24/10/22
24-O: DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022
21/10/22
FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECA 2022 ALUMNADO 1ºESO
10/10/22
HORA DE LER 2022-23: HORARIOS TRIMESTRAIS
06/10/22
ANNIE ERNAUX, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2022
A escritora francesa Annie Ernaux foi galardoada co Premio Nobel de Literatura 2022, según comunicou o secretario da Academia Sueca, Mats Malm na sede da institución en Estocolmo hoxe.
Ernaux é so a muller número 17 que gaña o Nobel de Literatura no seus 123 anos de historia e era unha das favoritas deste ano.
O xurado destaca que se lle concede o premio "pola súa coraxe e agudeza clínica coa que descubre as raíces, os estranxamentos e as restricións colectivas da memoria persoal". Ernaux cre "na forza liberadora da escritura". O seu traballo é intransixente e está escrito nunha linguaxe sinxela e limpa.
+ info:
- wikipedia: ANNIE ERNAUX
- a noticia no xornal "EL PAÍS":
A escritora francesa Annie Ernaux gaña o Premio Nobel de Literatura 2022
03/10/22
CONVOCATORIA DO CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022-23"
Convocatoria do concurso As miñas bibliotecas
Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas. Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022 – 2023
O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas seguintes bases:
I.- DESTINATARIOS. O concurso está dirixido a todo o alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste. Pódese participar individualmente ou en grupos
II.- CONTIDO. Cada participante ou grupo de participantes debe facerse un selfie no que se vexa unha biblioteca real da cidade (non vale imaxe dunha biblioteca). As fotos poden ser individuais ou en grupo.
III.- PARTICIPACIÓN. A participación no Concurso farase enviando a devandita foto ao correo: bibliodieste21@gmail.com
No correo hai que indicar en asunto Concurso de selfies. Ademais, hai que achegar a foto en formato jpg, e indicar nome e apelidos, curso e grupo.
A Biblioteca encargase de imprimir as imaxes e poñelas no taboleiro da clase correspondente.
IV.- CALENDARIO. As imaxes poden enviarse ata o 31 de outubro.
A entrega do premio celebrarase nunha data, aínda por definir, dentro da primeira avaliación. As persoas gañadoras serán debidamente informadas desta data.
V.-
PREMIOS. – Hai varias categorías de premios:
- Premio individual ao mellor selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a foto con máis xente posando para o selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a clase que teña a porcentaxe máis alta de selfies. Premio para a clase.
Unha vez definidos os premios, faranse públicos a través do blog da Biblioteca.
VI.- MEMBROS DO XURADO. - O xurado estará integrado por 5 membros: unha persoa de dirección, un profesor o profesora do grupo da Biblioteca, un voluntario/a da Biblioteca, unha persoa do grupo DiverXentes e outra de persoal non docente do instituto.
VI.- DEREITOS DE IMAXE. - A participación no concurso implica ter entregado o permiso para utilizar a imaxe do alumno/a.
VII.- ACEPTACIÓN DAS BASES. - A participación no concurso implica a plena aceptación do contido destas bases. A Biblioteca, organizadora do concurso, resérvase o dereito de modificalos, comunicándollo aos participantes a través do blog da Biblioteca.
Ánimadevos!
ETIQUETAS
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Todo o que comeza ten que rematar, de modo que mañá arribamos a Ítaca. Mais estade atentos, porque durante a mañá aínda teremos a oportuni...
-
Dentro da IV Semana Cultural do IES "Rafael Dieste": "O NOSO PATRIMONIO ARTÍSTICO CULTURAL", o Departamento ...
-
Cuarta presentación cos traballos e as exposicións preparadas polo noso alumnado: - Alumnado de Música de 3ºESO. - Diálogo de Tritón e Ifi...
-
O tzatziki (en grego τζατζίκι) é unha salsa grega moi empleada nos meze ou aperitivos . Ingredientes 1 pepino pequeno 300ml de iogur gre...
-
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y J...
-
A profesora do Departamento de Historia, Isabel González realizou ao longo do primeiro trimestre unha serie de actividades utilizando os re...
-
Para celebrar o Día do Libro tivemos un evento especial: Feira do libro no patio interior do instituto. Desde Bibloteca e coa colaboración d...
-
Hoxe morreu o escritor colombiano Álvaro Mutis. Nacido en Bogotá (Colombia) o 23 de agosto de 1923, morreu na Cidade de México, país...
-
Facemos público os nomes dos gañadores do concurso celebrado durante a X Semana Cultural "VAICHE UNHA DE MEDO?" Primeiro p...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Oure...
-
O blog da biblioteca do Colmeiro , que seguimos dende hai moito tempo polo seu bo facer e polo interese que nos suscita o que publican, tiv...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Frieda Con motivo do mes dos libros os alumnos de 2º de Bach. reflexionaron sobre o tema da lectura. O texto que vos deixamos a continuació...
-
FUME de Antón Fortes Nestes días en que segundo diversas organizacións humanitarias hai 800.000 nenos afectados polo conflito de Gaza, novo...
-
Como todos os anos por estas datas celebrouse onte en A Coruña o concurso de Cultura Clásica. Participou un número elevado de alumnos de 3º ...
-
Aproveitando o comezo do 3º trimestre o instituto é un fervedoiro de actividades. Nos vos esquezades de mirar o blogue porque imos dar infor...
-
Cada comezo de ano enchémonos de boas intencións e mesmo facemos un guión numerado empezando polo máis urxente, aínda que só sexa mentalment...
-
Hoxe celébrase en todo o mundo o bicentenario do nacemento de Ch. Dickens , un dos escritores ingleses máis lidos e coñecidos de todos os te...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...












