Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura. Amosar todas as publicacións

26/01/25

Portas Abertas: A biblioteca, un espazo activo e creativo

A través da exposición que se pode visitar estes días, Retorno ao Medievo, presentamos os programas e actividades que se desenvolven na biblioteca do IES Rafael Dieste: os clubs de lectura (banda deseñada en galego, manga, lectura en portugués e club de novela negra para os adultos), os clubs de encontros (electrónicos, xadrez, lingua de signos e grupos de debate), a Semana Cultural (proxecto interdisciplinar de centro dedicado este curso á lusofonía),  Radio na biblio, Hora de ler e as actividades en relación coas datas especiais e conmemoracións (Día do Libro, Día das Bibliotecas, Samaín…), exposicións temáticas etc.

Mediante estes programas e actividades desexamos converter a biblioteca nun espazo activo, dinámico, creativo, de ocio e de lecer, ademais dun lugar de traballo e de investigación. Todo isto non sería posible sen a gran axuda  das mais de 30 persoas voluntarias, rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato comprometidas neste espazo e lugar de convivencia positiva. 

24/11/24

Novos clubs de lectura

Esta semana desenvolvéronse as primeiras sesións de reunións de dous novos clubs. Por un lado, o club de banda deseñada en galego coordinado pola profesora Begoña Pérez e, por outro lado o club de novela negra dirixido a pais, nais e persoal do centro coordinado pola profesora Isabel González.

No club de banda deseñada elixíronse algunhas das lecturas a realizar e no club Negrísima abordouse o libro A muller de verde do islandés Arnaldur Indridasson. No libro combínanse unha triste historia do pasado que se vai fiando a partir duns restos atopados no barrio do Milenario en Reickiavic e a historia do presente, protagonizada polo inspector Erlendur.

Na reunión achegámonos á un lugar afastado, Islandia, á súa paisaxe abafante, a súa sociedade, así como aos trazos da idiosincrasia deste país e as súas xentes.

21/09/24

Comeza o curso e… novo club de lectura

Nace un novo club de lectura!

Vai dirixido aos maiores.. nais, pais, profes e persoal do centro que queira apuntarse.

Neste primeiro curso a temática vai ser a novela negra.

Na cortiza da biblioteca tedes os títulos dos libros de lectura programados para este curso 24-25 así como as datas de reunión: o último martes de cada mes a partir das 18.15 h.

Animádevos a participar!!

Accede aquí á infografía en pdf.



20/06/23

VISITA Á BIBLIOTECA DA DIPUTACIÓN

Para rematar o curso, o alumnado dos clubes de lectura visitou onte a Biblioteca "Rosalía de Castro". Curiosidades e historias sobre o patrimonio de A Coruña que se atopan no depósito desta biblioteca.





 

30/09/22

CONVOCATORIA CLUBES DE LECTURA 2022-23


 Durante esta derradeira semana abriuse a convocatoria para participar nos distintos clubes de lectura que se queren organizar este curso. No taboleiro do pasillo ata a Biblioteca estiveron colgados distintas listas para os diferentes clubes que se queren formar (ciencia ficción, manga, francés...). Tamén había listas de inscripción en cada unha das clases.

11/02/22

OS NOSOS CLUBES DE LECTURA 2022 (2ª avaliación)


 Nesta segunda avaliación, os tres clubs de lectura xa estamos a devorar novas aventuras. O club Alexandría, de 3º e 4º, despois de ler "Yo, Simón, homo sapiens" de Becky Albertali e sorprendernos a todos e todas co cine forum no que gozamos (pese ao frío) do visionado da película baseada na novela, atrévense agora con "Antigona", de Jean Anouilh. Con que nos sorprenderán nesta ocasión?

En 2º ESO temos dous grupos; nun deles están saboreando "Un monstruo viene a verme" de Patrick Ness e os integrantes  doutro grupo (Club da xente sen nome con chocolate nunha tarde de verán) están en ascuas lendo "Elevación", de Stephen King.
Como vedes temos lecturas do máis variadas e interesantes.

23/06/21

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DOS CLUBES DE LECTURA 1ºESO




 Onte fixemos a entrega dos premios do concurso dos Clubes de Lectura de 1ºESO, última actividade deste curso. Os premios entregáronse na librería do noso barrio "Luar".

04/06/21

XIII XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA 2021


 Hoxe celébrase no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela ás XIII
Xornadas dos Clubs de Lectura. A reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de cultura Educación e Universidade. Neste curso 2020/2021 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 213 centros que matriculan alumnado de ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial. Esta XIII Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a preto de 250 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado. Asiste a nosa coordinadora do Equipo de Biblioteca, Matilde de Cal.

 

Entrégase Premio dos Clubs de Lectura 2021, a escritora Eva Mejuto, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2019/2020. Premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado e Carlos Negro, María Reimóndez e Andrea Maceiras.
 
Participan a escritora Marta Sanz, o escritor, periodista e investigador en comunicación José Miguel Tomasena falará da xente moza as prácticas de lectura nas redes e o autor e ilustrador Miguelanxo Prado, Premio dos Clubs de Lectura no ano 2017.

13/05/21

ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA PARA FIN DE CURSO (1º e 2ºESO)


 A actividade que o club de lectura propón para terminar este curso é a de proxectar nas aulas de 1º e 2º de ESO catro audiocontos durante a titoría da semana do 24 ao 28 de maio. A duración de cada un deses contos é de catro minutos. Podería facerse un pequeno intercambio de pareceres entre un e outro conto porque a temática é interesante. Os contos son de animación e aquí están cunha breve sinopse:

1-HERMOSO VIDEO - Cuestión de actitude.
[Unha rapaza e un rapaz teñen diferente actitude ante a vida e se atopan. Ela ensinalle a cambiar a súa actitude e, ao final, él opta por pensar positivamente e todo sae ben.]


2-A Cor da Maldade (Cortometraxe Animado 3D) Español
[Unha nena repipi xera odio noutra, que tenta invocar ao diaño para acabar coa primeira. As cousas, aparentemente, saen ao revés e aparece un demo amable e ridículo.]


3-Amor Imposible - SCVE
[Uns personaxes lanzan unha moeda a unha fonte pedindo un desexo. Un mozo e unha moza piden os seus desexos á vez. O hacedor de desexos da fonte fai todo o posible para que se atopen.]

4-Corto de Animación sobre Bullying - Non Xogues Comigo
 [Curto sobre o acoso escolar e a oportunidade de acabar con el desde dentro.]

11/05/21

CONCURSO DE CONTOS DE EMILIA PARDO BAZÁN. ENTREGA DE PREMIOS

Samuel, 1º premio

Martín, 2º premio

Hoxe tivo lugar na biblioteca a entrega de premios do concurso proposto polo Club de Lectura para os Trasnos de 4°ESO sobre os contos de Emilia Pardo Bazán. O primeiro premio foi para Samuel Rodríguez de 4° C, e o segundo para Martín Novo de 4° B
 

19/04/21

ABRIL 2021: MES DO LIBRO EN 'BIBLIODIESTE'


A actividade proposta pola biblioteca consiste en encher o cortizo do pasillo de cubertas de libros. Para iso todo o alumnado, profesorado e personal non docente poderá aportar unha imaxe en cor da cuberta ou tapa do libro que está a ler, enviándoa por correo a bibliodieste21@gmail.com ou entregándoa en pendrive ao profesor encargado de biblioteca nos recreos ou en vicedirección. 

A biblioteca encargarase de imprimir as tapas que se presenten. A data límite para as entregas será o mércores 28 de abril. Rogamos a todo o profesorado, e moi especialmente aos titores, que den a máxima difusión a esta actividade para poder acadar unha participación importante de toda a comunidade educativa. Grazas a todos e FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!

Tamén o concurso que o club de lectura propón para os seus membros de 4º de ESO. Este concurso ten como data límite o venres 30 de abril e o gañador recibirá como premio un vale para gastar nunha librería do barrio.




Este é o resultado da actividade proposta para o "Mes do Libro 2021", aquí mostramos as portadas de libros que recibimos.









21/01/21

TEMOS NOVO BLOG: "CLUB DIESTE", O BLOG DO CLUB DE LECTURA


Temos novo blog: "CLUB DIESTE", o blog do club de lectura. Neste blog aparecerán semanalmente as lecturas propostas e os trasnos, nome dos compoñentes do club, irán aportando os seus comentarios.

Ligazón ao blog "CLUB DIESTE"


PRESENTACIÓN DO BLOG:
O club de lectura DIESTE quere dar a benvida a todos os trasnos. Este curso "tan diferente" imos compartir as lecturas dunha maneira tamén "diferente" debido ao COVID, que non nos permite reunirnos nun recreo semanal como outros anos. Pero xa coñecedes o refrán: "A mal tempo, boa cara". Así que comezamos.
Este blog ímolo levar entre todos, subindo comentarios sobre as lecturas que cada semana vos entregamos nas caixas do club que hai nas aulas. Aparecerán publicados aqueles comentarios que seleccionemos polo seu interese.
Cada curso da ESO ides ter a vosa sección. Así que deixade o voso comentario na sección do voso curso.

23/11/20

OS CLUBES DE LECTURA "DIESTE" NOS TEMPOS DO COVID


 O COVID cambiou moitas cousas no noso instituto: obrigounos a levar unha mascarilla todo o tempo, a botar xel nas mans varias veces ao día, a entrar e saír por portas diferentes, a horas diferentes, a suprimir as aulas materia, a ter un só recreo -aínda que mais longo-, a desinfectar as mesas e as sillas se cambiamos de aula, etc... Pois ben, o COVID tamén está a cambiar o noso Club de Lectura DIESTE, que este curso conta cunha organización e un funcionamento diferente para adaptarse a estes tempos de pandemia.
Non podemos utilizar a sala do Club de Lectura porque non cumpre as normas relativas á distancia marcadas polo protocolo. Tampouco podemos adicar ao Club o tempo de recreo xa que todos quedaríamos sen o único recreo que temos. Por todo isto estamos perfilando a nova organización que tratará de aproveitar as aulas e os postos que o alumnado ten asignado dentro delas, incorporando o Club DIESTE dentro da Hora de Ler e/ou horas de reforzo, titorías e materias que se presten a elo.
Ide pensando se queredes formar partes dos "trasnos" e vivir con nós novas aventuras, as dos libros e as que nós vos imos propor. Seredes recibidos con mascarilla pero coa mesma ilusión de sempre.
Comezaremos estes días co alumnado de 1º de ESO. Listo? Pois esperada as novas que vos iremos contando...

16/10/19

'CLUB DIESTE': OS 24 CLUBES DE LECTURA 2019-20 DO NOSO INSTITUTO




O proxecto Club de Lectura "CLUB DIESTE" do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" leva funcionando xa 9 anos e recibindo as axudas de presuposto todos estes cursos. Agora mesmo somos o centro con máis clubes en funcionamento e recibindo polo tanto a axuda máis importante. O obxectivo fundamental é despertar ou acrecentar a afición pola lectura entre o alumnado.

Neste curso 2019-2020 temos en funcionamento:
- 24 grupos3 de 1ºESO, 3 de 2ºESO, 4 de 3ºESO, 4 de 4ºESO, 5 en 1ºBAC e 5 en 2ºBAC. O que implica:
- 22 profesores* (2 deles levan 2 clubes). 13 profesores de materias lingüísticas, 3 de ciencias, 1 de xeografía-historia, 1 de música, 1 de orientación e 1 de persoal de administración e 1 do persoal da cafetería.
- 240 lectores ("trasnos"). O éxito da actividade segue batendo marcas e aínda hai alumnado de reserva por non ter exemplares suficientes ou persoal para poder atendelos a todos. Supoñen xa un 43% do total do noso alumnado. Quedan na reserva 33 estudantes sen poder incorporarse a ningún grupo, intentando solventalo.
- Este curso contamos con 2 grupos de lectura en inglés e inauguramos 1 en francés.
- As actividades do club inclúen: participación no concurso de microrrelatos e booktrailers que organiza o Ágora polo grupo DADO conmemorando o Día das Letras Galegas, outros actos organizados pola biblioteca escolar, visitas de escritores-autores, lecturas dramatizadas, proxeccións...
As reunións terán lugar na biblioteca, na aula 307, un espazo novo do que dispoñeremos desde este curso como propio do club (que durante o verán estivemos acondicionando para que se parecese o mais posible a un espazo de lectura e non ás aulas), e nas aulas materia dos diferentes departamentos. Todos os trasniños e trasniñas serán atendidos nos recreos excepto tres grupos de bacharelato, que terán as súas reunións os martes ás 15.40 e as 18.10.

*Profesorado participante:
Bioloxía: Manuel Agromayor e María Suárez, Castelán: Mercedes Garrote, Begoña Santamaría, Norma Fandiño e Carlos Blanco; este último é o coordinador dos clubes de lectura. Filosofía: Beatriz Cuesta, Francés: Blanca Sebastián (en francés), Galego: Xulia Gallego, Eloi Rodríguez, Dores Castro e María Lema, Inglés: Marta Prego, Joshua DeYoung e Hilda Fraga (en inglés, estes dous últimos), Latín: Mar Noche,  Matemáticas: Carolina Muíño,  Música: Beatriz López-Suevos,  Orientación: María Casalderrey  Sociais: Manuel Santos.
Ademais, contamos coa axuda de Ana Abad, unha das administrativas do centro, e Teresa Insua, do persoal de cafetería.

21/01/19

CLUBES DE LECTURA DO 'RAFAEL DIESTE'

Foto: Un dos 19 clubes de lectura que temos este curso 2018-19.

Queremos salientar hoxe nesta entrada unha das actividades que máis éxito está a ter nos últimos cursos no noso instituto: o CLUB DE LECTURA.

O proxecto Club de Lectura "O TRASNO NA REDE" do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" leva funcionando xa 8 anos e recibindo as axudas de presuposto todos estes cursos. Agora mesmo somos o centro con máis clubes en funcionamento e recibindo polo tanto a axuda máis importante. O obxectivo fundamental é despertar ou acrecentar a afición pola lectura entre o alumnado.

Neste curso 2018-2019 temos en funcionamento:
- 19 grupos: 2 de 1ºESO, 4 de 2ºESO, 3 de 3ºESO, 2 de 4ºESO, 4 en 1ºBAC e 4 en 2ºBAC. O que implica:
- 17 profesores (2 deles levan 2 clubes). 11 profesores de materias lingüísticas, 3 de ciencias, 1 de xeografía-historia, 1 de orientación e 1 de persoal de administración.
- 193 lectores ("trasnos"). O éxito da actividade segue batendo marcas e aínda hai alumnado de reserva por non ter exemplares suficientes ou persoal para poder atendelos a todos.
- Información sobre o club pode consultarse no seu propio blog: O trasno na rede.
- As actividades do club inclúen: visitas, roteiros pola cidade, contacontos, invitacións a profesores e outras persoas a participar, visitas a bibliotecas, asistencia a obras de teatro, conexión con outros clubes de lectura (grupo DADO), visitas de escritores-autores, lecturas dramatizadas, proxeccións...

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER