29/03/19

HORA DE LER (3º TRIMESTRE)

Comenzamos o terceiro trimestre do curso e dende a Biblioteca queremos recordar sobre a HORA DE LER nos grupos da ESO.
Retomamos o calendario que rematara na semana do 11 ao 15 de marzo que era unha semana que tivo a hora de ler na 6ª sesión do horario. Polo tanto, empezamos coa hora de ler neste trimestre na 1ª sesión do horario e iremos rotando ata a semana do 10 ao 14 de xuño, agás a semana do 29 de abril ao 3 de maio, que por ser a SEMANA CULTURAL, non faremos esta actividade.



1 a 5 de abril: 1ª hora
8 a 12 de abril: 2ª hora
23 a 26 de abril:  3ª hora
29 de abril a 3 de maio: Semana Cultural
6 a 10 de maio: 4ª hora
13 a 16 de maio: 5ª hora
20 a 24 de maio: 6ª hora
27 a 31 de maio: 1ª hora
3 a 10 de xuño: 2ª hora

10 a 14 de xuño: 3ª hora






23/03/19

O NOSO ALUMNO HUGO MOSQUEIRA BUDIÑO PREMIADO NO CONCURSO 'RITA SUÁREZ AMADO'

Foto de Eduardo Pérez para "La Voz de Galicia".

Onte á tarde entregáronse os premios do XIV Concurso Literario 'Rita Suárez Amado' que organiza o IES "EUSEBIO DA GUARDA". Un dos nosos alumnos Hugo Mosqueira Budiño de 2ºESO-A gañou o primeiro premio no apartado de poesía en lingua castelá. Parabéns para el e para todos os premiados. 
Aquí tedes a súa poesía premiada:

ALTEA
Altea tiene un árbol mágico,
que un día le regaló un titiritero.
Cuando está triste o se siente sola,
o algún temor se posa en su pecho,
Altea se sienta al lado del árbol
y deja que sus hojas acaricien su cara.
Al poco tiempo todos sus temores desaparecen,
y su cuerpo se relaja. Y la alegría
le entra por todas sus puertas y ventanas.
Una vez al año, el árbol se transforma
en el titiritero que quiere que Altea sea feliz.
Esa noche se encuentran como dos pájaros felices,
y vuelan por las esquinas de sus corazones,
y nadan en las lágrimas de sus ojos,
y se columpian en sus carcajadas,
como dos duendes traviesos.
Cabellos rizados

14/03/19

ACTIVIDADES MUS.E 2019 NO 'RAFAEL DIESTE'


'Rafael Dieste' é un centro Mus.e. Mostrámosvos o video resumen das actividades levadas a cabo este curso dentro do programa Mus.e da Fundación Yehudi Menuhin, que rematou o pasado venres 1 de marzo coa celebración no centro do Día Mus.e 2019.














Video:

13/03/19

ENCONTRO COA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS


Tamén onte recibimos no instituto outra vez á escritora Andrea Maceiras, nun encontro organizado polo Departamento de Galego para o alumnado de 2ºESO. Con eles compartiu experiencias sobre o seu libro O QUE SEI DO SILENCIO. Foi presentada polo profesor David Paz, Andrea leunos un conto para pasar despois ás preguntas do alumnado.




RASTREANDO AS PEGADAS DA ROMANIZACIÓN POR LUGO


Onte, alumnado (41) de Cultura Clásica e Latín de 4ºESO e de Latín e Grego de Bacharelato do noso centro participaron nunha excursión de xornada completa coordinada polos Departamentos de Latín e Grego para estudar as pegadas da romanización e asistir a dúas obras de teatro: a traxedia As Troianas de Eurípides e a comedia Anfitrión de Plauto.

Nesta segunda foto o noso alumno de 4ºC Adrián Jiménez vestido de Taltibio, o heraldo de Agamenón, na traxedia As Troianas que se representou hoxe en Lugo.

08/03/19

8-M DÍA DA MULLER DENDE 'BIBLIODIESTE'


A nosa biblioteca ten materiais (libros e películas) que vos poden servir de axuda para a conmemoración do Día Internacional da Muller (8 de marzo). Témolos expostos estes días no espazo adicado a novidades e exposicións na biblioteca e están á vosa disposición para clases e/ou titorías.

07/03/19

PREPARATIVOS DA X SEMANA CULTURAL ADICADA AO CINE


Seguimos coa preparación da Semana Cultural sobre O Cine, que terá lugar na semana do 29 de abril ao 3 de maio. Nesta ligazón podedes ver as actividades que organizará cada departamento:
- X SEMANA CULTURAL: 'O CINE' (Borrador de actividades previstas).

01/03/19

ENTREGA PREMIOS MICRORRELATOS DA PAZ 2019

Os gañadores coa presidenta do xurado, Mercedes Garrote.

Xa se entregaron os premios aos gañadores do Concurso de Microrrelatos sobre a Paz que convocou a Biblioteca dentro das actividades de conmemoración do Día Internacional da Paz.
Os gañadores recibiron o libro que escolleron eles e o diploma conmemorativo.

Parabéns a todos eles!! 

Germán Alonso e Blanca Fernández, primeiro e segundo premios da Categoría A (primeiro ciclo da ESO)


Paula Iglesias e Marcos Castro, primeiro e segundo premio da Categoría B (segundo ciclo da ESO e Bacharelato)

DÍA MUSE E ENTROIDO 2019

Hoxe celebramos o Día Muse 2019 no centro e o Entroido.
Á 3ª hora (10:30) o alumnado de 1ºESO e 3ºESO A e B e a 4ª hora (11:20) o alumnado de 2ªESO e 3ºESO C e D celebrarán no salón de actos o Día Muse.
A partir das 13:00 suspenderánse as clases en todos os grupos para celebrar a FESTA DO ENTROIDO que inclúe un concurso de disfraces.
Logo uns días de vacacións por disfrutar.
Voltamos ás clases o xoves 7 de marzo.
Disfrutade!

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER