Amosando publicacións coa etiqueta iniciativas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta iniciativas. Amosar todas as publicacións

01/10/23

BIBLIODIESTE: DiverXentes e igualdade.

A Biblioteca en colaboración co Contrato programa Iguála-T invítavos a facer esta enquisa sobre a situación afectivo sexual no noso instituto. A partires dos resultados desta enquisa poderemos facer un mapa afectivo sexual do centro para poder atender mellor as necesidades da xente, alumnado e non alumnado, que convivimos neste espazo.

Para acceder a enquisa preme na imaxe:



18/01/21

JERUSALEMA CHALLENGE @ IES 'RAFAEL DIESTE' (CORUÑA) + GRANTON MIDDLE & HIGH SCHOOL (WISCONSIN): FELIZ 2021!

 

 


O Covid-19 arrebatounos os bicos e os abrazos pero non puido coa nosa capacidade de traballar xuntos contra esta pandemia.
Covid-19 stole our hugs and kisses but it couldn't steal our ability to work together against this pandemic.

Seguindo un mesmo ritmo, o IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña) e o Granton Middle & High School (Wisconsin), queren enviar unha mensaxe de esperanza na loita contra o COVID-19. Agradecer ao alumnado, profesorado, persoal administrativo e de servizos pola súa colaboración na realización deste vídeo.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

24/09/19

CONCIENCIANDO SOBRE O CLIMA. EN DEFENSA DO FUTURO DO PLANETA

Foto: Seryhumano.com

O vindeiro venres 27 de setembro o noso centro vaise sumar á Folga mundial polo Clima en defensa do futuro do planeta.
As organizacións e plataformas convocantes fan un chamamento a toda a poboación para que nas oficinas, centros educativos e outros lugares de traballo se realicen concentracións simbólicas de catro minutos e quince segundos entre as once e as doce da mañá. No cambio da terceira á cuarta hora (11:20) faremos a concentración diante da fachada do aparcadoiro do instituto, dentro de recinto do centro, ou no patio central se o tempo non o permite.
Os titores deberán informar aos seus grupos desta iniciativa tan importante. Para ilustralos achegamos uns videos que poden ser interesantes para visualizar nas aulas cando se informe ao grupo da nosa participación.

O video do discurso en inglés de Greta Thunberg nas Nacións Unidas @ ClickOnEnglish

Videos:





25/11/16

25-N: DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA CARA Á MULLER


Mural feito polo alumnado de Debuxo de 1ºESO do noso instituto nas clases da profesora Isabel Viñuela

¿Por qué este Día internacional?

Debido a que:
  • A violencia contra da mujer é unha violación dos dereitos humáns.
  • A violencia contra da muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
  • A violencia contra da mujer afecta e impide o avance en moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
  • A violencia contra das mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
  • A violencia contra da muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
Unha das principais dificultades para previr e poñer fin á violencia contra das mulleres e as nenas en todo o mundo é a marcada insuficiencia de fondos, que determina que os recursos para estas iniciativas sexan sumamente escasos. Existen marcos moi promisorios, como os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que inclúen a meta específica de poñer fin á violencia contra das mulleres e as nenas; non obstante, requiren un financiamento suficiente para producir cambios concretos e significativos na vida das mulleres e as niñas.
Desde o 25 de novembro ao 10 de dicembro, Día dos Dereitos Humáns, a campaña 16 días de activismo contra da violencia de xénero ten por obxectivo sensibilizar e movilizar ao público en todo o mundo para conseguir un cambio. Este ano, a campaña do Secretario Xeral ÚNETE para poñer fin á violencia contra da Muller  invita a «pintar o mundo de naranxa», usando así o color elexido por esta campaña como símbolo dun futuro máis brillante sen violencia. 


11/11/16

DÍA DAS LIBRERÍAS


Por sexto ano consecutivo, as librerías de toda España celebran o DÍA DAS LIBRERÍAS, unha festa coa que queren recordar que un libro é sempre unha excelente compra e que o mellor lugar para facelo é, sen dúbida, nunha librería.

Ademáis, hoxe, miles de libreiros agardan para que atopemos ese libro que aínda non sabes que buscas. Abren cun horario máis extenso, con descontos e actividades. 
Por qué non visitas hoxe unha?

07/11/16

XORNALISMO NA ESCOLA (2ª EDICIÓN)


O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa' veñen de convocar a segunda edición da iniciativa Xornalismo na Escola, na que profesionais en paro impartirán xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO. 

+info:

02/10/16

DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA 2016: "É A ÚNICA SAÍDA"


“A Non-violencia é a única salida” (lacomunidadmundial.org)
No ano 2007 a Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) instaurou o 2 de outubro como “Día Internacional da Non Violencia”.
Este 2 de outubro de 2016 atopa ao noso mundo sumerxido nun proceso de crisis, violencia e desestructuración crecente.
Ningunha rexión, ningún país, ningún grupo ou persoa escapa a esta situación. A escalada de sufrimento e violencia exprésase de diferentes maneiras, dende as máis aberrantes e crueis ata as máis ocultas e sutís.
Problemas de fame, guerras e conflictos bélicos, millóns de refuxiados abandoados polos países, ameaza nuclear permanente, guerras culturais e étnicas, crisis financieiras, explotación económica, desocupación crecente e ameazas de todo tipo parecen multiplicarse en todos os rincóns do planeta.
Ao mesmo tempo a violencia e o sufrimento invaden tamén aceleradamente a interioridade do ser humán mergullándoo na desesperanza e o sen-sentido da vida e xerando un aumento crecente das enfermidades mentais, a violencia persoal, a locura, o aillamento, a incomunicación e o suicidio.
É falso e ilusorio imaxinar que estes graves problemas se resolverán soamente gracias á acción dos gobernos ou dende os sectores do actual poder mundial que xeneran as crises. É necesaria a reflexión e a acción decidida das organizaciones e persoas comúns que desexan vivir nun mundo mellor.
Cada día multiplícanse as expresións de quen loitan por transformar un sistema social violento e inhuman: movilizacións solidarias de axuda aos refuxiados, movilizacións anti-bélicas en Europa, América e Asia; movilizacións de “indignados” que se opoñen en todos os casos ao sistema económico inhumán que os gobierna; as masivas movilizacións non-violentas das novas xeracións en reclamo dunha mellor educación e de xusticia social; todo esto sumado ás multitudes de actividades que desenvolven humanistas en todo o planeta, nos seus barrios, universidades e centros de traballo.
A sensibilidade non-violenta faise sentir nos plantexamentos de moitas organizacións e persoas. Hoxe máis que nunca, mentras recordamos o 2 de Outubro como Día Internacional da Non-Violencia, queremos repetir a proclama máis importante do momento, que nos di: “A Non-violencia é a única saída”.
A “non-violencia” é: non-violencia física, non-violencia económica, non-violencia relixiosa, non-violencia racial e non-violencia psicolóxica.

20/09/16

A LECTURA, UNHA CHAVE DE FUTURO


Achegamos esta guía dixital A lectura, unha chave de futuro, con moitas ideas para tratar o fomento da lectura coas familias dende ás bibliotecas escolares. É un proxecto de Letras en Obras, o portal educativo Botóns, e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Dividido en dez apartados describe a importancia do hábito lector para os rapaces, os primeiros pasos na animación a lectura, os libros mais axeitados para cada idade, regras básicas para a lectura en familia, a lectura dixital, as librarías e bibliotecas como espazos de lectura e actividades para facer con libros. Botádelle unha ollada.

14/01/16

ADOLESCENTES: OPINIÓNS E REALIDADES


Acercámosvos un video que parte da inciativa "Power for Youth" de UNICEF que nos aporta opinións que persoas adultas teñen sobre os adolescentes e a realidade dalgúns deles. O video está en diferentes idiomas, e podedes utilizar subtítulos en inglés para os idiomas diferentes do castelán e/ou inglés, así practicades.
+ info: Máis sobre a inicitiva de UNICEF: loquedeverdadpensamos.com

Video:




07/03/14

OS NENOS FAN O QUE VEN



"A maioría dos nenos oen o que din, algúns nenos mesmo fan o que dis, pero todos os nenos fan o que fas"
Katheleen Casey Theisen
(socióloga norteamericana)

"Dar exemplo non é a principal maneira de influir sobre os demáis; é a única maneira"
Albert Einstein





O video que incluimos hoxe titúlase "Children see, children do" ("Os nenos ven, os nenos fan") e foi creado para unha campaña de NAPCAN: Asociación australiana para a prevención do abuso e maltrato infantil.
Este video é unha radiografía cruda pero realista do papel do exemplo na vida e esencialmente na educación dos fillos. O exemplo como transmisor de valores e comportamentos, é tremendamente poderoso, tanto para o positivo como para o negativo.
O anuncio mostra o lado oscuro da nosa sociedade: mala educación e hábitos, falta de civismo, impaciencia, falta de entrega aos fillos, falta de respeto polos demáis, racismo e violencia. E recórdanos que todo iso reprodúcese por imitactión da seguinte xeración.
Ao final do video hai unha mensaxe: "Make your influence positive" ("Fai que a túa influencia sexa positiva"), que a clave da metamorfose.

Video:


13/06/13

AS BIBLIOTECAS DAN CALOR

Incluimos hoxe un artigo de prensa aparecido no xornal "El País" sobre o papel das bibliotecas nesta sociedade actual en crise. Picade no enlace: El País.


“No hai ningunha institución que dé tanto calor”, di a directora dunha biblioteca.

09/05/13

VÉMONOS NA PÚBLICA



Nunha nova xornada de movilizacións, defendemos o ensino público e de calidade. Invirte en felicidade: ven á pública.


Video INVIERTE EN FELICIDAD: VEN A LA PÚBLICA:


15/11/12

É a Cultura Clásica unha mercadoría?

Para nós NON, para os gobernantes SI, ou polo menos iso parece, e a materia de GREGO nin che conto. A LOMCE (¡xa está ben de siglas!), a nova Lei Educativa, pretende suprimir a materia de Cultura Clásica na ESO e relegar o Grego a materia optativa, mesmo no bacharelato de humanidades. Cada vez comprendo menos este mundo!
Para defender a permanencia destas materias, xorde unha iniciativa que consiste en escribir o próximo xoves 15 de novembro un tweet en latin ou grego engadindo o hashtag #pipiatioclassica. Ou esta outra que consiste nunha lectura conxunta dos clásicos gregos e latinos o día 12 do 12 do 2012 ás 12 a.m. Desta última iniciativa volveremos a falar máis adiante. Agora compre pedirvos a todos os que creades que a Cultura Clásica non debe desaparecer da ESO, nin o Grego quedar como optativo no Bacharelato de Humanidades, que este xoves enviedes o tweet mencionado máis arriba. E para que non teñades a disculpa de "eu non sei poñer nada en latin nin en grego", aqui tedes algunhas ideas:
Errare humanum est
Γνῶθι σεαυτόν
Omnia vincit Amor
Σκιᾶς ὄναρ ἄνθρωπος
Ave, Caesar, morituri te salutant!
Ἄνθρωπός πολιτικὸν ζῷον
Verba volant, scripta manent
Μνδὲν ἄγαν
Sic tibi terra levis sit!
Μῆνιν ἄειδε, θεά, Πηληϊάδεω Ἀχιλλῆος
 
Xa podo adiantar que o meu tweet en latín será Quosque tandem, Catilina, abutere patientia nostra? Cambiarei o nome de Catilina por outro, claro está. E o tweet en grego será Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν (=se os mozos aprenden algo fermoso gárdano na alma), chego a pensar
 que é iso o que non queren "que a xente nova aprenda cousas fermosas".
 


VIDEO PROMOCIONAL DE LA INICIATIVA DE AMUPROLAG Y SEEC MURCIA #yoconozcomiherencia

Para terminar un pouco de humor

chiste sin pie de foto

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER