Amosando publicacións coa etiqueta astronomía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta astronomía. Amosar todas as publicacións

14/03/18

PERDEMOS A STEPHEN HAWKING

Foto: ojo.pe


Hoxe soupemos da morte do prestixioso científico Stephen Hawking. No día no que o perdemos queremos recordalo. Aquí uns ligazóns con máis información sobre él.
Today we learnt about the death of prestigious scientists Stephen Hawking. In the day of his loss we want to pay tribute to him. Here are some links to know more about him.

"MIRA ARRIBA CARA ÁS ESTRELAS E NON AOS TEUS PÉS. INTENTA ENTENDER O QUE VES E PREGUNTARTE O QUE FAI QUE O UNIVERSO EXISTA. TEN CURIOSIDADE. E POR MOI DIFÍCIL QUE POIDA SER A VIDA, SEMPRE HABERÁ ALGO QUE PODAS FACER E NO QUE TER ÉXITO. É IMPORTANTE QUE NON TE RINDAS"
Stephen Hawking.

- A súa morte na prensa británica @ 'The Guardian'

Video "THE THEORY OF EVERYTHING", film trailer:


Versión en inglés @ ClickOnEnglish

06/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: "O CÁLCULO DE ERATÓSTENES", MEDINDO A TERRA CUN PAU SELFIE


O alumnado de 1ºBAC-A e B, xunto coa súa profesora de ciencias Marisa Castiñeiras, reproduciron e explicaron aos seus compañeiros onte, o famoso Cálculo de Eratóstenes (Eratóstenes de Cirene, foi un matemático, astrónomo e xeógrafo grego 276 a.C.-194 a.C.)




Este cálculo axustámolo ao no noso instituto da seguinte maneira:
  • Temos un pau de 1m de lonxitude, e medimos a sombra que proxectaba as 12:00 solar.
  • Calculamos o ángulo do pau ca sombra: Pau:100cm S:70cm Tg=0,7 A= 37º
  • Buscamos mediante una páxina web a distancia do noso instituto a o lugar en línea recta onde a sombra é 0 ( temos que buscar o día de hoxe, mércores 5 de abril, un punto estimado entre o Ecuador e Trópico de Cáncer, xa que estamos entre o Equinocio e o Solticio de Verán.
  • E fixemos os cálculos
  • Se 4200,10 Km………………………………..37º X ……………360º
    O perímetro da Terra sáenos de 40,865 Km e é de 40,067Km. Tivemos algún erro  pero non moi grande,














VIII SEMANA CULTURAL: CHARLA DE MARCOS PÉREZ MALDONADO, DIRECTOR DA CASA DAS CIENCIAS


Onte mércores recibimos tamén ao director da Casa das Ciencias, Marcos Pérez Maldonado que deu unha charla ao alumnado de 3º e 4º da ESO sobre EXOPLANETAS
Marcos é Licenciado en Física pola Universidade de Santiago, especialista en astronomía e didáctica das ciencias e dende 1997 director técnico da Casa das Ciencias de A Coruña.



Video:

05/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: VISITA Á CASA DAS CIENCIAS-PLANETARIO


Outras das actividades previstas na Semana Cultural foron as visitas á Casa das Ciencias-Planetario de A Coruña co alumnado de 1º da ESO.

04/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: REPRESENTACIÓNS DE CONSTELACIÓNS DE ESTRELAS


Seguimos mostrándovos diferentes partes da exposición de traballos feitos para esta VIII Semana Cultural. No corredor da planta baixa do instituto, está exposta unha representación das constelacións de estrelas máis importantes dentro dunha ruta turística...
Foron feitos por alumnado de 3ºESO-B, C e D en colaboración dos departamentos de Francés, Tecno e Plástica. Mencionar a colaboración do profesor en prácticas do Departamento de Debuxo, Antón Varela, pola súa participación. Máis fotos dende diferentes perspectivas:


VIII SEMANA CULTURAL: ACTIVIDADE DE AVISTAMENTO DO CEO NOCTURNO


Unha das moitas actividades da VIII Semanal Cultural foi unha quedada de alumnado de 3º e 4ºESO e BAC no aparcamento do noso instituto para un avistamento do ceo nocturno. Foi onte luns ás 21:30h.
Montáronse os telescopios e puxémonos a observar o ceo... Aquí van máis fotos...




03/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: O COSMOS, A EXPO

Vistas xerais do patio central do instituto.

Hoxe inauguramos oficialmente a nosa VIII Semana Cultural adicada ao Cosmos. E así lucía o noso patio central con toda a mostra de traballos realizados polos distintos departamentos para esta semana expostos ao público.
Aquí podedes ver máis fotos:

Os photocalls do Cosmos e a nave Falcón Milenario de "Star Wars"

Representacións de planetas
Exposicións de ciencias: planetas, galaxias,  eficiencia enerxética-contaminación lumínica
Avistamentos do ceo
Información sobre plantas
Bandas deseñadas sobre personaxes de ciencia ficción en inglés
Reseñas de libros/películas clásicas de ciencia ficción en inglés
Información sobre a ingravidez

10/10/16

O COSMOS: UN TEMA PARA UNHA SEMANA CULTURAL


Este curso celebraremos xa a oitava semana cultural. 
O tema xa está elexido: 
"O COSMOS"
As datas xa están decididas: 
do 3 ao 7 de abril. 
Cada Departamento didáctico está vendo e recopilando ideas de cómo pode traballar o tema. E dende ArquivosDoTrasno iremos informando e mostraremos todos os traballos e actividades nesa semana.

Agora podedes aportar ideas...

Versión en inglés de esta entrada @ ClickOnEnglish.

13/11/09

ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

O Ano Internacional da Astronomía está a piques de rematar: a despedida oficial será o 12 de decembro en Granada. Foron moitísimas as actividades que se programaron para que todos coñeceramos mellor a nosa casa e os arredores. Se queredes lembralas podedes ver este calendario onde aparecen recollidas as diferentes actividades ao tempo que vos fai unha panorámica das astrónomas máis famosas da historia. Os que participastes na actividade para medir o radio da terra tedes o informe final AQUÍ.
Non deixedes de ver a exposición que se inaugurou na Biblioteca de Andalucía o 9 de novembro titulada COSMOS, Vistas desde la Nave Tierra, que vos deixamos neste precioso catálogo.
E como punto final un toque de humor con Astronomía en Viñetas. Premede sobre a imaxe e veredes unha selección. E unha vez na páxina, ide pinchando en cada un dos tres globos que aparecen debaixo das viñetas para ver a exposición completa. Que vos guste!

05/02/09

Queres medir o radio da Terra?

Na páxina oficial de Ano Internacional da Astronomía, coa que tedes un enlace dúas entradas máis abaixo, hai unha actividade que se celebrará o 26 de marzo titulada: Queres medir o radio da terra?
Os profes que queirades participar cos vosos alumnos só tedes que encher un formulario, que tamén aparece na mesma páxina.
Aquí vos deixamos unha presentación de Pere Closas para que vos animedes:

30/01/09

ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

Cúmprense 400 anos desde que Galileo observou por primeira vez o Universo cun telescopio, e con este motivo estanse a realizar un sinfín de actividades en todo o mundo.
O astrónomo B. Montesinos, coordinador do Ano Internacional da Astronomía en España, preguntado polos lectores nunha entrevista dixital acerca do que é a Astronomía, contesta o seguinte:
"Para todo el mundo, no aficionados, aficionados y profesionales, lo más maravilloso de la Astronomía es mirar al cielo desde un lugar oscuro y ver las estrellas y la Vía Láctea, con todo el poder evocativo que ello supone. Es una cura de humildad: estamos en un pequeño planeta que orbita alrededor de una estrella bastante normalita que se encuentra en una galaxia perdida entre los cientos de miles de millones de galaxias del Universo. Otra cosa que es muy sorprendente es darse cuenta de que los átomos de oxígeno, carbono, fósforo, hierro etc de los que estamos hechos, se crearon dentro de una estrella hace más de 5000 millones de años... ¡¡¡Hemos estado dentro de una estrella!!! A nivel profesional, yo confieso que cada día que pasa y logro aprender algo nuevo, me maravillo más y más..."

Se queres comprobar o que sabes de Astronomía entra aquí,
ou podes entrar tamén aquí.

E se queres ter un telescopio no teu PC entra en http://www.worldwidetelescope.org/ e poderás ver marabillas coma esta:

Imaxe do Hubble

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER