26/11/14

PREMIO CERVANTES 2014 PARA JUAN GOYTISOLO


O escritor Juan Goytisolo (Bareclona, 1931) foi galardonado o pasado luns co premio literario máis importante das letras españolas o Premio Miguel de Cervantes 2014. Concédese cada ano dende 1976 (AQUÍ lista de premiados) e está dotado con 125.000 euros de premio. A entrega sempre se fai o 23 de abril do ano seguinte, na data do día da morte do autor do Quixote, no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares.

Máis información sobre o premiado neste enlace a "El País":

25/11/14

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. ["MATRIARCAS"]

Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Por qué este día?
Porque:
- A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humáns.
- A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sufre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
- A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención éposible e esencial.
- A violencia contra a muller segue a ser unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofre violencia na súa vida.

Récordao: A VIOLENCIA NIN EN PINTURA!
Video:



Video "MATRIARCAS", GAUDI GALEGO:





24/11/14

SEMANA DE ADIVIÑAS MATEMÁTICAS

Con motivo do lema deste ano "Biblioteca escolar...matemático", temos a sorte de contar estes días cun material extra procedente dunha maleta viaxeira que anda a dar voltas por varios centros galegos. Podedes ver neste enlace de qué material estamos a falar, ou velo directamente exposto na columna de novidades. 
Como queremos que disfrutedes deste material, a partir de hoxe e ata o próximo martes atoparedes á entrada da biblioteca unha adiviña para resolver, unha en cada recreo. Se sabedes a resposta teredes que coller unha folla coa adiviña, enchela, cubrir os vosos datos (nome e apelidos e curso) e entregala ao profesor de biblioteca. Sortearemos premios entre todos os acertantes. Todas as adiviñas estarán sacadas dos documentos expostos. ÁNIMO E A...DIVERTIRSE PENSANDO.

22/11/14

O MONÓLOGO DAS MATEMÁTICAS


Como este trimestre andamos co tema das matemáticas e a biblioteca, aqui vos deixamos este monólogo de Eduardo Saenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidade de La Rioja, para que entendades que as matemáticas son para sempre, pero con humor.

Video:



21/11/14

A EXPO DAS MATEMÁTICAS

Desde outubro están expostos na biblioteca sete paneis con abundante información relacionada coas matemáticas e preparados polo equipo de biblioteca. Complétase a exposición con dous cadernos, un sobre matemáticos destacados e outro con exercicios, así como unha exposición de libros e DVDs sobre este tema, e xogos matemáticos elaborados polo alumnado na última semana cultural. Animamos a titores e profesorado en xeral a visitala e aproveitar este material antes do 1 de decembro xa que nesa data viaxará en préstamo ao Instituto de Adormideras.
Dado que a exposición tivo que ser retirada durante uns días debido á celebración do 25 aniversario do centro, decidimos que no mes de xaneiro volveremos a expoñela e a completaremos con algún pasatempo matemático. Informaremos de novo neste blog


20/11/14

EU FUN A E.X.B.



Ningún do noso alumnado coñece estas siglas, aínda que moitos dos profes aínda sí, E.X.B. era a antigua Educación Xeral Básica, que se estudiaba nos colexios de primaria, entón dende 1º a 8º. (7º e 8º corresponden aos actuais 1º e 2º ESO). Agora a antigua E.X.B. serve de base para uns libros e páxinas de internet moi seguidos. Será pola nostalxia...
"YO FUI A E.G.B." ("Eu fun a E.X.B.") ten unha segunda entrega. Javier Ikaz e Jorge Díaz, dous profesionais da publicidade e de internet, esciben este novo libro (288 páxinas), despois do éxito do primeiro, o máis vendido do ano. Neste segundo profundizan cos temas do anterior (música, cine, televisión personaxes, costumes) e engaden outros novos deporte, tecnoloxía, mobiliario, celebracións, etc...
O libro está ilustrado e é moi divertido e para todos os públicos, como foi o primeiro. Como novidade este segundo volume inclúe unha folla de pegatinas e un xogo de preguntas e probas. Os libros teñen a súa continuidade na rede con páxinas web en Facebook (800.000 seguidores), Twitter (75.000) e un blogue, no que ademáis das entradas que publican os autores da páxina, moitos son os seguidores que enriquecen os contidos con as súa propias aportacións. Gañaron os dous premios aos que estaban nominados nos Premios Bitácoras 2013, os máis importantes da rede en España. Entre máis de 20.000 blogues e webs foi o máis votado polo público e elexido polo xurado como o mellor.

Enlaces:
- "En fun a E.X.B.", páxina web.
- "Eu fun a E.X.B." @ Facebook.

17/11/14

A EDUCACIÓN DO FUTURO.


Acercámosvos un artigo que reflexiona sobre os profundos cambios no eido de educación e no rol do profesor nas aulas do futuro. Un futuro sen profesores?

Un futuro sen profesores?

(Artigo de César García, escritor e profesor universitario. Publicado no Huffington Post)

11/11/14

EXPOSICIÓN AS MATEMÁTICAS NA BIBLIOTECA


Tras o paréntese que supuxo a celebración dos 25 anos do Instituto, a exposición sobre AS MATEMÁTICAS volverá a estar na biblioteca a partir de mañá mércores e ata o día 30 de novembro.

Animamos a todo o profesorado a que acuda cos seus alumnos a disfrutar, ler e rir coas matemáticas. Hai ademáis dous cadernos que se poden subir a clase e moitos fondos bibliográficos que están expostos e se poden levar a casa en préstamo.
Para máis sobre a exposición: AQUÍ

Para seguir incidindo neste tema, deixámosvos con DONALD no país das matemáticas.

10/11/14

GALICIA: A SÉPTIMA NACIÓN CELTA


Mentras Escocia e Irlanda asócianse maioritariamente co pobo celta, as raíces da cultura celta están espalladas ao longo de Europa. Fai mais dun milenio, unha tribu celta coñecidos como os Gallaeci asentáronse nunha área ao norte do río Douro. A rexión convertiuse na actual Galicia, no noroeste de España e considérase hoxe a séptima nación de orixe celta, xunto con Eire (Irlanda), Kernow (Cornualles), Mannin (a illa de Mann), Breizh (Bretaña francesa), Alba (Escocia) e Cymru (Gales).
As evidencias están por todas partes, dende a lingua galega -falada por máis de tres millóns de persoas e que contén un gran número de palabras de orixe celta- ata os festivais paganos e rituais que continúan a aflorar por toda a rexión. As pallozas datan de 2500 anos atrás e cren que son de orixe celta.
Pódese ler máis sobre esto grazas a Jim Richardson do National Geographic Creative neste enlace de BBC travel, pero xa en inglés.


Versión completamente en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

09/11/14

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


O pasado venres e sábado celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago as V Xornadas de bibliotecas escolares con conferencias sempre moi interesantes dada a categoría dos conferenciantes seleccionados, e mesas con diversas experiencias levadas a cabo en centros galegos. Estas últimas sempre nos aportan moitas ideas para levar a cabo no noso centro, e sempre nos deixan a mesma sensación "Mi madriña querida...CÁNTO SE TRABALLA NAS BIBES! Menos mal que comeza tamén a valorarse un pouco todo o que estamos a facer  nos centros de ensino por cambiar "o chip" e adaptarnos a estes tempos tan cambiantes.
Desde arquivos queremos dar a noraboa a todos os que nos presentastes as vosas experiencias nestas xornadas, non só polo moito que sacamos delas, senón tamén porque nos confirmades que IMOS POLO BO CAMIÑO e nos dades ánimos para seguir.



07/11/14

ACTO CONMEMORATIVO DO 25º ANIVERSARIO DO IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE"


Onte á tarde celebramos no veciño Auditorio "Andrés Gaos" do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, o acto conmemorativo do noso 25º aniversario como centro educativo. A mesa principal contou xunto co noso director D. L. Fernando López Sal coa presenza do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña D. Xosé Luís Armesto Barbeito e por parte de administración educativa, o noso inspector D. Lisardo López Varela, como podedes ver na foto.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

06/11/14

IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE", 25 ANOS FACENDO FUTURO



A Comunidade Educativa do IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" está de aniversario. Celebramos o 25 aniversario do noso centro e hoxe, 6 de novembro ás 18:30h no Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música celebraremos un acto de conmemoración.

Programa:
- Apertura do acto polo Director do centro D. L. Fernando Gómez Sal.
- Intervención do profesor D. Miguel Mato Fondo: "Rafael Dieste: un nome para un proxecto educativo"
- Actuación musical a cargo de alumnado do centro.
Conferencia do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña, D. Xosé Luís Armesto Barbeito: "o instituto, a universidade e o dereito á educación".
- Peche musical: La Importancia (1933), poema para voz e piano.
Letra: Rafael Dieste.
Soprano: Susana de Lorenzo
Música: Miguel Brotóns.
Piano: Beatriz López-Suevos.

05/11/14

ESTREAMOS LOGO DO INSTITUTO NO SEU 25º ANIVERSARIO

Dentro das actividades do noso 25º aniversario, e a un día da comemoración, temos o gusto de presentarvos o noso novo logo que se estrea con tal evento. Deseñado pola nosa profesora de debuxo, Isabel López Viñuela, a partir de agora será a nosa nova imaxe institucional.



01/11/14

IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE", 25º ANIVERSARIO: ENTREVISTA AO DIRECTOR


A piques de comezar a semana na que conmemoraremos o 25º aniversario da inauguración do IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE", o noso director L. Fernando Gómez Sal concedeu unha entrevista a Iván Aguiar para o xornal local "La Opinion de A Coruña", que ou ben podedes ler neste enlace AQUÍ ou transcrita ao galego máis abaixo.

Luis Fernando Gómez Director do instituto Rafael Dieste

´O problema que nos encontramos co alumnado é a motivación´

"Nas aulas temos estudiantes moi desmotivados xunto a outros que teñen claro que queren prepararse para o futuro"

Con motivo do 25 aniversario da apertura do instituto Rafael Dieste, o seu director, Luis Fernando Gómez, explica cáles son os retos que ten que afrontar o profesorado para manter a calidade na ensinanza. Tamén relata a experiencia de que o centro sexa plurilingüe.
-Cáles son os objectivos que se marca o instituto para os próximos anos?
-O instituto márcase para o futuro continuar a líña de educación que se está ofrecendo nos últimos anos e mellorar a ensinanza que recibe o alumnado. Atendendo aos estudiantes que teñen problemas educativos como aos que teñen pensado non continuar con estudios universitarios. E ofrecer tamén unha ensinanza de calidade.
-Cómo foi a experiencia de adaptar o centro a un sistema plurilingüe?
-O noso centro ofrece algunhas asignaturas en inglés para todo o alumnado. En concreto, no noso instituto impartimos Educación Física, Tecnoloxía e Música en inglés. Os estudiantes non teñen ningún problema. Teñen un primeiro proceso de adaptación nos niveles máis baixos. Enseguida entran e é un complemento de formación que pensamos que é mui útil.
-Cómo ve o panorama educativo na actualidade?
-O panorama educativo é un pouco o reflexo dunha sociedade que está atravesando momentos con dificultades, pero eu resaltaría que grazas ao esforzo do profesorado conseguimos un nivel educativo digno e axeitado.
-O nivel do alumnado baixou en comparación con outros anos?
-Non creo que o nivel do alumnado empeorase. Non teño unha visión derrotista da ensinanza. Hai que ter en conta que o alumnado que temos é moi heteroxéneo e teñen moi distintos intereses e perspectivas. Por un lado atendemos a alumnos que teñen como horizonte conseguir so a escolaridade e alumnos que teñen como meta pasar á universidade. Entnc eu creo que o nivel da ensinanza non baixou nos últimos anos, pero sí vémonos con esa dificultade de atender a alumnado que ten distintos intereses e objectivos de futuro.
-É muy difícil manter o nivel cando hai estudiantes que queren deixar a ensinanza e outros que queren seguir?
-O problema que nos encontramos con este alumnado é a motivación. Nas aulas temos algúns estudiantes que están moi desmotivados xunto con outros que teñen moi claro que están no centro para prepararse para o futuro. É difícil conseguir que este alumnado desmotivado se integre e obteña unha educación axeitada. Intentamos integralos todos os días.
-En qué vai a consistir o acto de aniversario do próximo día 6 de novembro?
-Pensamos reunir a persoas que pertenceron a este centro ao longo de 25 anos. Tanto exprofesores, exalumnos como algunhas autoridades educativas e membros das directivas doutros centros. Tamén estarán membros da AMPA deste e outros anos.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER