22/03/20

ACCESO A BIBLIOTECAS PÚBLICAS DURANTE A CUARENTENA

As Bibliotecas Públicas ofrecen a posibilidade de acceso a libros dixitais durante a cuarentena.


- eBIBLIO GALICIA

Para acceder ás bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse a posibilidade de acceder ao préstamo dos libros en formato electrónico a través dun enlace, dispoñible na páxina web:

- REDE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA 

Nesta Rede encontraredes case todos os libros de lectura obrigada da ESO e Bacharelato neste formato (ata dous libros en préstamo durante un período de 21 días).
As claves serán operativas mentres dure o confinamento e ata un mes despois de que finalice. Pasado ese tempo se non queres seguir como socio, eliminaranse automaticamente, non é preciso facer nada para cancelar esta subscrición, basta con non acudir a unha biblioteca a formalizar ese carné.



13/03/20

"O MAR" EN ESPERA...


A suspensión das actividades escolares, en principio, durante 14 días fai que teñamos que suspender provisionalmente a Semana Cultural, coa intención de retomala en canto se recupere a normalidade, que será en todo caso despois da Semana Santa.
En calquer caso, estes 14 días de parón, poder animar a algúns de vos a participar traballando no tema dende casa, elaborando algo que poidades traer á volta.

ACTUALIZACIÓN: Ante as prórrogas do confinamento polo Estado de Alarma e ante a incerteza de se volvemos ás aulas ou non, o que sí parece definitivo e que ainda que volvamos non teremos a posibilidade de celebrar a semana cultural este curso.

HORARIO DA XI SEMANA CULTURAL "O MAR"


Horario XI Semana Cultural "O Mar"

09/03/20

RECIBIMOS A MARISOL ORTIZ DE ZÁRATE NO 'RAFAEL DIESTE'


Hoxe recibimos no noso centro a escritora vasca Marisol Órtiz de Zárate, especializada en literatura xuvenil. Falou ao noso alumnado da súa obra e firmou exemplares dos seus libros para algúns deles.

II CONCURSO DE PODCASTS DE RADIO NA BIBLIO

Tras os excelentes resultados da primeira convocatoria, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 13 de febreiro de 2020 (coincidindo co Día Mundial da Radio), pola que se convoca o II Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre o patrimonio lingüístico galego ou estaren dedicados a estimular a lectura de dous dos xéneros presentes, entre outros, na obra deste autor: a poesía e/ou o teatro.
  • O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 25 de abril de 2020.

08/03/20

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: "DECIDEN ELAS"


Deciden elas. É o lema da campaña que o alumnado utiliza este curso para conmemorar o Día Internacional da Muller, que foi institucionalizado pola ONU en 1975. A partires do libro Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López, se elaboraron carteis sobre galegas, célebres e non tan célebres, destacadas no seu momento en ámbitos e actividades diferentes:
- Ysabel Barreto, almirante pontevedresa do século XVI, 
Sofía Casanova, a escritora e xornalista, nacida en A Coruña no século XVIII, 
ata exemplos máis recentes como Ángeles Alvariño, oceanógrafa de Ferrol ou Antonia Ferrín, astrónoma ourensá, son mulleres que nos  axudan a repensar a nosa sociedade e nos aníman na tarefa da loita polos dereitos de todas as persoas.
Ademais, no instituto contamos  cunha exposición monográfica sobre Hildegarda de Bingen, música, teóloga, naturista, literaria na Alemania do século XII.
E para poñer a guinda, un grupo de alumnos e alumnas baixo a coordinación da orientadora Laura, encargouse de que quedara constancia de que o 8 de marzo é o Día da muller, non so na planta baixa do instituto, senón tamén nas plantas superiores.
Bo traballo e feliz 8 de marzo!!

Video presentación do traballo feito nesta LIGAZÓN


ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER