras palabras que significan algo semellante, ou no caso doutras linguas para coñecer as posibles traducións. Antes íamos a un libro que habitualmente era moi voluminoso ou tiñamos que escoller ben en qué tomo atoparíamos a palabra porque estaba repartido todo o vocabulario en varios libros. Agora tamén temos dicionarios no ordenador e mesmo no móbil ou na tableta.
Os dicionarios séguense a actualizar, parece que pronto aparecerá (mañá sae a edición 23ª do DRAE) o novo dicionario da Real Academia, pero miles de palabras existen ainda que non aparezan nel, como afirma Alex Grijelmo no seu artigo de "El País", "Palabras en busca de dicionario".

Estas son algunhas das que cita:
-" “Cabreante non está no Dicionario”; ainda que non estea (que non o está). Trátase dunha creación lexítima, igual que “ilusionante” ou “escuchante” (ambas as dúas entran agora) ou “murmurante” (que segue fora); formas todas elas derivadas de “cabrear”, “ilusionar”, “escuchar” e “murmurar” (y que son “participios presentes”, “participios activos” ou “adxectivos verbais”)".
- "Non estarán algunhas no Dicionario, pero sí na gramática. Porque a lingua ten recursos creativos. Si de “anónimo” deriva “anonimato”, cómo non dar validez a “seudonimato” a partires de “seudónimo”?"
- "“Pifostio” tampouco entrou no novo Dicionario, e non obtsante miles de lectores entenderán a oración “se montó un pifostio”. E no figuran igualmente “trantrán” (“ese camarero trabaja al trantrán”, é decir, sen correr demasiado, deixándose levar) ou “bocachancla”, expresión inventada para definir á persoa charlatana, indiscreta."
- "Outras palabras que seguen na súa busca de dicionario poden sorprendernos tamén desde os seus rinconcillos: “Rompesuelas” (amante do sendeirismo), “vallenato” (xénero musical colombiano), “cotolengo” (asilo), “ojiplático” (sorprendido), “analema” (fotos feitas dende un mesmo punto para reflexar o movimento do Sol), “viejuno”..."

Para saber as palabras que sí conseguiron entrar, tedes os seguintes enlaces:
-   "La Voz de Galicia".
- BioBioChile.
- Huffington Post: Curiosidades de la A a la Z de la 23ª edición del DRAE.
Test: Qué sabes do novo Dicionario?

14/10/14

GUÍA DE CÓMO USAR (BEN) UN DICIONARIO.


Todos deberíamos estar familiarizados cos dicionarios, e usalos frecuentemente. Hoxe vos deixamos un enlace a unha páxina de WikiHow para "refrescar" como se manexa un dicionario e poder exprimir ao máximo toda a información que contén, e non so dos dicionarios tradicionais senon tamén dos dixitais.

Enlace:

02/04/14

PARA PRONTO UNHA NOVA EDICIÓN DO DRAE

A Real Academia da Lingua completará en breve a nova edición do seu Diccionario que se publicará en outubro con 95.000 entradas. Será a edición máis renovada da historia con 100.000 enmendas.
Máis voces, máis acepcións, máis americanismos, máis matices, e moito máis... a edición nº 23 do Diccionario da Real Academia Española xa está rematada e estara dispoñible en outubro. Caracterízase polos seus números impresionantes: 93.000 voces (5.000 máis que a edición anterior),100.000 enmendas, 200.000 acepcións...).
Toda a información sobre esta edición neste enlace do diario "El País".


28/10/13

O "DINLE"


Sabedes as definicións destes conceptos novos como...

LECTURA ORAL, BOOKCROSSING, 
LITERATURA LÍQUIDA, ESCRITOLECTOR
BRECHA DIXITAL

... pois para iso está o DINLE (Dicionario das Novas Formas de Lectura), o dicionario para a lectura e escritura que nace da revolución dixital, unha realidade que muda a pasos axigantados. Elaborada pola Rede Internacional de Universidades Lectoras, que inclúe 43 institucións universitarias de México, Arxentina, Estados Unidos, España, Italia ou Brasil e publicada por Santillana.

Deixámosvos cos enlaces ao artigo de "El País" que trata o tema:

Un diccionario para la lectura y escritura que nace de la revolución digital

e o enlace á versión dixital do DINLE.

29/09/13

A PUBLICIDADE HOXE

A Academia da Publicidade felicita á Real Academia da Lingua Española polos seus trescentos anos de existencia con este anuncio:  


QUE VOS PARECE?

24/10/10

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares co anuncio da publicación de novos dicionarios.

A chegada de novos dicionarios é sempre motivo de alegría para os estudosos das linguas, e aínda o é máis neste caso polas características dos mesmos.

O I.L.G.A. e a R.A.G. acaban de publicar o Dicionario de pronuncia da lingua galega, elaborado por X.L. Regueira, profesor de Filoloxía Galega na USC, xunto cun equipo de investigadores. A obra dirixida tanto a galego falantes como foráneos foi presentada con estas palabras:

"É unha ferramenta relevante para a normalización do galego, xa que permite establecer un modelo de pronuncia estándar utilizable na aprendizaxe, nos medios orais de comunicación e noutros ámbitos de difusión da lingua".

O Centro Ramón Piñeiro acaba de publicar tamén un Dicionario galego-latino clásico e moderno elaborado por Xosé López Díaz. Este dicionario ten a particularidade de incluír termos actuais do galego así como expresións populares.

Tamén resulta novidoso o Diccionario de colocaciones del español elaborado por un equipo dirixido pola profesora da Univ. da Coruña Margarita Alonso en versión internet ao que podedes acceder dende AQUÍ.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER